Diferenzas entre revisións de «Verbo irregular»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(enuso)
 
Sem resumo de edição
 
Hai que destacar que nos verbos con T’ non se produce sincretismo entre o SF (der, deres,...) e o IC (dar, dares,...)
 
 
 
Os verbos irregulares presentan diverxencias dos modelos regulares tanto na raíz coma na VT.
No tema de presente poden presentar ata tres radicais distintos:
*R1 ou radical da P1 do PrI e de todo o PrS (digo, diga, digamos).
*R2 ou radical rizotónico da P2, P3, P6 do PrI e da P2 do Imp. (dis, di, din, di).
*R3 ou radical arrizotónico da P4, P5 do PrI, P5 do Imp. e demais formas do tema de presente. O futuro de indicativo e condicional soen presenta-la R3
Canto ó tema de perfecto hai un grupo de 18 verbos que presentan un tema (R+VT) específico para a conxugación dos temas de perfecto. Son os verbos caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poder, poñer, pór, pracer, querer, saber, ser, ter, traer, ver, vir.
Neste grupo as P1 e P3 levan acento na raíz, mentres que nos verbos regulares este está na vocal temática, por iso se coñecen a estes perfectos co nome de perfectos fortes. Hai que destacar que nestes verbos non se produce o sincretismo formal entre o Futuro de Subxuntivo e o Infinitivo Conxugado, o construírse o primeiro sobre o tema de perfecto e o segundo sobre o de presente.
No que se refire á raíz, tódolos verbos citados máis arriba, agás de dar e ver, presentan unha variante no tema de perfecto diferente das que aparecían no tema de presente. Os verbos dar e ver son irregulares polo comportamento da VT, que non se corresponde co comportamento desta vocal nos verbos da CI e CII, como sucedía no tema de presente
 
==A raíz no tema de presente==
Normalmente establécese algunha diferenciación entre a R1 e mailo resto das formas que pode consistir en presentar unha raíz incrementada cun [j] que se agrupa coa vocal radical formando un ditongo decrecente, en modifica-la consoante final da raíz ou en engadir un segmento fonolóxico (vexo). Algúns verbos teñen ademais certas variacións nas R2 e R3
 
==Alternancias entre R2 e R1==
O único verbo que mantén invariable a súa raíz é ir, con R2 e R1 /ba/. A forma vou pode ser analizada como resultado fonolóxico da unión da raíz /ba/ coa desinencia /O/. Os demais verbos presentan algunha das seguintes modificacións:
➀. Incremento de Iode
Os verbos caber e saber teñen unha R1 incrementada cun iode, igual ca poder e querer (agás na P1 do PrI). Saber ten como P1 unha raíz truncada, semellante a haber.
Tamén traer presenta un segmento [j] nesta raíz, como sucedía con outros verbos con raíz rematada en vocal (-aer).
➁. Adición dunha consoante
Engádese unha consoante nos verbos que teñen unha R2 rematada en vocal, como dicir, facer, haber, ver
➂ Verbos con raíz rematada en nasal
Os verbos poñer e pór, ter, vir teñen a R2 e maila R1 rematada en nasal (agás na P2 do PrI (po-s, te-s, vé-s). Cando a nasal queda en posición intervocálica (ante a VT ou un SMT) a nasal que aparece é a palatal, como se ve na P6 do PrI e no PrS. Desta maneira pode considerarse que manteñen unha única base radical para toda a R2, con variantes contextuais. A diferenciación coa R1 establécese polo timbre da vocal radical, que pecha un grao: p[O]ñen / p[o]ña, t[E]ñen / t[e]ña, v[E]ñen / v[e]ña.
No imperativo presentan a raíz illada e con vocal medio-pechada: pon, ten, ven
➃ Verbos con alongamento en /e/ na R1
Os verbos dar e estar seguen este comportamento no PrS:
/de/: dea, deas, dea, deamos, deades, dean
/este/: estea, esteas, estea, esteamos, esteaestes, estean.
Este incremento non aparece na P1 do PrI nin no Imp., que teñen raíz /d/ (dou, dá) e /est/ (estou, está). Obsérvese que a R2 de estar é anómala por ser átona en todo o presente e na P2 do Imp. (e polo tanto con VT tónica).
 
 
== Alternancias entre R2 e R3 ==
Entre estas raíces algúns verbos irregulares non presentan ningunha variación, e así dos verbos caber, saber ou dar temos: cabes / cabemos, cabía, caber,...; sabes / sabemos, sabía, saber,...; dás / damos, daba, dar, dá, dará,...
Outros verbos irregulares presentan outras alternancias entre as dúas raíces:
➀ Alternancia de timbre da vocal radical
Os verbos poder e querer presentan a mesma alternancia de timbre que viamos nos verbos regulares da CII, con VR nas P2, P3 e P6 do presente /O/, /E/, fronte a /o/, /e/ na R3: pOdes ( podemos, podía, poder, poderei; quEres / queremos, quería, querer, quererei. Tamén poñer presenta esta alternancia: pOs / poñemos, poñía, poñer,...
➁ Verbos con radical en nasal
Os verbos poñer (e pór), ter e vir seguen un comportamento moi semellante entre si. Todos tres teñen vocais radicais medio-abertas na R2 e vocais medio-pechadas nas formas da R3, agás no imperfecto de indicativo, en que (coa excepción de poñer) a vocal radical é de timbre pechado:
pOn/poñemos, poñedes, poñía, poñer, poñerei, poñede vEn/vimos, vides, viña, vir, vido, vide
pOn/pomos, pondes, puña, pór, porei, ponde tEn/temos, tedes, tiña, ter, tido, terei, tede
 
Mentres que poñer mantén a raíz nasal en tódolos casos, ter e vir teñen unha variante sen nasal en tódalas formas temáticas, coa conseguinte fusión de vocais. O verbo pór ten tamén raíz acabada en nasal, pero é sempre atemático. Os verbos ter e vir teñen unhas variantes dialectais para a P5 do PrI (recollidas na normativa vixente) que, paralelamente ás formas correspondentes de pór, están constitruídas con raíz rematada en nasal e son atemáticas: ten-des, vin-des.
➂ Verbos con R3 ampliada
Algúns verbos alternan unha R2 reducida rematada en vocal cunha R3 rematada en consoante. Así o fai haber: ha, hai / habemos, habedes, había, haberá, habería, haber, habido.
Os verbos facer e dicir constrúen o futuro e o condicional e maila P2 do imperativo coa mesma variante reducida da R2: fas / farei, faría, fai ∼facemos, facía, facer, facede; dis / direi, diría, di ∼ dicimos, dicía, dicir, dicide.
➃ Verbos con máis dunha R3
Unicamente os verbos ser e ir presentan máis dunha R3. Así a raíz de ir é /i/, pero na P4 do Imper. presenta unha raíz /ba/ que se está a estender na lingua popular (seguramente apoiada pola influencia do castelán) ás P4 e P5 do PrI e á P5 do Imperat. En consecuencia, na lingua popular pode darse a alternancia seguinte: vas /ía, ir, imos-vamos, ides-vades, ide-vade; vai, vamos (imper.).
O verbo ser, que tiña como R2 /E/ e /so/, presenta a raíz /E1/ no Imperf.Ind., /so/ nas p4 e p5 do Pres. Ind. (somos, sodes; cfr. so-n) e unha variante /s/ no resto: ser, sido, serei, sería.
E) Participios con variantes especiais da raíz
Do mesmo xeito que acontecía cos verbos regulares, tamén algúns verbos irregulares forman participios atemáticos cunha raíz que ten a mesma vocal radical da R2, pero que en certos casos presenta modificacións (reducción ou ampliación) do consonantismo final da raíz: di-to, pOs-to, fei-to.
 
==A raíz do tema de perfecto==
As diferencias entre as raíces do Tema de Pmfecto e as do Tema de Presente nos verbos irregulares poden reducirse a uns poucos tipos, que son os seguintes:
➟ Altemancia entre unha vocal aberta ou media e un ditongo: /a/ - /owl (haber / houbo, saber / soubo, caber / coubo), /o/ - /uj/ (poder / puido). Esta alternancia tamén se encontra en traer, que ademais amplía a raiz con /S/: traer / trouxo.
➟ Alternancia da consoante final da raíz. Os verbos dicir, querer, facer mudan a consoante por /S/, e ademais os dous últimos cambian a VR en /i/: dicir / dixo, querer / quixo, facer / fixo.
➟ Ampliación da raíz con /ib/, que afecta a estar e ter: estar / estivo, ter / tivo.
➟ Os verbos poñer (ou pór) e vir teñen un comportamento particular, e a pesar de que no Tema de Presente sigan un patrón de variación semellante, no Tema de Perfecto seguen camiños diverxentes. Vir ten unha raíz rematada en nasal (/biN/ na p1 do Perf., en ausencia de VT e SF, e /biñ-/ no resto das fornas), excepto na p3 do Perf., que ten raíz /bE/: vin, viñ-eches, ve-u, viñ-emos, viñ-estes, viñ-eron; viñ-era... viñ-ese...
En cambio, poñer cambia a Vocal Radical e maila consoante final da raíz: pux-en, pux-eches, pux-o, pux-emos, pux-estes, pux-eron; pux-era.. pux-ese...
➟ Ser e ir teñen unha raíz común para o Tema de Perfecto, distinta das que presentaban no Tema de Presente: /fu/ para as Pl e P2 do Perf. e /fo/ para tódalas outras formas: fu-n, fu-ches, fo-i, fo-mos, fo-stes, fo-ron, fo-ra, fo-se.
40.243

edicións

Menú de navegación