Pío IX, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Papado: Arranxos varios
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xullo de 2017}}
{{PapS-XIX}}
[[Ficheiro:Pope Pius IX.jpg|miniatura|dereita|Pío IX.]]
[[Ficheiro:Pope Pius IX.jpg|miniatura|dereita|Pío IX.]]


Liña 39: Liña 39:


{{Commons|Pius IX}}
{{Commons|Pius IX}}
{{Papas}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{Papas en progreso}}


[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Papas]]

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2017 ás 19:55

Pío IX.

Beato Pío IX tamén coñecido como Pío Nono, nado en Senigallia o 13 de maio de 1792 e finado en Roma o 7 de febreiro de 1878, foi un relixioso italiano, Sumo Pontífice, derradeiro soberano temporal dos Estados Pontificios, bispo de Roma e papa número 255 da Igrexa Católica dende o 16 de xuño de 1846 ata a súa morte.

Antes da súa elección, o seu nome era Giovanni Maria Mastai Ferretti. O seu pontificado de 31 anos e medio foi o máis longo da historia da Igrexa Católica, exceptuando a tradición de que San Pedro, o apóstolo, estivo a cargo da Igrexa por un período de entre 34 e 37 anos.

Traxectoria

Giovanni Maria Mastai Ferretti naceu no seo dunha familia da nobreza. De mozo, quixo facer carreira na Garda Nobre, pero tras ser rexeitado a causa da súa epilepsia decidiu estudar teoloxía no seminario de Roma. Foi ordenado sacerdote en abril de 1819.

Ó principio, traballou como reitor do Instituto Tata Giovanni ata que foi enviado a Chile e Perú (1823-1825) para axudar ó nuncio apostólico, Monseñor Giovanni Muzi, na primeira misión na Sudamérica posrevolucionaria [1]. Regresou a Roma para dirixi-lo hospital de San Michele (1825-1827) e para ocupa-lo cargo de cóengo de Santa Maria in Via Lata.

En 1827, ós 35 anos de idade, foi nomeado arcebispo de Spoleto. Da súa etapa neste cargo destaca a amnistía que logrou para os que participaron nunha fallida revolución que en 1831 se estendera a aquela cidade. Este feito fíxolle gañar fama de liberal. Ó ano seguinte dese suceso, foi trasladado á prestixiosa diocese de Imola, onde foi nomeado cardeal in pectore en 1839. En 1840, foi proclamado publicamente cardeal presbítero de Santi Pietro e Marcellino. Segundo os historiadores, o cardeal Mastai Ferretti foi considerado un liberal durante o seu episcopado en Spoleto e Imola porque apoiaba a reforma administrativas nos Estados Papais e simpatizaba co movemento nacionalista en Italia.

Elección papal

O conclave de 1846, que seguiu á morte de Gregorio XVI, tivo lugar nun momento de ambiente político inestable en Italia. Isto motivou que varios cardeais estranxeiros decidisen non asistir ó conclave. Ó seu comezo, só estaban presentes 46 dos 62 cardeais.

Ademais, o conclave de 1846 foi escenario dunha división entre conservadores e liberais. Os conservadores apoiaban ó cardeal Luigi Lambruschini, o secretario de Estado de Gregorio XVI. Os liberais, en cambio, apoiaban a dous candidatos: o cardeal Gizzi e o cardeal Mastai Ferretti. Na primeira votación, Mastai Ferretti obtivo quince votos e os demais votos foron para Lambruschini e Gizzi. Moitos pensaban que se Lambruschini non resultaba elixido, seríao Gizzi con toda probabilidade.

Chegado o conclave a un punto morto a causa do desacordo, os liberais e moderados decidiron votar por Mastai Ferretti - unha manobra que foi contraria ó sentir xeral de boa parte de Europa. O segundo día do conclave, o 16 de xuño de 1846, Mastai Ferretti foi elixido papa cunha maioría de 36 votos, mentres que Lambruschini só obtivo dez; Gizzi non recibiu ningún voto. Dado que era de noite, non se realizou ningún anuncio formal agás a fumata branca. Moitos católicos asumiron que Gizzi fora escollido como sucesor de San Pedro. De feito, empezou a haber celebracións na súa cidade natal e os seus axudantes, de acordo cunha antiga tradición, queimaron as súas vestiduras cardinalicias.

Á mañá seguinte, anunciouse a elección do cardeal Mastai Ferretti ante o que debeu de ser unha sorprendida multitude de católicos. Por suposto, cando o novo papa apareceu no balcón, o clima foi de xubilo. Mastai Ferretti escolleu o nome de Pío IX en honra de Pío VII.

Pío IX foi coroado o 21 de xuño e nomeou a Gizzi secretario de Estado. Os liberais europeos aplaudiron a súa elección como Sumo Pontífice.

Papado

Pío IX tiña fama de ser un home culto e de ideas liberais. Cando saíu elixido, proclamou amnistía para os presos con delitos políticos e instituíu a Consulta, un órgano consultivo de representación popular que garantía máis liberdade para os cidadáns dos Estados Pontificios.

Durante as revolucións de 1848 en Roma proclamouse a República e o Papa tivo que fuxir de Roma disfrazado de monxe. Cando os seus territorios lle foron restituídos polos franceses e volveu animado por propósitos menos liberais.

Os seguintes actos que levo a cabo, tanto políticos como relixiosos foron encamiñados a salva-los Estados Pontificios, ameazados pola unificación dos territorios italianos que estaba levando a cabo o reino de Piemonte; en particular hai que destaca-la proclamación do dogma da Inmaculada Concepción, a convocatoria do Concilio Vaticano Primeiro, onde se proclamou a infalibilidade papal.

O esforzo de Pío IX foi en van. En 1870 o exército piemontés entrou en Roma.

Pío IX negouse a recoñece-lo reino de Italia, a establecer relacións diplomáticas con el e excomungou ó rei. Os últimos anos do seu pontificado viviunos en condicións de illamento nos palacios do Vaticano, ata a súa morte en 1878.

Foi beatificado polo Papa Xoán Paulo II en 2000.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.