Xeróglifo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Xeróglifo''' ou '''Xeroglífico''' é cada un dos sinais da [[escrita]] de antigas civilizacións, tales como os [[Antigo Exipto|exipcios]], os [[escritura hitita|hitita]]s e os [[escritura maia|maia]]s. Tamén se aplica a calquera escrita de difícil interpretación ou enigmática.
'''Xeróglifo''' ou '''Xeroglífico''' é cada un dos sinais da [[escrita]] de antigas civilizacións, tales como os [[Antigo Exipto|exipcios]], os [[escritura hitita|hitita]]s e os [[escrita maia|maia]]s. Tamén se aplica a calquera escrita de difícil interpretación ou enigmática.


O termo deriva de dúas palabras gregas: ''hierós'' "sagrado", e ''glyphós'' "escrita".
O termo deriva de dúas palabras gregas: ''hierós'' "sagrado", e ''glyphós'' "escrita".

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2017 ás 21:31

Xeróglifo ou Xeroglífico é cada un dos sinais da escrita de antigas civilizacións, tales como os exipcios, os hititas e os maias. Tamén se aplica a calquera escrita de difícil interpretación ou enigmática.

O termo deriva de dúas palabras gregas: hierós "sagrado", e glyphós "escrita".

Xeróglifos exipcios

Artigo principal: Xeróglifo exipcio.

Unicamente os sacerdotes, membros da realeza, altos cargos e escribas coñecían a arte de ler e escribir eses sinais "sagrados". A escrita xeroglífica constitúe probablemente o máis antigo sistema organizado de escrita no mundo, e era utilizada principalmente para inscricións formais nas paredes de templos e túmulos. Co tempo evolucionou a formas máis simplificadas, como o hierático, unha variante máis cursiva que se podía pintar en papiros ou placas de barro, e aínda máis tarde, coa influencia grega crecente no Oriente Próximo, a escrita evolucionou para o demótico, fase en que os xeróglifos iniciais ficaron bastante estilizados, mesmo incluíndo algúns sinais gregos na escrita.