Asalto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Traduzo desde es.wiki
 
RubenWGA (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Delitos mediante HotCat
Liña 19: Liña 19:


[[Categoría:Delitos contra o patrimonio]]
[[Categoría:Delitos contra o patrimonio]]
[[Categoría:Delitos]]

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2017 ás 16:05

No ámbito xurídico, o asalto ou apoderamento ilexítimo ten por si un valor e un significado propio e inconfundible. Significa ocupación, aprehensión material dunha cousa, con ánimo de obter o dominio da mesma. Constitúe o despoxo da cousa, tomala con propósito de quitarlla a quen a ten no seu poder.

As distintas doutrinas acerca do alcance desta acción asígnanlle ao apoderamento un significado máis o menos restrinxido:

  • Teoría da "Attrectatio re": O apoderamento ilexítimo consúmase co simple tocamento da cousa por parte do suxeito activo.
  • Teoría da "Apprehensio re": O apoderamento consúmase coa simple captación material da cousa por parte do suxeito.
  • Teoría da "Amotio re": Consúmase o apoderamento coa simple remoción do sitio no cal o seu posuidor a mantiña.
  • Teoría da "Ablatio re": Implica o traslado da cousa e quitala da esfera de vixilancia do posuidor, superando as medidas defensivas ou precautorias arbitradas por este.
  • Teoría da "Locupletatio re": Ademais do desapoderamento da cousa (Ablatio re), a consumación necesita do aproveitamento da cousa por parte do suxeito activo. Pode ser de uso ou patrimonial.
  • Teoría da "Illatio re": Por último, é necesario o resguardo da cousa, é dicir, levala ao lugar de destino tido en vista polo autor.

Véxase tamén

Outros artigos