Varicela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado referencia
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Epidemioloxía: {{Sen referencias|data=agosto de 2017}}
Liña 18: Liña 18:

== Epidemioloxía ==
== Epidemioloxía ==
{{Sen referencias|data=agosto de 2017}}
O virus só se transmite de persoa a persoa, xa por contacto directo coas lesións cutáneas ou ó expulsarse mediante tose ou estornudos. O período de incubación ata que aparece a enfermidade é de dúas a tres semanas. É contaxiosa dende dous días antes da erupción. Tamén pode ser contraída a partir das lesións dunha persoa con herpes zóster.

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2017 ás 15:08

Varicela
Clasificación e recursos externos
Doenza da varicela
DiseasesDB29118
MedlinePlus001592
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A varicela[1] é unha doenza infecciosa causada polo virus varicela-zóster, pertencente á familia dos herpesvíridos, que tamén causa o herpes zóster. Preséntase principalmente en nenos de entre un e nove anos de idade. A infección en adolescentes e adultos adoita ser máis severa e ten maior risco de complicacións como a enfermidade pulmonar intersticial. Tras un período longo de latencia (14 a 21 días), a enfermidade presenta un período prodrómico semellante a un cadro gripal con febre leve ou moderada; logo aparece un exantema macular auto limitado (ás veces con compromiso de mucosas ou enantema), que evoluciona axiña a pápulas, logo a vesículas e finalmente a costras que se desprenden logo dunha ou dúas semanas. Acompáñase de adenopatías cervicais. As lesións dérmicas poden producir cicatrices permanentes, deprimidas, hipo ou hiperpigmentadas.[2][3][4]

Epidemioloxía

O virus só se transmite de persoa a persoa, xa por contacto directo coas lesións cutáneas ou ó expulsarse mediante tose ou estornudos. O período de incubación ata que aparece a enfermidade é de dúas a tres semanas. É contaxiosa dende dous días antes da erupción. Tamén pode ser contraída a partir das lesións dunha persoa con herpes zóster.

Quen contrae a enfermidade a partir doutro familiar, adoita presentar formas máis graves que os primeiros casos, pode ser por un contacto máis intenso e continuado co virus. A varicela é moi contaxiosa, de maneira que o 80–90% de quen convive con ela a contrae.

Etioloxía

Fotografía do virus da varicela ó microscopio electrónico.

A varicela é unha infección viral causada por un herpesvirus do xénero Varicellovirus e a subfamilia Alphaherpesvirinae. A taxonomía denominouno virus herpes humano 3 (HHV-3) cuxo único reservorio coñecido é o home. O virus ten un ADN de dobre cadea (dsADN). Todos os virus desta familia rodean o seu ADN cunha cápside icosaédrica cunha área proteica triangular que o recobre. Na poboación adulta en Europa Central ó redor do 93 ou 96 % da poboación ten anticorpos sanguíneos detectables para a varicela.[5][6]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para varicela.
  2. "Exantemas en pediatría" (PDF) (5). 
  3. Arnoldo Quezada (ed.). "Exantemas". Pediatría Ambulatoria (2° ed.). Mediterráneo. ISBN 9789562203234. 
  4. "Varicella Zoster Virus Infection: Clinical Features, Molecular Pathogenesis of Disease, and Latency" (3). PMID 18657721. doi:10.1016/j.ncl.2008.03.011. 
  5. J. Gallagher et al.: «Susceptibility to varicella zoster virus infection in health care workers.
  6. S. J. Knowles et al.: «Susceptibility to infectious rash illness in pregnant women from diverse geographical regions.