Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife (Santiago de Compostela)|El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'', ''Villagarcía-Carril'' e [[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]], e en ''[[El Eco de Galicia (Buenos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario ''[[La Nación]]'' de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.
Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife (Santiago de Compostela)|El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'', ''[[Villagarcía-Carril]]'' e ''[[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]]'', e en ''[[El Eco de Galicia (Buenos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario ''[[La Nación]]'' de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.


Publicou varias obras bilingües e o ''Diccionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''[[Villagarcía-Carril]]'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).
Publicou varias obras bilingües e o ''Diccionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''[[Villagarcía-Carril]]'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2017 ás 18:11

Francisco Porto Rey, retrato en Vida Gallega, 1919.

Francisco Porto Rey, nado na rúa do Carme do Carril (Vilagarcía de Arousa) o 16 de xaneiro de 1876 e finado en Vigo o 22 de maio de 1941, foi un xornalista e escritor galego e galeguista.

Traxectoria

Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en El Ciclón, El Cínife, Faro de Vigo, Galicia, Villagarcía-Carril e Galicia Nueva, e en El Eco de Galicia e no diario La Nación de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como Farruco Porto Rey. Colaborou con Castelao en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.

Publicou varias obras bilingües e o Diccionario gallego-castellano, que apareceu en fascículos no semanario Villagarcía-Carril ata o 17 de xuño de 1900 (foi reeditado pola Real Academia Galega en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o Diccionario gallego de Cuveiro Piñol. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Tivo relación coas Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e as Xuventudes de Defensa. Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro Salón Varietés, unha sala de cinema con capacidade para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.

O Concello de Vilagarcía de Arousa recoñeceu a súa obra e intervención social dándolle nome a unha das rúas da vila arousá[1] no barrio de Fontercarmoa[2], cuxas rúas levan nomes de destacados escritores.

Vida persoal

Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo oito irmáns (Manuel, Domingo, José, Moncho, Josefina, Luisa, Sara e "Tia" Ermitas). Josefina Porto Rey casou con Charles Lessner[3], enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. Ao seu finamento Charles Lessner foi soterrado no English Naval Cemetery de Rubiáns. A familia paterna dos Porto procede de Cerdedo e segundo informacións familiares, aínda sen documentar, teñen entre os seus devanceiros un irlandés que chegaría a Galicia fuxindo das persecucións por parte dos ingleses[4], no século XVII, posiblemente derivada da Flight of the Earls.

Casou coa mestra Antonia Casas Santiso (1857-1930) e tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo golpe de estado franquista pola súa militancia nacionalista.

Obras

  • Las mil y una composiciones, 1894.
  • Pisto, 1894 (bilingüe).
  • Diccionario gallego-castellano, 1900
  • Papel e tinta, 1901 (poesía bilingüe, con prólogo de Lisardo Barreiro).
  • Ilusiones, 1903.
  • O Alalá, 1906 (diálogo en verso galego aparecido en Eco de Arosa).
  • Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas, 1912.
  • Fermosinda, 1918.
  • A tola de Sobrán, 1927 (comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920).

Notas

  1. Rúa de Francisco Porto Rey, no rueiro de Vilagarcía.
  2. Rúa Francisco Porto Rey, en Dato Capital.
  3. Fillo de Friedrich Christian Eduard Leßner, xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de Karl Marx.
  4. Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en La Voz de Galicia (1994)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas