Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 87: Liña 87:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2017 ás 10:00

Modelo:País desaparecido O Imperio Azteca ou a Tripla Alianza (en náhuatl: Ēxcān Tlahtōlōyān, comezou como unha alianza de tres "altepetl", ou cidades-estado aztecas: Tenochtitlán, Texcoco e Tlacopán. Estas tres cidades-estado gobernaron a área arredor do Val de México dende 1428 até que en 1521 foron derrotadas polas forzas dos conquistadores españois e os seus aliados nativos baixo o mando de Hernán Cortés.

A Tripla Alianza formouse na facción vitoriosa dunha guerra civil entre a cidade de Azcapotzalco e as súas antigas provincias tributarias. Malia que o imperio comezou nun principio como unha alianza por tres cidades autogobernadas, Tenochtitlán axiña se converteu na dominante militarmente.[1] Na época da chegada dos españois, en 1519, as terras da Alianza estaban gobernadas por Tenochtitlán, mentres que os seus aliados tiñan papeis subsidiarios.

A alianza comezou guerras e expandiuse rapidamente despois da súa formación. No seu estado máximo de expansión, a alianza controlou a maioría do centro de México así como territorios máis distantes dentro de Mesoamérica, como a provincia de Xoconochco, un exclave azteca preto da actual fronteira con Guatemala. O goberno azteca foi descrito polos estudosos como "hexemónico" ou "indirecto".[2] Os aztecas deixaron no poder ós gobernantes das cidades conquistadas sempre que aceptasen dun tributo semi-anual á Alianza, así como apoio militar na guerra. En compensación, a autoridade imperial ofreceu protección e estabilidade política, e facilitou a integración económica de diversos pobos e territorios cunha significativa autonomía local.

A relixión do imperio era o politeísmo azteca, adorando a diversos panteóns que incluían a ducias de deidades. Moitos cultos conseguiron un recoñecemento oficial importante abondo como para estar representado no recinto do templo central da capital. O culto imperial era o de Huitzilopochtli, o distintivo deus guerreiro dos mexicas. Os pobos das provincias conquistadas tiñan permitido manter e continuar coas súas propias tradicións relixiosas, sempre que engadisen ó deus imperial Huitzilopochtli nos seus panteóns locais.

Notas

  1. Hassig 1988
  2. Smith 2001

Véxase tamén

Outros artigos