Universidade de Berna: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:UNI-bern-Front.jpg|miniatura| |
[[Ficheiro:UNI-bern-Front.jpg|miniatura|250px|Universidade de Berna.]] |
||
A '''Universidade de Berna''' é unha [[universidade]] que se atopa na [[capital]] de [[Suíza]], Berna, fundada en [[1834]]. Por estar localizada na rexión de [[lingua alemá]] do país, o seu nome oficial é ''Universität Bern'', aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome [[Lingua francesa|francés]], ''Université de Berne''. |
A '''Universidade de Berna''' é unha [[universidade]] que se atopa na [[capital]] de [[Suíza]], Berna, fundada en [[1834]]. Por estar localizada na rexión de [[lingua alemá]] do país, o seu nome oficial é ''Universität Bern'', aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome [[Lingua francesa|francés]], ''Université de Berne''. |
||
Revisión como estaba o 13 de xuño de 2017 ás 11:23
A Universidade de Berna é unha universidade que se atopa na capital de Suíza, Berna, fundada en 1834. Por estar localizada na rexión de lingua alemá do país, o seu nome oficial é Universität Bern, aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome francés, Université de Berne.
A universidade é regulamentada e financiada polo Cantón de Berna. Entre algúns de seus ex-alumnos máis salientables están o teólogo suízo Karl Barth e o filósofo alemán Walter Benjamin.
Reputación
A clasificación mundial de universidades de 2006 do Times Higher Education Supplement (THES), suplemento de educación do xornal inglés The Times, clasifica a Universidade de Berna como:
- 7ª en Suíza
- 214ª no mundo
Na Clasificación Académica das Universidades do Mundo (ARWU) de 2006, a Universidade de Berna foi, de acordo co sistema de clasificación:
- 6ª en Suíza
- 57ª-80ª na Europa
- 151ª-202ª no mundo
Departamentos
A universidade ten arredor de 13.000 estudantes, inscritos en oito facultades distintas:
- Teoloxía cristiá: Denominación reformada e antiga denominación católica
- Dereito
- Medicina
- Medicina veterinaria
- Economía e estudos sociais
- Estudos filosófico-históricos
- Estudos filosófico-científicos
- Estudos filosófico-humanísticos
A Facultade Filosófico-Histórica é semellante a un departamento de Artes e Ciencias das universidades norteamericanas, con diplomas (Hauptfächer) nunha grande variedade de asuntos. A Facultade Filosófica-Científica restrínxese a ciencias como a Química e a Física. A Facultade Filosófica-Humanística foi fundada en 2005, e ofrece estudos nos campos da Pedagoxía, Educación Física e Psicoloxía. O departamento de Teoloxía Católica Antiga, na Facultade de Teoloxía, é o único lugar no mundo en estudar a teoloxía nesta denominación.
Véxase tamén
- Páxina oficil (en alemán)