Banato serbio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Ligazón
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Liña 1: Liña 1:
{{outroshomónimos|Banato}}
{{Outros homónimos|Banato}}
O '''Banato serbio''' (ou ''Banato occidental'') é a parte occidental da rexión histórica do [[Banato (rexión histórica)|Banato]], que foi asignada ao [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]] no [[Tratado de Trianon]], despois da [[Primeira Guerra Mundial]]. A rexión foi unha das provincias (''banovine'') deste reino entre 1919 e 1922 (Banato, Bačka e Baranja), sendo dividida entre os ''óblast'' de Belgrado e Podunavlje e, en 1929, a maior parte da rexión foi incorporada á ''banovina'' do Danubio (''Dunavska banovina''), mentres que a cidade de [[Pančevo]] incorporouse ao ''Pančevački Rit'' distrito autónomo de [[Belgrado]].

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2017 ás 16:57

O Banato serbio (ou Banato occidental) é a parte occidental da rexión histórica do Banato, que foi asignada ao Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos no Tratado de Trianon, despois da Primeira Guerra Mundial. A rexión foi unha das provincias (banovine) deste reino entre 1919 e 1922 (Banato, Bačka e Baranja), sendo dividida entre os óblast de Belgrado e Podunavlje e, en 1929, a maior parte da rexión foi incorporada á banovina do Danubio (Dunavska banovina), mentres que a cidade de Pančevo incorporouse ao Pančevački Rit distrito autónomo de Belgrado.

Fronteiras da Voivodina serbia, establecidas en 1848 (incluíndo o Banato occidental).

Antes da Primeira Guerra Mundial o Banato serbio formara parte da Serbia Voivodina (1820) e do Voivodato de Serbia e o Banato de Temesvar (1849–1860). Despois de 1860, formou parte dos condados de Torontál e Temes (do Reino de Hungría).

Entre 1941 e 1944 foi ocupado polas potencias do Eixe. Formalmente era parte do protectorado alemán de Serbia, pero de feito foi unha rexión autóma practicamente independente gobernada pola minoría alemá da rexión. Desde 1945, o Banato serbio, xunto coa Bačka e Syrmia (Srem), formou parte, primeiro, da República Socialista de Serbia (provincia autónoma de Voivodina), despois da República Socialista Federal de Iugoslavia e, finalmente, da República Federal de Iugoslavia. Máis tarde, a partir da disolución de Iugoslavia, formou parte de Serbia e Montenegro e, desde 2006, da Serbia independente.

Os distritos (okruj) de Serbia no Banato son:

O Banato serbio está formado por chaiuras onde se cultivan trigo, centeo, avea, orxo, millo, e xirasol, e as súas riquezas minerais son, sobre todo, petróleo e gas natural. Conta tamén cun destino turístico moi popular, Deliblatska peščara.

Segundo o censo de 2002, a poboación do Banato serbio era de 665 397 habitanteds, dos que o 65 % eran serbios, o 18 % húngaros, o 4,1 % romaneses, o 2,7 % Eslovacos e o 0,1 % alemáns.

Véxase tamén