Lingua normanda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o [[normando meridional]] falado ó sur da [[liña Joret]], unha isoglosa establecida por [[Charles Joret]] no século XIX, que ten solucións máis próximas ó [[mayennais]] e ó [[lingua galó|galó]], actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés.

No normando propiamente dito consérvanse relativamente ben o ''cotentinois'' na [[península de Cotentín]] e o ''cauchois'' no [[Pays de Caux]], o ''augeron'', do [[Pays de Auge]], está case extinto. Dialectos das Illas Anglonormandas:

* Jerriais, dialecto da lla de [[Jersey]]
* [[Jèrriais]], dialecto da lla de [[Jersey]]
** Sercquiais, dialecto da illa de [[Sark]], derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey
** Sercquiais, dialecto da illa de [[Sark]], derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey
* Dgèrnésiais, dialecto da illa de [[Guernsey]]
* Dgèrnésiais, dialecto da illa de [[Guernsey]]

Revisión como estaba o 31 de maio de 2017 ás 16:11

Normando
Normand
Falado en: Francia e Reino Unido
Rexións: Normandía e as Illas do Canal
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-Occidental
    Galo-ibérica
     Galo-Romance
      Normando
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
Mapa
Status

O normando é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península do Cotentín e o Pays de Caux.

Dialectos

Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó galó, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito consérvanse relativamente ben o cotentinois na península de Cotentín e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto. Dialectos das Illas Anglonormandas:

  • Jèrriais, dialecto da lla de Jersey
    • Sercquiais, dialecto da illa de Sark, derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey
  • Dgèrnésiais, dialecto da illa de Guernsey
  • Auregnais, dialecto da illa de Alderney, agora extinto.

Influencia no inglés

Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés:

Inglés Normando Francés
fashion < faichon = façon
cabbage < caboche = chou (cf. caboche)
castle < castel = château, castelet
cauldron < caudron = chaudron
causeway < cauchie = chaussée
catch < cachi = chasser
cater < acater = acheter
mug < mogue/moque = tasse, boc
wicket < viquet = guichet (cf. piquet)

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Lingua románica