Astérix: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 112: Liña 112:
===Obras inspiradas no universo de Astérix===
===Obras inspiradas no universo de Astérix===


# ''[[As doce probas de Astérix]]'' (''Les Douze Travaux d'Astérix'') ([[1976]])
# ''[[As doce probas de Astérix]]'' ([[1976]])
# ''[[Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo]]'' ([[1965]])
# ''[[Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo]]'' ([[1965]])
# ''[[Astérix et la surprise de César]]'' ([[1985]])
# ''[[Astérix et la surprise de César]]'' ([[1985]])

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2017 ás 23:06

Véxase tamén: Astérix (satélite).
Astérix

Logo de Astérix.
Autor(es) Albert Uderzo (debuxante)
René Goscinny (guionista)
Páxina webwww.asterix.com
Data de lanzamento29 de outubro de 1959
Data de remateEn curso
Editor(es)Dargaud
Xénero(s)Cómico-Satírico

Astérix é o personaxe principal da banda deseñada do mesmo nome, creado en 1959 polos franceses René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante). Na serie de títulos correspondente, desenvólvese unha visión moi particular e cómica da antiga Galia (Francia no Imperio Romano) na que unha pequena aldea gala loita de diversos xeitos e en diversos lugares contra un invasor presentado como parvo. Para gañaren as pelexas cos romanos, os galos toman unha poción máxica que lles proporciona unha forza sobrehumana. Os orixinais gags cómicos da serie fan que hoxe en día sexa o máis coñecido de todos os cómics franceses. Tras a morte de Goscinny en 1977, Uderzo seguiu adiante coa publicación da serie coa colaboración da súa filla Anna.

Historia

"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”

Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.

O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.

Personaxes principais

Astérix e Obélix, pintados nunha casa
Carroza con Panorámix
  • Astérix: o heroe destas aventuras, Astérix é un pequeno guerreiro galo de bigotes amarelos, listo e enxeñoso. É el quen sempre resolve os problemas aos que se enfrontan os habitantes da aldea gala.
  • Obélix: galo gordo e alto, repartidor de menhires. É o mellor amigo de Astérix e acompáñao sempre nas súas aventuras. Obélix caeu cando era un neno na marmita de poción máxica e por iso os efectos da poción son permanentes. Para a súa desgraza, nunca lle deixan probar un pouquiño dela.
  • Panorámix: o ancián druída da aldea, canda Astérix é o único de toda a vila con sentido común. É o único que coñece a receita da poción máxica.
  • Abraracúrcix ou Abrazopartidix: xefe da vila, oufano pero tamén autoritario cando é necesario. Está tan louco como o resto da aldea.
  • Karabella: esposa do xefe, ten moi mal xenio e non dubida en zoscar a quen a faga alporizar.
  • Asuracentúrix ou Seguroatodoriesguix: bardo da vila, aínda que as súas dotes como cantante deixan moito que desexar. De cando en vez algún dos habitantes dálle un golpe para silencialo.
  • Ideafix ou Idéfix: o pequeno can de Obélix.

Moitos destes nomes son xogos de palabras no orixinal francés:

  • Astérix ven por asterisque ("asterisco", por ser pequeno);
  • Obélix por obelisque ("obelisco", por ser grande);
  • Ideáfix por idée fixe ("idea fixa");
  • Asuracentúrix probabelmente por Assurance à tout risque (seguro a todo risco).

Cinema

As historias de Astérix transformáronse en filmes de animación, que foron emitidos na TVG, e filmes con actores, estreados con moito éxito.

Animación

  • Astérix o galo (Astérix, le Gaulois) - 1967
  • Astérix e Cleopatra (Astérix et Cléopâtre) - 1968
  • As doce probas de Astérix (Les 12 travaux d'Astérix) - 1976
  • Astérix e a sorpresa de César (Astérix et La Surprise de César) - 1985
  • Astérix en Bretaña (Astérix chez les Bretons) - 1986
  • Astérix e o golpe de menhir (Astérix et le Coup du menhir) - 1989
  • Astérix en América (Astérix et les indiens) - 1995

Con actores

Libros

  1. Astérix o galo (1961)
  2. O fouciño de ouro (1961). Tamén A fouce de ouro.
  3. Astérix e os godos (1963)
  4. Astérix gladiador (1964)
  5. A volta á Galia (1965)
  6. Astérix e Cleopatra (1965)
  7. O combate dos xefes (1966) Tamén A loita dos xefes.
  8. Astérix na terra dos bretóns (1966)
  9. Astérix e os normandos (1967)
  10. Astérix lexionario (1967)
  11. Le Bouclier arverne (1968)
  12. Astérix nos Xogos Olímpicos (1968)
  13. Astérix et le Chaudron (1969)
  14. Astérix en Hispania (1969)
  15. A cizaña (1970)
  16. Astérix na Helvecia (1970)
  17. Le Domaine des dieux (1971)
  18. Os loureiros do César (1972)
  19. Le Devin (1972)
  20. Astérix en Corse (1973)
  21. O regalo do César (1974)
  22. A gran travesía (1975)
  23. Obélix et compagnie (1976)
  24. Astérix na terra dos belgas (1979)
  25. O gran foxo (1979)
  26. A odisea de Astérix (1981)
  27. O fillo de Astérix (1983)
  28. Astérix chez Rahàzade (1987)
  29. La Rose et le Glaive (1991)
  30. La Galère d'Obélix (1996)
  31. Astérix chez Latraviata (2001)
  32. Astérix et la Rentrée gauloise (2003)
  33. Le ciel lui tombe sur la tête (2005)
  34. "O aniversario de Astérix e obelix - o libro de ouro " (2009)
  35. Astérix e os pictos (2013)
  36. "O papiro do cesar" (2015)
  37. "Astérix en Italia" (2017)

Obras inspiradas no universo de Astérix

  1. As doce probas de Astérix (1976)
  2. Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo (1965)
  3. Astérix et la surprise de César (1985)
  4. Astérix et le Coup du menhir (1989)
  5. Astérix et les Indiens (1994)
  6. Astérix et les Vikings (2006)

Parque Astérix

Parque temático inaugurado en 1989 en París. Posúe diversas atraccións, como xogos e espectáculos, alén de persoas enfeitadas como os personaxes das historias. A pesar do alusión do heroe nacional, sofre coa concorrencia da EuroDisney, tamén sita en París.

Véxase tamén

Ligazóns externas