Perexil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Perexil (homónimos)}}
{{Outros homónimos|Perexil (homónimos)}}
{{Taxobox
{{Taxobox
|name = Pirixel
|name = Pirixel

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2017 ás 16:08

O perexil ou pirixel[1] (nome científico: Petroselinum crispum) é unha planta herbácea do xénero Petroselinum dentro da familia Apiaceae, que se distribúe amplamente por todo o mundo, e é cultivada como condimento culinario.

Hábitat

Atópase naturalizado en hortos, xardíns e ás veces en marxes de camiños, muros, cultivos etc. de toda Europa e en parte de Asia.

Descrición

O perexil (Petroselinum crispum) é un planta herbácea bienal, aínda que pode cultivarse tamén como anual. Forma unha roseta empenachada de follas moi divididas, alcanza os 15 cm de altura e posúe talos floríferos que poden chegar a pasar os 60 cm con pequenas flores verdes amareladas. O seu cultivo coñécese desde hai máis de 300 anos, sendo unha das plantas aromáticas máis populares da gastronomía mundial.

A variedade perexil grande Petroselinum crispum tuberosum, posúe unha raíz engrosada axonomorfa, semellante á charouvía, que é a que se consome como hortaliza crúa ou cociñada. Esta variedade ten follas máis grandes e rugosas que as do perexil común e máis semellantes á especie brava.

Compoñentes

As follas de todos os tipos de perexil son ricas en vitaminas A, B1, B2, C e D, sempre que se consuman en cru, xa que a cocción elimina parte dos seus compoñentes vitamínicos.

Uso medicinal

Unha infusión de perexil pódese usar como diurético. Os herboristas chineses e alemáns recomendan tomalo como un para regular a hipertensión, e os indios Cherokee úsano como medicamento tónico para mellorar o rendemento da vexiga urinaria. Tamén se usa frecuentemente como emenagogo.

O perexil incrementa a diuresis por inhibición da bomba de Na /K -ATPase no rin, favorecendo a excreción de sodio e auga, con todo incrementando a reabsorción de potasio e o seu aumento (PMID 11849841).

Efectos secundarios

  • O perexil ten un contido alto (dun 1.70 %) de ácido oxálico, un compoñente implicado na formación de pedras no ril e en deficiencias nutricionais.
  • O pirixel non debería ser consumido por mulleres preñadas. O pirixel, tanto o seu aceite, a raíz, a folla ou a semente pode inducir unha estimulación uterina.
  • O aceite de pirixel contén furanocoumaríns e psoralenos que poden dar lugar a unha fotosensitividade aguda se se usa oralmente.

Cultivo

A súa reprodución realízase por sementes, nun lugar asollado e en calquera chan que non sexa demasiado compacto. Tamén é apta para cultivar en macetas ou xardineiras, podendo dispoñer dunhas follas frescas e tenras para aderezar os pratos cortando simplemente as necesarias e regando despois para estimular o crecemento vexetativo.

Etnoloxía

Ditos

  • Estar feito un pirixel: dise da persoa feble e enfermiza, que está moi magra.
  • É un pirixel, parece un pirixel: aplícase á persoa persoa feble de saúde ou exquisita no carácter ou na comida.

Refráns

  • Quen queira ter p'rixel todo o ano, seménteo no mes de maio.
  • Sementa o p'rixel en maio, e terás p'rixel todo o ano.[2]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Perexil.
  2. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

Véxase tamén

Outros artigos