Cabo de Palos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
m →‎Historia: Filipe II de España
Liña 9: Liña 9:
Segundo [[Plinio o Vello]] e [[Rufo Festo Avieno]], sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a [[Baal Hammón]], identificado logo polos romanos como [[Saturno]].
Segundo [[Plinio o Vello]] e [[Rufo Festo Avieno]], sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a [[Baal Hammón]], identificado logo polos romanos como [[Saturno]].


No [[Século XVI|s. XVI]], no reinado de [[Filipe II]] construír sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos [[piratas berberiscos]].
No [[século XVI]], no reinado de [[Filipe II de España|Filipe II]] construír sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos [[piratas berberiscos]].


En [[1862]] iniciouse a construción do actual [[faro de Cabo de Palos|faro]] que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o [[31 de xaneiro]] de [[1865]].
En [[1862]] iniciouse a construción do actual [[faro de Cabo de Palos|faro]] que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o [[31 de xaneiro]] de [[1865]].

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2017 ás 08:44

Coordenadas: 37°38′36″N 0°41′00″O / 37.643333, -0.683333

Vista do porto de cabo de Palos.
Faro de cabo de Palos.

O cabo de Palos é un cabo situado no concello de Cartagena, na Rexión de Murcia. Orograficamente, o cabo forma parte dunha pequena cordilleira de outeiros volcánicas que forman unha pequena península. Unha proba desta cordilleira son as illas próximas no mar Mediterráneo: illa Grosa e as illas Hormigas, así como as cinco situadas no Mar Menor.

A proximidade do mar Menor (palus ou lagoa en latín) é a que dá orixe á etimoloxía do lugar.

Historia

Segundo Plinio o Vello e Rufo Festo Avieno, sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a Baal Hammón, identificado logo polos romanos como Saturno.

No século XVI, no reinado de Filipe II construír sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos piratas berberiscos.

En 1862 iniciouse a construción do actual faro que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o 31 de xaneiro de 1865.

O pobo de Cabo de Palos, foi na súa orixe un poboado de pescadores, aínda que hoxe é principalmente unha localidade turística coñecida pola súa gastronomía (en especial polo seu "Caldeiro do Mar Menor", receita local a base de arroz e peixes da zona, en particular o mero) e como destino de mergullo.

Cabo de Palos forma parte da Estación Náutica do Mar Menor, o que asegura ao turista que acode á zona unha ampla oferta en deportes náuticos, sobre todo o mergullo, en todas as épocas do ano, grazas ao clima cálido do sueste murciano e aos seus impoñentes fondos mariños.

A riqueza e bo estado de conservación dos seus fondos mariños motivaron a protección dos mesmos dentro da reserva mariña de cabo de Palos e Illas Hormigas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas