Diferenzas entre revisións de «Williamina Fleming»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m (→‎Traxectoria: Nova (astronomía))
Traballou como empregada do fogar na casa de [[Edward Charles Pickering]], un famoso profesor de [[astronomía]], e director do [[Hardvard College Observatory]]. Pickering estaba frustrado co seu asistente masculino, e declarou que a súa asistenta podería levar a cabo mellor o seu traballo.
 
En [[1881]], Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas rutinariasrutineiras de oficina e algúns cálculos matemáticos, e axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas, que foron empregadas para facer cálculos matemáticos, proceso que na actualidade fan as computadoras, e dirixíaas cunha disciplina implacable, sendo temida e admirada a partes iguais. Ademais, corrixiu todos os orixinais das publicacións do observatorio. Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que basicamente consistía en asignar unha letra, que dependía da cantidade do [[hidróxeno]] observado no seu [[espectro atómico|espectro]]. As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a [[Annie Jump Cannon]] como base de traballo, que foi mellorado desenvolver unha clasificación baseada na [[temperatura]]. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.
 
Fleming contribuíu na confección do [[catálogo Henry Draper]], e nun período de nove anos catalogou máis de 10.000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 [[nebulosa]]s gasosas, 310 [[estrela variable|estrelas variables]], e 10 [[Nova (astronomía)|novas]]. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En [[1907]] publicou un listado con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en [[1910]] descubriu propiedades dos espectros das [[anana branca|ananas brancas]], estrelas moi densas e moi quentes.
232.921

edicións

Menú de navegación