Cearl de Mercia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
aaa
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Reis de Mercia mediante HotCat
Liña 19: Liña 19:
{{reflist}}
{{reflist}}
[[Categoría:Finados no século VII]]
[[Categoría:Finados no século VII]]
[[Categoría:Reis de Mercia]]

Revisión como estaba o 11 de agosto de 2017 ás 13:45

Cearl (ou Ceorl) foi un primitivo rei de Mercia que gobernou a comezos do século VII, até aproximadamente 626[1].

Traxectoria

É o primeiro de Mercia mencionado por Beda na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum. Beda era un monxe northumbrio hostil a Mercia, e o historiador Robin Fleming especula que, como "ceorl" significa "rústico" en anglosaxón, o seu nome pode ser un chiste [2].

A ascendencia de Cearl é descoñecida. Non aparece na xenealoxía real de Mercia; Henrique de Huntingdon no século XII sitúa o seu goberno xusto despois do de Pybba, dicindo que non era o seu fillo, senón un parente[3][4].

Beda (2.14) menciónao só de pasada, como o sogro de Edwin de Deira. Segundo Beda, Edwin casou con Cwenburh (Quenberga), filla de "Cearl, rei dos Mercianos" mentres estaba no exilio, e con el tivo dous fillos, Osfrith e Eadfrith[5]. Os historiadores sinalaron este matrimonio como proba da independencia de Cearl respecto do entón rei de Northumbria Aethelfrith, xa que por aquel entón, Edwin era o seu rival e Cearl non casaría a súa filla cun inimigo do seu señor[6]. A Historia Brittonum acredita a Penda como o primeiro monarca en separar Mercia de Northumbria, pero se Cearl foi capaz de facer este matrimonio, é probábel que non estivese suxeito ao poder de Northumbria, desenvolvéndose esta dependencia en datas posteriores. O historiador D. P. Kirby especula que quizais Cearl contou coa protección do poderoso rei de Anglia Oriental, Raedwald, e que o posterior exilio de Edwin entre os Anglos Orientais puido ser polo crecente poder de Aethelfrith[7].

Suxeriuse que a liñaxe de Cearl sufriu un desastre entre a Batalla de Chester ao redor de 616 e a emerxencia do seu sucesor, Penda, fillo de Pybba. De feito, é posíbel que Cearl estivese implicado naquel conflito, que puido pór fin ao seu dominio en Mercia[8].

Descoñécese se Cearl reinou ata que Penda se converteu en rei. Penda estaba no poder en 633 (e posibelmente en 626, se a Crónica anglosaxoa é correcta). Tamén é descoñecida a relación entre Cearl e Penda, se é que a houbo. Que Cearl casase á súa filla con Edwin ben podería significar que el e Penda eran rivais, xa que Penda se enfrontou e derrotou posteriormente a Edwin en Hatfield Chase, co apoio de Cadwallon de Gwynedd[9].

Outra proba de rivalidade dinástica entre Cearl e Penda en Penda sería a execución posterior (segundo Beda) de Eadfrith, fillo de Edwin e neto de Cearl. A pesar de que descoñecemos os motivos de Penda, o asasinato de Eadfrith é a miúdo visto como o resultado de presión de Oswald, para o que Eadfrith representaba unha ameaza; tamén é posíbel que Penda considerase que a liñaxe de Eadfrith o fixese inadecuado para usalo como monicreque contra Oswald, xa que podería ameazar a súa propia posición pola súa descendencia de Cearl[10].

Notas

  1. Mercia: An Anglo-Saxon Kingdom In Europe. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-7765-1. 
  2. Britain after Rome: The Fall and the Rise, 400 to 1070. Penguin Books. ISBN 978-0-140-14823-7. 
  3. Anglo-Saxon Chronicle, under the year 626, in which Penda's ancestry is listed.
  4. Henry of Huntingdon, Historia Anglorum, translated by Diana Greenway (1997), Book II, chapter 27 (page 111).
  5. Bede, Ecclesiastical History of the English People, Book II, Chapter XIV.
  6. Nicholas Brooks, "The Formation of the Mercian Kingdom", in S. Bassett, The Origins of Anglo-Saxon Kingdoms (1989), page 166; Frank Stenton, Anglo-Saxon England (1943), third edition (1971), reissued paperback ([[:en:Oxford University Press|Oxford University Press]], 1998), pages 38–39; see also N.J. Higham, An English empire: Bede and the early Anglo-Saxon kings (1995), pp. 143–151.
  7. D. P. Kirby, The Earliest English Kings (1991), revised edition (2000), pages 55 and 61.
  8. Higham, N. J., King Cearl, the Battle of Chester and the origins of the Mercian "Overkingship" Midland History (1992), pages 1-15
  9. Ann Williams, Alfred P. Smyth, and D. P. Kirby, A Biographical Dictionary of Dark Age Britain (1991), page 74.
  10. Michelle Ziegler, "The Politics of Exile in Early Northumbria [Ligazón morta]"