Bastavales, Brión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Cómpren coordenadas}}
{{Cómpren coordenadas}}
{{Outroshomónimos|Bastavales}}
{{Outros homónimos|Bastavales}}
{{Parroquia
{{Parroquia
|nome = San Xulián de Bastavales
|nome = San Xulián de Bastavales

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2017 ás 12:14

San Xulián de Bastavales
ConcelloBrión
Coordenadas42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639Coordenadas: 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639
Área14,4 km²
Poboación1.338 hab. (2014)
Densidade92,92 hab./km²
Entidades de poboación24
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 338 habitantes (618 homes e 720 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Historia

Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.

En San Xulián de Bastavales publicouse entre 1932 e 1933 o periódico O Vencello Mahián, centrado no Sindicato Agrícola da parroquia.

No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.

Patrimonio

A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior, mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares Gallegos.

Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
Elas tocan pra que rece;
penso que por min chamades,
E das entrañas me doio
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Persoeiros de San Xulián de Bastavales

Da parroquia é a pandereteira Josefa de Bastavales.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de San Xulián de Bastavales

Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña)

Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo

Parroquias de Brión

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas