Parlamento de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 33: Liña 33:
|estructura1_res = 200px
|estructura1_res = 200px
|grupos_politicos1 = {{lenda|#1E90FF|color2=white|texto2=41|[[Partido Popular de Galicia|PPdeG]]}}{{lenda|#0036FF|color2=white|texto2=14|[[En Marea]]}}{{lenda|#FF0000|color2=white|texto2=14|[[Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE|PSdeG-PSOE]]}}{{lenda|#87CEFA|color2=white|texto2=6|[[Bloque Nacionalista Galego|BNG]]}}
|grupos_politicos1 = {{lenda|#1E90FF|color2=white|texto2=41|[[Partido Popular de Galicia|PPdeG]]}}{{lenda|#0036FF|color2=white|texto2=14|[[En Marea]]}}{{lenda|#FF0000|color2=white|texto2=14|[[Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE|PSdeG-PSOE]]}}{{lenda|#87CEFA|color2=white|texto2=6|[[Bloque Nacionalista Galego|BNG]]}}
|salario1 = 4.800 [[Euro|€]]/mes<ref>{{Cita noticia|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/10/31/diputados-gallegos-mantienen-sueldo-4800-euros-mes/00031477928176456825685.htm|título=Los diputados gallegos mantienen el mismo sueldo de 4.800 euros al mes|obra=La Voz de Galicia|data=31 de outubro de 2016|lugar=Santiago de Compostela}}</ref>
|salario1 =
|autoridade = <small> Título Primeiro, Capítulo Primeiro do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]]</small>
|autoridade = <small> Título Primeiro, Capítulo Primeiro do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]]</small>
|lema =
|lema =

Revisión como estaba o 24 de maio de 2017 ás 13:53

Parlamento de Galicia
X Lexislatura
Datos xerais
Ámbito Galicia
Creación1981
TipoParlamento autonómico (unicameral)
LímiteLexislatura de 4 anos
Liderado
PresidenteMiguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
desde o 21 de outubro de 2016[1]
Vicepresidente PrimeiroDiego Calvo Pouso (PPdeG)
desde o 21 de outubro de 2016
Líder da maioríaAlberto Núñez Feijóo (PPdeG)
desde o 2016
Líder da oposiciónLuis Villares (En Marea)
desde o 2016
Composición
Membros75 deputados
GaliciaParliamentDiagram2016.svg
Grupos representados     PPdeG     En Marea     PSdeG-PSOE     BNG
Salario4.800 /mes[2]
Título Primeiro, Capítulo Primeiro do Estatuto de Autonomía de Galicia
Eleccións
Sistema electoralRepresentación proporcional por listas
Última elección25 de setembro de 2016
Sede(s)
Hemiciclo da cámara (Pazo do Hórreo, Santiago de Compostela)
Sitio web
www.parlamento.gal
Cronoloxía

IX Lexislatura

XI Lexislatura

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Como os parlamentos do País Vasco, Cataluña e Andalucía, o Parlamento de Galicia foi constituído tras as primeiras eleccións autonómicas, celebradas no 1981 (a partires da redacción do Estatuto de Autonomía polo procedemento marcado no artigo 151.2 da Constitución), polos membros das Cortes Xerais elixidos nas provincias correspondentes na primeira lexislatura da monarquía, presidida por Adolfo Suárez.

A primeira sesión constitutiva do Parlamento de Galicia tivo lugar o 19 de decembro de 1981 (I Lexislatura) no Pazo de Xelmírez, unha vez celebradas as primeiras elecciónes autonómicas da nosa historia, o 20 de outubro de 1981. Previamente, o 18 de maio de 1981, entrara en vigor o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado no referendo celebrado o 21 de decembro de 1980.

Funcións

  • Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
  • Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia.
  • Aprobar os seus orzamentos.
  • Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
  • Escoller de entre os seus membros ao presidente da Xunta de Galicia.
  • Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
  • Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
  • Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento representa ao pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan todas as outras, e é inviolable.

Sede

Artigo principal: Pazo do Hórreo.
Pazo do Hórreo.

O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.

Sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca.

Composición

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Para a configuración da cámara na X Lexislatura foron convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia mediante o Decreto 92/2016[3]. Nestas eleccións celebradas o 25 de setembro, o resultado foi:

Mesa do Parlamento

Grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia

Nome Partidos Portavoz Escanos
Grupo Parlamentario Popular PPdeG Pedro Puy Fraga 41
Grupo Parlamentario de En Marea En Marea Luis Villares Naveira 14
Grupo Parlamentario Socialista PSdeG Xoaquín María Fernández Leiceaga 14
Grupo Parlamentario Nacionalista BNG Ana Belén Pontón Mondelo 6

Actividade

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.

Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.

Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

Composición do Parlamento de Galicia nas anteriores lexislaturas

Polo Decreto 92/2016[4], de 1 de agosto, queda disolto o Parlamento de Galicia elixido o día 21 de outubro de 2012, e convócanse eleccións que terán lugar o día 25 de setembro de 2016. Nestas eleccións sae elixida a configuración da cámara para esta X Lexislatura.

Póndense consultar esta e anteriores composicións no seguinte enlace: Composicións anteriores.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas