Constantino García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29: Liña 29:
{{Listaref}}
{{Listaref}}


{{Medallas Castelao}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 9 de xuño de 2017 ás 10:22

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.

Traxectoria

Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001.

Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.

Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo[1], retirouse da actividade cultural e intelectual.

Obra

  • Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960).
  • Léxico de la comarca compostelana (1974).
  • Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago).
  • Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia).
  • Retrincos da lingua (1982).
  • Glosario de voces galegas de hoxe (1985).
  • Temas de lingüística galega (1985).
  • Follas da lingua (1987).
  • Cousas da lingua (1989).
  • Cartafol da lingua (1990).
  • Peneirando palabras (1990).
  • Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991).
  • Tesouros da lingua (1993).
  • Glosas da lingua (1995).
  • El castellano de Galicia (1998).
  • O libro das palabras (2003).

Notas