Conan o destrutor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 35: Liña 35:
! Actor !! Papel !! Descrición!! Armas
! Actor !! Papel !! Descrición!! Armas
|-
|-
| [[Arnold Schwarzenegger]] || ''Conan'' || Un guerreiro que chora a morte da súa amada ''Valeria'' do primeiro filme e ó que se lle promete a resurrección desta a cambio de conseguir dous obxectos máxicos. || Espada Atlantean, machada de batalla e dagas.
| [[Arnold Schwarzenegger]] || ''[[Conan o bárbaro|Conan]]'' || Un guerreiro que chora a morte da súa amada ''Valeria'' do primeiro filme e ó que se lle promete a resurrección desta a cambio de conseguir dous obxectos máxicos. || Espada Atlantean, machada de batalla e dagas.
|-
|-
| [[Grace Jones]] || ''Zula'' || Unha asaltante que é rescatada por ''Conan'' e que se une ó seu grupo. Acabará substituíndo a ''Bombatta'' como capitán da garda. || Lanza.
| [[Grace Jones]] || ''Zula'' || Unha asaltante que é rescatada por ''Conan'' e que se une ó seu grupo. Acabará substituíndo a ''Bombatta'' como capitán da garda. || Lanza.

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2017 ás 10:59

Conan o destrutor
Ficha técnica
Título orixinalConan the Destroyer
DirectorRichard Fleischer
ProdutorRaffaella De Laurentiis
GuiónStanley Mann
Baseado enPersonaxes de Robert E. Howard
IntérpretesArnold Schwarzenegger
Grace Jones
Wilt Chamberlain
Tracey Walter
Sarah Douglas
Mako Iwamatsu
Olivia d'Abo
MúsicaBasil Poledouris
FotografíaJack Cardiff
MontaxeFrank J. Urioste
EstudioDino De Laurentiis Company
DistribuidoraUniversal Studios
Estrea 29 de xuño de 1984
Galicia 10 de maio de 2008 (TVG)
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantástico
Orzamento$18 000 000 (estimado)[1]
Recadación$100 042 035
Filme anteriorConan o bárbaro
Na rede
IMDB: tt0087078 Filmaffinity: 377813 Allocine: 34565 Rottentomatoes: m/conan_the_destroyer Mojo: conanthedestroyer Allmovie: v10703 TCM: 19387 Metacritic: movie/conan-the-destroyer TV.com: movies/conan-the-destroyer Netlix: 393326Editar o valor em Wikidata

Conan o destrutor (en inglés: Conan the Destroyer) é un filme de xénero fantástico dirixido por Richard Fleischer e protagonizado por Arnold Schwarzenegger que foi estreado en 1984. É a continuación do filme Conan o bárbaro. Estreouse en galego na TVG o 10 de maio de 2008.[2]

Argumento

A poderosa Raíña Taramis promete a Conan facer volver á súa amada do reino da morte, pero imponlle unha condición: debe traerlle un lendario corno incrustado de pedras preciosas e unha fermosa princesa. Pero Conan non sabe cales son as verdadeiras intencións de Taramis. A raíña quere empregar o corno para espertar ó dormente deus Dagoth e sacrificarlle á xove princesa. Enfrontado con inimigos mortais e sobrenaturais, Conan debe convocar ás forzas do Ben para derrotar a Taramis e mesmo ó deus Dagoth.

Personaxes

Actor Papel Descrición Armas
Arnold Schwarzenegger Conan Un guerreiro que chora a morte da súa amada Valeria do primeiro filme e ó que se lle promete a resurrección desta a cambio de conseguir dous obxectos máxicos. Espada Atlantean, machada de batalla e dagas.
Grace Jones Zula Unha asaltante que é rescatada por Conan e que se une ó seu grupo. Acabará substituíndo a Bombatta como capitán da garda. Lanza.
Wilt Chamberlain Bombatta Capitán da garda de Shadizar, é enviado pola raíña para comprobar a evolución da misión de Conan e máis tarde traizoarao. Morre a mans de Conan cando este interfire na resurrección de Dagoth. Maza, machada, espada e bolas.
Olivia D'Abo Jehnna É unha virxinal princesa cuxo destino é obter o corno máxico que resucitará ó deus Dagoth. Debido a unha profecía é a única persoa capaz de conseguir o corno. Non leva.
Mako Iwamatsu Akiro Un mago amigo de Conan que narraba tanto o filme anterior coma este. Acepta ser o feiticeiro xefe de Shadizar. Maxia.
Tracey Walter Malak Un ladrón que acompaña a Conan. Dagas.
Pat Roach Toth-Amon O feiticeiro propietario da xema. Maxia.
Sarah Douglas Raíña Taramis A malvada raíña de Shadizar que quere resucitar a Dagoth, o deus dormente, do cal ela é unha seguidora. Tamén é a tía de Jehnna. Dagas.
Jeff Corey Gran Visir Feiticeiro persoal da raíña. Maxia e dagas.
Sven-Ole Thorsen Togra Gardián da raíña que trata de secuestrar a Jehnna antes de morrer a mans de Conan. Espada.
André Roussimoff Dagoth, o deus dormente. Malvado deus que traerá a escuridade ó mundo se é resucitado. Corno, superforza e manipulación da luz.

Notas

  1. "Conan the Destroyer - Box Office Data". The Numbers. Consultado o 29 de xullo de 2011. 
  2. "Conan o destrutor na TVG". Diario Siglo XXI. 9 de maio de 2008. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas