Intérprete (informática): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
 
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Intérprete}}
{{Outros homónimos|Intérprete}}
{{Outroshomónimos|Interpretación}}
{{Outros homónimos|Interpretación}}
En [[informática]], un '''intérprete''' refírese a un [[programa informático]] que executa instrucións escritas nunha [[linguaxe de programación]]. Namentres que '''intérprete''' e [[compilador]] poden parecer termos excluíntes, isto non é de todo certo, xa que moitos intérpretes levan a cabo certo traballo de tradución, coma os compiladores. Un '''intérprete''' será, desta forma, un [[programa informático|programa]] que:

# executa [[código fonte]] directamente
# executa [[código fonte]] directamente

Revisión actual feita o 29 de xuño de 2017 ás 21:36

En informática, un intérprete refírese a un programa informático que executa instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Namentres que intérprete e compilador poden parecer termos excluíntes, isto non é de todo certo, xa que moitos intérpretes levan a cabo certo traballo de tradución, coma os compiladores. Un intérprete será, desta forma, un programa que:

  1. executa código fonte directamente
  2. traduce código fonte a algunha forma eficiente de código intermedio (ex: bytecode) e execútao de seguido.
  3. executa código precompilado polo propio sistema intérprete.

Perl, Python e Ruby son exemplos do segundo tipo, namentres que Java o é do terceiro: os programas compílanse coma bytecode e son enlazados en tempo de execución e executados por un intérprete (ou compilados a código máquina e logo executados no caso do JIT). Algunhas linguaxes, coma o Lisp e outros, poden combinar o segundo e o terceiro tipo.

Os termos linguaxe interpretada ou linguaxe compilada significan nada máis que a implementación canónica desa linguaxe é un intérprete ou un compilador; idealmente, unha linguaxe de alto nivel é unha abstracción independente de calquera das súas implementacións.