World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
}}</ref> propuxo un sistema de [[hipertexto]] organizado en ''web'' para mellorar o intercambio de información entre os seus investigadores (''Information Management: A Proposal''<ref name="proposal">[[Tim Berners-Lee]], [http://www.w3.org/history/1989/proposal.html {{lang|en|''Information Management: A Proposal''}}], [[Organización Europea para a Investigación Nuclear|CERN]], [Consultado o 28 de outubro de 2010]</ref>) baseado nun proxecto chamado ENQUIRE que fixera en [[1980]]. Coa axuda de [[Robert Cailliau]], o [[12 de novembro]] de [[1990]] publicou unha proposta máis formal para construír un sistema ''hipertexto'' chamado ''WorldWideWeb'' como unha ''web'' de ''documentos de hipertexto'' para ser visualizados a través dun ''[[navegador web]]'' utilizando unha [[Arquitectura (informática)|arquitectura]] [[Arquitectura cliente-servidor|cliente-servidor]].<ref name="W90">"{{cita web|url=http://w3.org/proposal.html |título=WorldWideWeb: Proposal for a hypertexts Project |nome1=Tim |apelido1=Berners-Lee |authorlink1=Tim Berners-Lee |nome2=Robert |apelido2=Cailliau |authorlink2=Robert Cailliau|data= 12 novembro 1990 |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref><ref>{{cita web|autor=Berners-Lee, Tim|título=Pre-W3C Web and Internet Background|url=http://w3.org/2004/talks/w3c10-howitallstarted/?n=15|editor=World Wide Web Consortium|dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> Esta proposta consideraba unha rede de só lectura que se desenvolvería nuns tres meses e que se necesitarían seis meses para conseguir "a creación de novos vínculos e novos materiais polos lectores, [de forma que] a autoría sería universal", así como "a notificación automática aos lectores cando haxa dispoñible novo material do seu interese".

O modelo da proposta fora construído utilizando ''DynaText'', un lector de documentos [[SGML]] creado por ''Electronic Book Technology'', unha ''spin-off'' do ''Institute for Research in Information and Scholarship'' da [[Universidade de Brown]] ([[Providence (Rhode Island)|Providence]], [[Rhode Island]]). O sistema DynaText, do que o CERN adquirira licenzas, era tecnicamente avanzado e xogou un papel chave na ampliación do ''SGML ISO 8879:1986'' a ''Hypermedia'' dentro de ''HyTime'' (ISO 10744:1992), pero foi considerado demasiado caro e tiña unha política de licenzas inadecuada para o seu uso pola comunidade dos [[Física de partículas|físicos de partículas]] de altas enerxías, cunha taxa por cada documento e cada modificación.
O modelo da proposta fora construído utilizando ''DynaText'', un lector de documentos [[SGML]] creado por ''Electronic Book Technology'', unha ''spin-off'' do ''Institute for Research in Information and Scholarship'' da [[Universidade de Brown]] ([[Providence, Rhode Island|Providence]], [[Rhode Island]]). O sistema DynaText, do que o CERN adquirira licenzas, era tecnicamente avanzado e xogou un papel chave na ampliación do ''SGML ISO 8879:1986'' a ''Hypermedia'' dentro de ''HyTime'' (ISO 10744:1992), pero foi considerado demasiado caro e tiña unha política de licenzas inadecuada para o seu uso pola comunidade dos [[Física de partículas|físicos de partículas]] de altas enerxías, cunha taxa por cada documento e cada modificación.

Un computador [[NeXT]]cube foi utilizado en 1990 por Berners-Lee como o primeiro [[servidor web]] e tamén para escribir o primeiro [[navegador web]], o ''WorldWideWeb''<ref name="faq-www">{{cita web|título=The WorldWideWeb browser|url=http://www.w3.org/people/berners-Lee/worldwideweb|editor=World Wide Web Consortium|dataacceso=28 de outubro de 2010|nome=Tim|apelido=Berners-Lee}}</ref> (máis tarde rebautizado como Nexus<ref name="faq-www"/> para evitar confusións). No [[Nadal]] de 1990, Berners-Lee creara todas as ferramentas necesarias para un sistema web funcional:<ref>{{cita web|url=http://w3.org/people/berners-Lee/worldwideweb |título=Tim Berners-Lee: cliente |editor=W3.org |data= |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> a navegador web (que tamén era un editor web), o primeiro servidor web e as primeiras páxinas web,<ref>{{cita web|url=http://w3.org/history/19921103-hypertext/hypertext/www/theproject.html |título=First Web pages |editor=W3.org |data= |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> que describían o mesmo proxecto. O [[6 de agosto]] de [[1991]] publicou un breve resumo do proxecto World Wide Web no [[grupo de discusión]] (''newsgroup'') <tt>alto.hypertext</tt> de [[Usenet]].<ref>{{cita web|url=http://groups.google.com/group/alt.hypertext/msg/395f282a67a1916c |título=Short summary of the World Wide Web project |editor=Groups.google.com |data= 6 agosto 1991 |dataacceso=28 de outubro de 2010}}</ref> Esta data tamén marcou o debut da Web como un servizo a disposición do público en Internet, a pesar de que os primeiros usuarios realmente conectáronse uns días máis tarde, a partir do [[23 de agosto]] (día que agora se coñece como o día do [[internauta]]).

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2017 ás 07:57

Placa conmemorativa no despacho do CERN onde Tim Berners-Lee ideou a WWW.

World Wide Web (Grande Arañeira Mundial), a Web ou WWW, é unha rede de páxinas escritas en hipertexto, coa linguaxe de etiquetado HTML, e conectadas entre si, de xeito que forman un só corpo de coñecemento facilmente navegable. Para acceder á web, a única ferramenta indispensable é un navegador web.

A web basease en tres estándares para funcionar:

  • Uniform Resource Location (URL), que se encarga de dar unha dirección única a cada páxina para que poida ser claramente localizada;
  • Hyper Text Transfer Protocol (HTTP), que especifica a maneira na que se enviará e se recibirá esta información entre o navegador e o servidor;
  • Hyper Text Markup Language (HTML), un método para especificar ó navegador como visualizar esta información.

Actualmente, o organismo encargado de manter estes tres estándares é o W3C, dirixido por Tim Berners-Lee, o creador da Web.

Historia

Ordenador NeXTcube utilizado por Berners-Lee como primeiro servidor web.

O 13 de marzo de 1989, Tim Berners-Lee, que traballaba no CERN de Xenebra desde 1984 en temas de adquisición e tratamento de datos,[1] propuxo un sistema de hipertexto organizado en web para mellorar o intercambio de información entre os seus investigadores (Information Management: A Proposal[2]) baseado nun proxecto chamado ENQUIRE que fixera en 1980. Coa axuda de Robert Cailliau, o 12 de novembro de 1990 publicou unha proposta máis formal para construír un sistema hipertexto chamado WorldWideWeb como unha web de documentos de hipertexto para ser visualizados a través dun navegador web utilizando unha arquitectura cliente-servidor.[3][4] Esta proposta consideraba unha rede de só lectura que se desenvolvería nuns tres meses e que se necesitarían seis meses para conseguir "a creación de novos vínculos e novos materiais polos lectores, [de forma que] a autoría sería universal", así como "a notificación automática aos lectores cando haxa dispoñible novo material do seu interese".

O modelo da proposta fora construído utilizando DynaText, un lector de documentos SGML creado por Electronic Book Technology, unha spin-off do Institute for Research in Information and Scholarship da Universidade de Brown (Providence, Rhode Island). O sistema DynaText, do que o CERN adquirira licenzas, era tecnicamente avanzado e xogou un papel chave na ampliación do SGML ISO 8879:1986 a Hypermedia dentro de HyTime (ISO 10744:1992), pero foi considerado demasiado caro e tiña unha política de licenzas inadecuada para o seu uso pola comunidade dos físicos de partículas de altas enerxías, cunha taxa por cada documento e cada modificación.

Un computador NeXTcube foi utilizado en 1990 por Berners-Lee como o primeiro servidor web e tamén para escribir o primeiro navegador web, o WorldWideWeb[5] (máis tarde rebautizado como Nexus[5] para evitar confusións). No Nadal de 1990, Berners-Lee creara todas as ferramentas necesarias para un sistema web funcional:[6] a navegador web (que tamén era un editor web), o primeiro servidor web e as primeiras páxinas web,[7] que describían o mesmo proxecto. O 6 de agosto de 1991 publicou un breve resumo do proxecto World Wide Web no grupo de discusión (newsgroup) alto.hypertext de Usenet.[8] Esta data tamén marcou o debut da Web como un servizo a disposición do público en Internet, a pesar de que os primeiros usuarios realmente conectáronse uns días máis tarde, a partir do 23 de agosto (día que agora se coñece como o día do internauta).

O concepto fundamental subxacente do hipertexto orixinouse en proxectos máis antigos da década de 1960, por exemplo o Hypertext Editing System (HES) ou Sistema de edición de hipertexto da Universidade de Brown, o Proxecto Xanadu de Ted Nelson ou o sistema NLS de Douglas Engelbart. Antes de todo isto, en 1945, Vannevar Bush describira o ensaio "As We May Think"[9] un dispositivo chamado "Memex", que imaxinou en forma de Microfilme persoal para almacenar libros, enciclopedias, etc. Douglas Engelbart inspirouse neste documento para crear o concepto de hiperligazón. [10]

O avance de Berners-Lee consistiu a incorporar o hipertexto en Internet. No seu libro Weaving The Web (Tecendo a web), explica que el suxerira repetidamente que a unión entre as dúas tecnoloxías era posible para os técnicos de ambas, pero dado que ninguén aceptou a súa invitación finalmente decidiuse a desenvolver o seu propio proxecto. Durante o proceso desenvolveu un sistema de identificadores globais únicos para os recursos no sistema web e noutros lugares: o Universal Document Identifier (UDI) ou Identificador Universal de Documentos, que máis tarde sería coñecido como Uniform Resource Locator (URL) ou localizador uniforme de recursos e o Uniform Resource Identifier (URI) ou identificador uniforme de recursos; a linguaxe de edición e publicación o Hyper Text Markup Language (HTML) ou linguaxe de marcado de hipertexto, e o protocolo de transferencia de hipertexto (HTTP do inglés HyperText Transfer Protocol).[11]

O World Wide Web tiña algunhas diferenzas respecto doutros sistemas de hipertexto que existían na época. A Web só require ligazóns unidireccionais no canto das bidireccionais e isto facía posible ligar outro recurso sen necesidade de ningunha acción por parte do propietario deste recurso. En comparación cos sistemas anteriores tamén se reduciu significativamente a dificultade de poñer en funcionamento servidores web e navegadores, pero á súa vez presentaba o problema crónico da ligazón rota (Ligazóns que apuntan a páxinas que xa non existen). A diferenza de predecesores como o HyperCard, o World Wide Web non era un software privativo, o que permitía o desenvolvemento de servidores e clientes de maneira independente ademais de engadir extensións sen restricións de licenza.

O 30 de abril de 1993, o CERN anunciou que o World Wide Web sería de dominio público, libre para todo o mundo sen necesidade de pagar ningún tipo de dereito.[12] Dous meses antes, a Universidade de Minesota anunciou que o protocolo Gopher deixaba de ser libre[13] e había que pagar pola súa utilización, isto provocou un movemento de cambio cara á web en detrimento de Gopher. Un dos primeiros navegadores que logrou gran popularidade foi o ViolaWWW, que se baseaba no HyperCard.

Os estudiosos están de acordo en que houbo un punto de inflexión na historia da World Wide Web en 1993[14] coa aparición dun navegador web chamado Mosaic,[15] un navegador gráfico desenvolvido por un equipo do National Center for Supercomputing Applications (Centro Nacional para Aplicacións de Supercomputación) da Universidade de Illinois (NCSA-UIUC) dirixido por Marc Andreessen. O financiamento para o mosaic chegou da High-Performance Computing and Communications Initiative, un programa de financiamento iniciado grazas á lei dos Estados Unidos coñecida como High Performance Computing and Communication Act of 1991, promovida polo entón senador Al Gore.[16] Antes do lanzamento de Mosaic, non era habitual mesturar os gráficos co texto nas páxinas web e a popularidade da web era menor que a doutros protocolos utilizados a Internet naquela época, por exemplo o Gopher ou o WAIS (Wide area information server ou servidor de información de área extensa). A interface gráfica de usuario de Mosaic permitiu á Web chegar a ser, con moita diferenza, o protocolo de Internet máis popular.

O World Wide Web Consortium (W3C) foi fundado por Tim Berners-Lee en outubro de 1994 despois de abandonar o CERN. Este organismo e o seu sitio web foron fundados no Laboratorio de Ciencias da Computación do Massachusetts Institute of Technology (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) (MIT/LCS) co apoio da Axencia de Investigación de Proxectos Avanzados de Defensa (DARPA, do inglés Defense Advanced Research Projects Agency), que foi pioneira en Internet; un ano máis tarde fundouse o Institut national de recherche en informatique et en automatique ou INRIA (un laboratorio francés de investigación informática) co apoio da Dirección xeral da Sociedade da Información e os Medios de comunicación da Comisión Europea; e en 1996 creouse un terceiro organismo en Xapón, na Universidade de Keio. A finais de 1994, a pesar de que o número total de lugares web seguía sendo ínfimo en comparación coas cifras actuais, xa había un bo número de webs notables en funcionamento, moitas das cales son as precursoras ou serviron de inspiración para os servizos máis populares da actualidade.

En todo o mundo fóronse creando outros lugares web conectados a través de internet, engadindo as normas internacionais para os nomes dos dominios e a linguaxe HTML. Desde entón Berners-Lee xogou un papel activo na orientación do desenvolvemento de estándares web (como a linguaxe de marcas en que se escriben as páxinas web), e nos últimos anos promoveu a súa visión de web semántica. A World Wide Web permitiu a difusión de información a través de Internet a través dun formato flexible e fácil de utilizar, xogando un papel importante na popularización da utilización de Internet.[17] A pesar de que na linguaxe popular os dous termos confúndense, a World Wide Web non é un sinónimo de Internet, senón que a web é un software, un servizo, construído sobre Internet.[18]

Notas

  1. Berners-Lee, Tim; Fischetti, Mark (2000). Weaving the Web: the past, present and future of the World Wide Web by it's inventor (en inglés). Londres: Texere. ISBN 1-58799-018-0. 
  2. Tim Berners-Lee, Information Management: A Proposal, CERN, [Consultado o 28 de outubro de 2010]
  3. "Berners-Lee, Tim; Cailliau, Robert (12 novembro 1990). "WorldWideWeb: Proposal for a hypertexts Project". Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  4. Berners-Lee, Tim. World Wide Web Consortium, ed. "Pre-W3C Web and Internet Background". Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 Berners-Lee, Tim. World Wide Web Consortium, ed. "The WorldWideWeb browser". Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  6. W3.org (ed.). "Tim Berners-Lee: cliente". Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  7. W3.org (ed.). "First Web pages". Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  8. Groups.google.com, ed. (6 agosto 1991). "Short summary of the World Wide Web project". Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  9. As we may think. A Celebration of Vannevar Bush's 1945 Vision
  10. Wardrip-Fruin, Noah e Nick Montfort, ed (2003). The New Media Reader. The MIT Press. ISBN 0-262-23227-8.
  11. Massachusetts Institute of Technology: MIT School of Engineering (ed.). "Inventor of the Week Arquive: The World Wide Web". Consultado o 20 de novembro de 2010. 
  12. Tenyears-www.web.cern.ch, ed. (30 abril 2003). "Ten Years Public Domain for the Original Web Software". Consultado o 27 xullo 2009. 
  13. [1]
  14. Livinginternet.com (ed.). "Mosaic Web Browser History - NCSA, Marc Andreessen, Eric Bina". Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  15. Totic.org (ed.). "NCSA Mosaicc - September 10, 1993 Demo". Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  16. Cs.washington.edu, ed. (14 febreiro 1996). "Vice President Al Gore's ENIAC Anniversary Speech". Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  17. Free Online Law Dictionary, ed. (15 xullo 2009). "Internet legal definition of Internet". West's Encyclopedia of American Law, edition 2. Consultado o 21 de novembro de 2010. 
  18. Gran Enciclopèdia Catalana (ed.). "World Wide Web (www)". Consultado o 21 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.