Wikipedia:Non fagas ataques persoais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
{{ensaio}}
Liña 1: Liña 1:
{{ensaio}}
{{Proposta política non aprobada}}
{{Resumo|Non fagas ataques persoais na Galipedia, comenta sobre o contido e non sobre o colaborador. Os ataques persoais repetidos poden dar lugar a un [[Wikipedia:Política de bloqueo|bloqueo]]}}
{{Resumo|Non fagas ataques persoais na Galipedia, comenta sobre o contido e non sobre o colaborador. Os ataques persoais repetidos poden dar lugar a un [[Wikipedia:Política de bloqueo|bloqueo]]}}
{{Políticas}}
{{Políticas}}

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2017 ás 10:04

Non fagas ataques persoais na Galipedia. É a túa responsabilidade fomentar e manter unha comunidade positiva na Galipedia. Fai comentarios sobre o contido, non sobre o colaborador. Os ataques persoais raramente axudan a argumentar o teu punto de vista, danan á comunidade da Galipedia e disuaden aos usuarios a crear unha boa enciclopedia.

Que se considera un ataque persoal

Non hai unha norma obxectiva ou non suxeita a interpretación no que constitúe un ataque persoal, pero si existen algúns tipos de comentarios que nunca son aceptables:

  • Comentarios racistas, sexistas, homofóbicos, transfóbicos, discriminatorios por idade, relixión, etnia, nacionalidade, opinión política ou discapacidade, dirixidos a un colaborador ou grupo de colaboradores.
  • Usar as afiliacións ou ideoloxías de alguén como medio ad hominem de desacreditar ou rexeitar a súa opinión.
  • Acusacións de mal comportamento persoal sen achegar unha evidencia. As acusacións serias requiren unha evidencia seria, habitualmente en forma de Difs, historiais e ligazóns presentadas na wiki.
  • Insultos dirixidos contra outro editor.
  • Ameazas legais.
  • Ameazas violentas, incluíndo ameazas de morte.
  • Ameazas ou accións que expoñan a outros editores a unha persecución política, relixiosa ou doutro tipo polo goberno, os seus xefes ou outros. As violacións deste tipo poden dar lugar a un bloqueo por un período extenso ou ata definitivo por calquera bibliotecario que descubra este feito.
  • Ameazas de revelación non autorizada de aspectos da vida privada doutro editor non divulgados por dito editor.

Que non se debe considerar un ataque persoal

Os debates entre galipedistas son unha parte esencial da cultura da Galipedia. Sé cívico e mantente fiel á etiqueta cando indiques desacordos, para evitar personalizalos, e tenta reducir ao mínimo comentarios contrarios innecesarios. Os desacordos con outros editores poden ser discutidos sen usar o recurso do ataque persoal. É importante non personalizar os comentarios que se dirixen ao contido e accións, así como é igualmente importante non interpretar tales comentarios como ataques persoais. Algúns exemplos específicos de comentarios que non se deberían considerar como ataques persoais son:

  • Desacordos sobre a veracidade dunha afirmación feita por un usuario nunha conversa, cando esta non está apoiada por unha fonte fiable, do tipo "a afirmación sobre x é falsa" ou "a afirmación X é un punto de vista, non un feito", e cando se aportan referencias que demostren dita falta de veracidade, non se consideran ataques persoais.
  • O uso de linguaxe cívico e apoiado por Difs ou historiais para describir determinadas accións dun editor non se deben interpretar como ataques persoais en si mesmas.
  • Un comentario no resumo de edición como "reverter vandalismo" non é un ataque persoal. Non obstante, é importante asumir boa fe cando se fai ese tipo de comentario nun resumo: se a edición que foi revertida pode ser interpretada como unha edición incorrecta pero de boa fe, non a marques como vandalismo.

Evitar os ataques persoais

Para axudar a que unha conversa se manteña cívica e sexa efectiva, as discusións non se deben personalizar. Isto é, os argumentos deben centrarse no contido e nas accións no canto de nos colaboradores.

Os diferentes editores poden non estar de acordo cun contido particular nun artigo, e os membros da comunidade desexan, razoablemente, expresar as súas opinións. A síntese destas opinións no contido axuda a crear un artigo mellor, máis neutral para todos. Recorda que todos formamos parte da mesma comunidade de igual modo que somos todos galipedistas.

Os editores deben manter un comportamento cívico e seguir as normas de conduta ao describir un desacordo. Acusar a alguén de facer un ataque persoal sen fornecer unha xustificación axeitada e apoiándose en Difs ou historiais tamén se pode considerar unha forma de ataque persoal.

Como responder ante un ataque persoal

En determinadas ocasións a mellor forma de responder ante un ataque persoal illado é simplemente ignoralo. En ocasións os ataques persoais non teñen esa intención, e en situacións controvertidas ou debates os editores poden reaccionar de forma exaxerada. O feito de que as conversas da Wikipedia sexan nun medio textual fai que as emocións e tons non se transmitan de forma axeitada, axudando a un posible malentendido. Porén, isto non significa que os ataques persoais teñan excusa.

Se consideras que é axeitado e necesario responder ante un ataque persoal, podes facelo de forma cívica na páxina de conversa do outro usuario. É importante tentar non amosarse hostil un mesmo, aínda cando te sintas atacado, para tentar chegar a un punto de acordo sobre a situación. No caso de non conseguir chegar a unha solución, podes pedir a outro usuario independente ou a un administrador que interveña como mediador no conflito e axude a chegar a un punto de acordo. A discusión cívica do comportamento dun editor no foro axeitado para iso (como a páxina de conversa do usuario ou a taberna) non se considera en si mesmo un ataque persoal.

Os ataques particularmente ofensivos ou disruptivos, como os descritos en #Que se considera un ataque persoal non deben ser ignorados. Este tipo de ataques non son comúns, pero requiren intervención inmediata, para o que podes avisar aos administradores no taboleiro dos administradores.

Os ataques persoais recurrentes que non se deteñan tras realizar unha petición tamén deben notificarse no taboleiro dos administradores para a súa revisión.

Consecuencias dos ataques persoais

Aínda que se recomenda ignorar ou responder civicamente aos ataques persoais illados, isto non implica que sexan aceptables. Os padróns de hostilidade non favorecen o bo ambiente editorial e son disruptivos. Aqueles usuarios que insistan nas confrontacións marcadas por ataques persoais e non fagan caso dos avisos recibidos para desistir nese tipo de comportamentos poden chegar a ser obxecto dun bloqueo temporal.

En casos extremos incluso os ataques persoais illados poden merecer un bloqueo. As ameazas de morte ou semellantes poden dar lugar a un bloqueo inmediato sen aviso previo. Os ataques persoais considerados menos graves resultarán primeiro nun aviso e petición de reconsideración. Se este tipo de ataques continúan a pesar do aviso, darán lugar a un bloqueo temporal, ou en casos extremos, permanente.

Véxase tamén