Diferenzas entre revisións de «Bruxaría»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
[[Ficheiro:Francisco_de_Goya_y_Lucientes_-_Witches_Sabbath_-_Google_Art_Project.jpg|miniatura|357x357px|''O aquelarre'', de [[Francisco de Goya]].]]
'''Bruxaría''' é o grupo de crenzas, coñecementos prácticos e actividades atribuídos a certas persoas chamadas [[meiga]]<nowiki/>s (existe tamén a forma masculina, bruxos, aínda que é menos frecuente) que están supostamente dotadas de certas habilidades [[Maxia|máxicas]] que empregan coa finalidade de causar dano.<ref group="lower-alpha">Cfr. </ref>
 
A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra. No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no [[Diabo|Diaño]], especialmente durante a [[Idade Moderna]], en que se desatou en [[Europa]] unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «[[caza de bruxas]]»). Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da [[fertilidade]], aínda que ningunha delas puido ser demostrada.<ref group="lower-alpha">Han alcanzado gran popularidad las teorías de [//es.wikipedia.org/wiki/Margaret_Murray Margaret Murray], expuestas en tres libros ―''The Witch Cult in Western Europe'' (1921), ''The God of the Witches'' (1933), ''The Divine King in England'' (1954)―, según las cuales las brujas eran realmente miembros de un culto precristiano, de orígenes prehistóricos. </ref> As meigas teñen unha gran importancia no [[folclore]] de moitas [[Cultura|culturas]], e forman parte da [[cultura popular]].
 
Aínda que este é o concepto máis frecuente do termo «bruxa», dende o [[século XX]] o termo foi reivindicado por [[Seita|seitas]] [[Ocultismo|ocultistas]] e [[Neopaganismo|relixións neopagás]], como a [[Wicca]], para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de maxia, sexa esta maléfica (maxia negra) ou benéfica ([[maxia]] branca), ou ben ós adeptos dunha determinada [[Relixión|relixión.]] É considerada a bruxaría, unha forma de espiritismo.
Segundo os textos clásicos, críase destas feiticeiras que tiñan a capacidade de transformarse en animais, que podían voar de noite e que practicaban a maxia tanto en proveito propio como por encargo de terceiras persoas. Dedicábanse preferentemente á maxia erótica, aínda que tamén eran capaces de provocar danos tales como [[Doenza|doenzas]] ou [[Tormenta|treboadas.]] Reuníanse de noite, e consideraban como as súas protectoras e invocaban nos seus esconxuros a deusas como [[Hécate]], [[Selene]], [[Diana]] entre outras [[deidade]]s.
 
Probablemente, as bruxas máis coñecidas da literatura clásica son dous personaxes [[Mitoloxía grega|mitolóxicos]], [[Circe]] e [[Medea|Medea.]] As habilidades máxicas de ambas residen sobre todo no seu dominio das apócemas ou filtros máxicos (''phármakon'', en grego). Medea, que se presenta a si [[Medea|mesma]] como adoradora de [[Hécate]], converteuse no arquetipo da feiticería nas literaturas grega e romana.<ref group="lower-alpha">No, por la soberana a la que yo venero por encima de todas y a la que he elegido como cómplice, por Hécate, que habita en las profundidades de mi hogar, ninguno de ellos se reirá de causar dolor a mi corazón.</ref> Hai mencións de bruxas nas obras de [[Teócrito]], [[Horacio]], [[Ovidio]], [[Apuleio]], Lucano e [[Petronio]], entre moitos outros. Estes autores fan especialmente referencia a bruxas que realizan maxia de tipo erótico.
 
Relacionada coa crenza grecorromana nas bruxas está a figura da estirxe, un animal nocturno que é metade paxaro metade ser humano que se alimenta de sangue (e que resulta tamén un precedente da moderna figura do [[vampiro]]).
233.271

edicións

Menú de navegación