Ponte Caldelas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Completouse o apartado de comunicacións cunha breve mención ás conexión en autobús das que dispón o concello.
m Actualizouse o apartado sobre educación por mor do peche da Escola Unitaria de Xustáns
Liña 250: Liña 250:
== Servizos ==
== Servizos ==
=== Educación ===
=== Educación ===
O concello conta con catro institucións, todas elas de carácter público e dependentes da Xunta de Galicia. Estas son:
O concello conta con tres institucións, todas elas de carácter público e dependentes da Xunta de Galicia. Estas son:
* EEI Xustáns, na parroquia de [[Xustáns, Ponte Caldelas|Xustáns]]
* CEIP A Reigosa, na parroquia de [[Tourón, Ponte Caldelas|Tourón]]
* CEIP A Reigosa, na parroquia de [[Tourón, Ponte Caldelas|Tourón]]
* CEIP Manuel Cordo Boullosa, no casco urbano (Rúa Concepción Arenal)
* CEIP Manuel Cordo Boullosa, no casco urbano (Rúa Concepción Arenal)

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2017 ás 22:59

Coordenadas: 42°23′20″N 08°30′08″O / 42.38889, -8.50222

Ponte Caldelas
Logo de Ponte Caldelas
Escudo de Ponte Caldelas
Ficheiro:CPonte Caldelas.jpg
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]pontecaldelán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación5.573 hab. (2016)[2][3]
Área87,0 km²[3]
Densidade64,06 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Capital do concelloPonte Caldelas
Política (2015)
AlcaldeAndrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Outros: AVP - 2
Eleccións municipais en Ponte Caldelas
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes53,24%
Na rede
http://www.pontecaldelas.org/
editar datos en Wikidata ]

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Xeografía

O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.

No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.

Clima

O clima de Ponte Caldelas é un clima de transición que posúe algún trazo do clima do interior galego. As temperaturas no inverno son frías (cunha media de 7 °C, xeadas e neves moi habituais nos cumes e menos ocasionais aínda que presentes nos vales). No verán, o termómetro mantense morno cunha media duns 18 °C. As precipitacións son moi notorias achegándose aos 1.950 mm anuais. Entre novembro e marzo hai chuvias intensas, mais a seca estival propia das Rías Baixas queda moi atenuada. A elevada pluviosidade é por causa da posición frontal da serra fronte ao avance das borrascas atlánticas.

Demografía

Está encadrado no Partido Xudicial de Pontevedra, pero foi capital dun partido xudicial propio cos concellos da Lama e de Ponte Sampaio (disolto nos 60).

Non foi un concello que perdera demasiada poboación grazas á emigración das montañas cara a capital municipal que foi pouca pero constante. O saldo é normalmente negativo, aínda que se combinan ben a capital municipal (que medra moi intensamente) e as outras parroquias (que teñen unha poboación que sobe uns anos e baixa outros).

Censo total 2015 5.540 habitantes
Menores de 15 anos 699 (12.62 %)
Entre 15 e 64 anos 3.441 (62.11 %)
Maiores de 65 anos 1.400 (25.27 %)

Historia

Detalle petróglifo da Laxe das Cruces.

Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos os que a atribúen a unha fundación romana, e aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio.[Cómpre referencia]

No ano 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, a cal perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. Posteriormente no século XIX recibiu o tratamento de "Vila".

Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. No pasado, o agora término de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra metade á de Tui (arciprestado de Soutomaior).

No 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.

Cultura

Toponimia

Probablemente, o municipio recibiu o seu nome pola antiga ponte sobre o río Verdugo, combinado co dos seus mananciais termais sulfuroso-sódicas ("caldas", do latín calida, calidae, "quente"). Aínda así, unha parte da xente do concello distingue entre Caldelas (núcleo principal) e Ponte Caldelas (municipio).

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Calvario da Insua.

No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.

A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.

A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben

Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.

Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.

Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.

Patrimonio natural

Flora

O bosque caducifolio é o de maior presenza no municipio, sobre todo nos vales dos pequenos ríos. Os cumes dos montes adoitan ter matogueiras e algunhas pequenas árbores. De todos modos, as árbores perennes fixéronse sitio con eucaliptais e piñeirais. As ribeiras do río Verdugo só están densamente poboadas ata o núcleo principal. A partir de entón, debido ao abrupto do terreo, hai matogueiras e plantas herbáceas. Outros bosques importantes son os de bidueiros e castiñeiros.

Fauna
Terrestre

A fauna posúe especies como son o xabaril, o raposo, o coello e pequenas aves rapaces. O lobo ou a perdiz son outras especies de menor presenza pero aínda relevante.

Nos cumes das montañas, abundan pequenos animais e réptiles como serpes pequenas ou lagartos.

Acuática

Como capital da troita que é, río Verdugo é un gran río troiteiro. Outros ríos con estes peixes con abundancia son o río San Vicente etc. Outras especies que hai nestes cursos son os anfibios como a píntega ou a ra. Recentemente, atopouse na parroquia de Caritel unha especie de píntega en perigo de extinción.

Ecosistemas e patrimonio natural

Os cumes de serras, coma os da Fracha ou os da Castrelada, destacan polas vistas de ata as tres rías pontevedresas (ría de Arousa, ría de Vigo e ría de Pontevedra).

Outro lugar importante son os pasos da Fraga ou os cumes dos montes do leste do concello, con neve nos invernos. O miradoiro do Castreliño é un lugar para divisar case toda a superficie do concello.

No núcleo urbano, destaca a praia fluvial da Calzada, moi concorrida no verán.[6]

Parques e xardíns urbanos

A pequena vila de Ponte Caldelas posúe un importante parque central formado pola Alameda e a praza de España. Pero a principal área verde da localidade é o Paseo Manuel Cordo Boullosa e o Paseo do Río, ás beiras do río Verdugo que rematan na praia fluvial antes citada.

Política

Dende o ano 2003 ata o 2015, o alcalde do concello foi Perfecto Rodríguez Muíños, do PPdeG. Dende 1979 ao 2003 o rexedor foi o seu pai, o tamén popular Fidel Rodríguez Toubes.

Dende as eleccións municipais do 2015, o alcalde do concello é Andrés Díaz Sobral, á fronte dun goberno formado polo PSdeG, a AVP e o BNG.

Resultados das últimas eleccións de cada ámbito:

Partido Votos %
PPdeG 872 42,95%
PSdeG-PSOE 448 22,06%
AGE 158 7,78%
BNG 157 7,73%
Podemos 101 4,97%
UPyD 77 3,79%
Outros 173 8,52%
Partido Votos %
PPdeG 2095 61,79%
PSdeG-PSOE 754 22,24%
BNG 371 10,94%
EU-IU 66 1,94%
UPyD 29 0,85%
EQUO 15 0,44%
Outros 25 0,70%

Emprego

O sector primario foi dende sempre motor da economía local. Pero dende hai uns anos, os sectores secundario e terciario subiron notablemente. A súa explotación está limitada aos arredores do casco urbano.

Sector secundario

O polígono industrial do Campiño foi ampliado recentemente co nome de Parque Empresarial da Reigosa. Moitas empresas están instaladas na antiga superficie e outras están en proceso de asentamento na ampliación. Outras naves instaláronse ao longo do concello.

Manuel Cordo Boullosa, magnate fundador da petrolífera portuguesa Sonap, era fillo de Manuel Cordo Martínez e Leocadia Boullosa Muñoz, da parroquia de Caritel.

Sector terciario

O sector servizos desenvolveuse grazas a dous parámetros: o sector do comercio, que medrou con notoriedade no núcleo urbano, e o turismo.

Turismo

Ponte Caldelas non tivo unha saída ao exterior ata hai pouco. Os aloxamentos baséanse en casas rurais, moi numerosas en parroquias como Anceu. Bastantes restaurantes foron creados recentemente, tanto por influencias do Campiño (na zona da Reigosa), como en Caldelas, polo turismo.

Servizos

Educación

O concello conta con tres institucións, todas elas de carácter público e dependentes da Xunta de Galicia. Estas son:

  • CEIP A Reigosa, na parroquia de Tourón
  • CEIP Manuel Cordo Boullosa, no casco urbano (Rúa Concepción Arenal)
  • IES de Ponte Caldelas, tamén no casco urbano (Rúa Valdarrosa)

Sanidade

O concello conta cun único centro sanitario (Centro de Saúde Pontecaldelas), sito na rúa Lepanto (casco urbano).

Comunicacións

A vila de Ponte Caldelas está a 16 km da capital provincial, desde a que se accede a través da estrada PO-532 (Pontevedra-A Cañiza).

Desde A Coruña e Santiago chégase a Pontevedra pola AP-9 ou pola N-550.

O aeroporto de Peinador é o máis próximo, a uns 35 km.

Ademais, percorren o concello varias rutas de autobús regular, sendo as principais a que une A Lama con Pontevedra, pasando pola vila, e tamén a que a une con Vigo pasando polos concellos de Soutomaior e Redondela.

Festas

As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.

Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.

Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo,[7] a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)

Lugares de Ponte Caldelas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ponte Caldelas vexa: Lugares de Ponte Caldelas.

Notas

Véxase tamén