Corea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
xa non é curto
Liña 9: Liña 9:
* [[Tres reinos de Corea]]
* [[Tres reinos de Corea]]
* [[Gastronomía de Corea]]
* [[Gastronomía de Corea]]

{{Curto de máis|data=xuño de 2017}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Corea]]
[[Categoría:Corea]]

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2017 ás 11:02

Corea, chamada Daehanminguk (en coreano: 대한민국) en Corea do Sur e Joseon (en coreano: 조선) en Corea do Norte, é unha entidade xeográfica e cultural dividida en dous estados, Corea do Norte e Corea do Sur. Estes dous países xurdiron despois da Guerra de Corea, entre 1950 e 1953.

Ocupa a península de Corea, limitando coa China polo norte, uns poucos quilómetros con Rusia (Siberia), e o resto co mar, polo sur co Mar da China e polo norte co Mar do Xapón. Ademais da península, Corea conta cunhas 3200 illas. A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar de Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda con China.

Véxase tamén

Outros artigos