Gerda Taro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño bandeiras e O Escorial
Liña 8: Liña 8:
|nome_nacemento = Gerta Pohorylle
|nome_nacemento = Gerta Pohorylle
|data_de_nacemento = [[1 de agosto]] de [[1910]]
|data_de_nacemento = [[1 de agosto]] de [[1910]]
|lugar_de_nacemento = {{bandeira|Alemaña|imperio}} [[Stuttgart]], [[Imperio Alemán]]
|lugar_de_nacemento = {{flagicon|Alemaña|empire}} [[Stuttgart]], [[Imperio Alemán]]
|data_de_falecemento = [[26 de xullo]] de [[1937]] (26 anos)
|data_de_falecemento = [[26 de xullo]] de [[1937]] (26 anos)
|lugar_de_falecemento= {{bandeira republicana|España}} [[El Escorial]], [[II República Española|España]]
|lugar_de_falecemento= {{flagicon|España}} [[O Escorial]], [[II República Española|España]]
|nacionalidade = alemá
|nacionalidade = alemá
|ocupación = [[Fotografía]]
|ocupación = [[Fotografía]]
Liña 22: Liña 22:




'''Gerda Taro''', pseudónimo de '''Gerta Pohorylle''' ([[Stuttgart]], [[Alemaña]], [[1 de agosto]] de [[1910]] – [[El Escorial]], [[España]], [[26 de xullo]] de [[1937]]), foi unha pioneira [[xornalista gráfica de guerra]] e parella sentimental do fotógrafo Ernest Andrei Friedman. Xuntos fotografaban co pseudónimo [[Robert Capa]], sendo difícil saber que fotos son de cada un. É considerada a primeira [[fotoxornalista]] muller que cubriu unha fronte de guerra e a primeira en falecer ao facelo.<ref>García, M. (2014, xaneiro 5). Robert Capa, reportero de guerra. ''La Jornada'', suplemento cultural dominical "La Jornada Semanal", núm. 983, pp. 8-10. (Consultado 5 de xaneiro de 2014)</ref>
'''Gerda Taro''', pseudónimo de '''Gerta Pohorylle''' ([[Stuttgart]], [[Alemaña]], [[1 de agosto]] de [[1910]] – [[O Escorial]], [[España]], [[26 de xullo]] de [[1937]]), foi unha pioneira [[xornalista gráfica de guerra]] e parella sentimental do fotógrafo Ernest Andrei Friedman. Xuntos fotografaban co pseudónimo [[Robert Capa]], sendo difícil saber que fotos son de cada un. É considerada a primeira [[fotoxornalista]] muller que cubriu unha fronte de guerra e a primeira en falecer ao facelo.<ref>García, M. (2014, xaneiro 5). Robert Capa, reportero de guerra. ''La Jornada'', suplemento cultural dominical "La Jornada Semanal", núm. 983, pp. 8-10. (Consultado 5 de xaneiro de 2014)</ref>


== Biografía ==
== Biografía ==
Liña 44: Liña 44:
Gerda Taro perdeu a vida nun accidente durante o repregamento do exército republicano. Gerda subiu ao estribo do coche do [[Karol Świerczewski|xeneral Walter]] (membro das [[Brigadas Internacionais]]). Nun momento dado, uns avións inimigos voando a baixa altura fixeron que estalase o pánico no convoi e Gerda caeu ao chan, tras unha pequena elevación do terreo. Nese momento un tanque republicano entrou marcha atrás ao camiño saltando a elevación tras a que se atopaba Taro e caeu sobre ela.
Gerda Taro perdeu a vida nun accidente durante o repregamento do exército republicano. Gerda subiu ao estribo do coche do [[Karol Świerczewski|xeneral Walter]] (membro das [[Brigadas Internacionais]]). Nun momento dado, uns avións inimigos voando a baixa altura fixeron que estalase o pánico no convoi e Gerda caeu ao chan, tras unha pequena elevación do terreo. Nese momento un tanque republicano entrou marcha atrás ao camiño saltando a elevación tras a que se atopaba Taro e caeu sobre ela.


A eiruga do tanque destripouna, polo que foi trasladada urxentemente ao hospital inglés de El Goloso de [[El Escorial]]. Alí morreu poucas horas despois, na madrugada do [[26 de xullo]] de [[1937]], seis días antes de cumprir 27 anos. O seu corpo foi trasladado a París, onde recibiu todos os honores como unha heroína republicana. Os seus restos están enterrados na división 97 do [[Cemiterio do Père-Lachaise]],<ref>{{cita web |url=http://www.findagrave.com/cgi-bin/fg.cgi?page=gr&GRid=14667333 |título=Gerda Taro |dataacceso=6 de marzo de 2013 |autor= |data=21 de xuño de 2006 |obra=FIndagrave.com |idioma=inglés |cita= }}</ref> en [[París]].
A eiruga do tanque destripouna, polo que foi trasladada urxentemente ao hospital inglés de El Goloso do [[O Escorial|Escorial]]. Alí morreu poucas horas despois, na madrugada do [[26 de xullo]] de [[1937]], seis días antes de cumprir 27 anos. O seu corpo foi trasladado a París, onde recibiu todos os honores como unha heroína republicana. Os seus restos están enterrados na división 97 do [[Cemiterio do Père-Lachaise]],<ref>{{cita web |url=http://www.findagrave.com/cgi-bin/fg.cgi?page=gr&GRid=14667333 |título=Gerda Taro |dataacceso=6 de marzo de 2013 |autor= |data=21 de xuño de 2006 |obra=FIndagrave.com |idioma=inglés |cita= }}</ref> en [[París]].
[[File:Dos soldados republicanos con un soldado en una camilla.JPG|thumb|''Dous soldados republicanos cun soldado nunha padiola'', Puerto de Navacerrada, [[ofensiva de Segovia|fronte de Segovia]], España, finais de maio-principios de xuño de 1937 (un dos negativos recuperados, fotografía de Gerda Taro. Descrición tomada de [http://web.archive.org/web/http://museum.icp.org/mexican_suitcase/castella/galeria_taro.html# ICP]).]]
[[File:Dos soldados republicanos con un soldado en una camilla.JPG|thumb|''Dous soldados republicanos cun soldado nunha padiola'', Puerto de Navacerrada, [[ofensiva de Segovia|fronte de Segovia]], España, finais de maio-principios de xuño de 1937 (un dos negativos recuperados, fotografía de Gerda Taro. Descrición tomada de [http://web.archive.org/web/http://museum.icp.org/mexican_suitcase/castella/galeria_taro.html# ICP]).]]



Revisión como estaba o 24 de maio de 2017 ás 11:59

Infotaula de personaGerda Taro

Gerda Taro en España, xullo de 1937 (fotografía de Guillermo Zúñiga).
Biografía
NacementoGerta Pohorylle
1 de agosto de 1910
Alemaña Stuttgart, Imperio Alemán
Morte26 de xullo de 1937 (26 anos)
España O Escorial, España
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Atropelamento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 97 48°51′35″N 2°23′58″L / 48.859758, 2.399561
Grave of Taro (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGerda Taro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadealemá
Actividade
Campo de traballoPeriodismo fotográfico Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París
España Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFotografía
Período de actividade1935 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorAlliance-Photo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFigure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo catalán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaErnest Andrei Friedman Robert Capa
PaisHeinrich Pohorylle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Gisela Boral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1 de agosto de 1937Funeral Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1817879 WikiTree: Pohorylle-1 Find a Grave: 14667333 Editar o valor em Wikidata



Gerda Taro, pseudónimo de Gerta Pohorylle (Stuttgart, Alemaña, 1 de agosto de 1910O Escorial, España, 26 de xullo de 1937), foi unha pioneira xornalista gráfica de guerra e parella sentimental do fotógrafo Ernest Andrei Friedman. Xuntos fotografaban co pseudónimo Robert Capa, sendo difícil saber que fotos son de cada un. É considerada a primeira fotoxornalista muller que cubriu unha fronte de guerra e a primeira en falecer ao facelo.[1]

Biografía

Gerda Taro chamábase en realidade Gerta Pohorylle, e era filla de xudeus polacos. A pesar das súas orixes burguesas, desde moi nova entrou a formar parte de movementos socialistas e obreiros. Por iso coa chegada dos nazis ao poder, e tras sufrir unha detención, decidiu fuxir cunha amiga a París.

En París coñeceu por casualidade a Ernest Andrei Friedman, un xudeu húngaro que tentaba gañar a vida como fotógrafo. Gerda e Andrei fixéronse noivos e Andrei ensinoulle a Gerda os seus coñecementos de fotografía.

Como non lles ían ben as cousas e non recibían traballo, ocorréuselles unha curiosa idea. Inventarían un personaxe chamado Robert Capa, que supostamente era un reputado fotógrafo chegado dos Estados Unidos para traballar en Europa. Como é tan famoso, vende as súas fotos a través dos seus representantes: Friedman e Pohorylle, ao triplo do prezo que un fotógrafo francés. Este truco funciona perfectamente e ao pouco tempo reciben moreas de encargos e por fin gañan diñeiro.

Guerra Civil Española

thumb|left|Entrenamiento de una miliciana republicana fotografiado por Gerda Taro En 1936 dá comenzo a Guerra Civil Española, que marcaría decisivamente a ambos. Trasládanse a España para cubrir o conflito. Foron testemuñas de diferentes episodios da guerra, e realizaban reportaxes que logo eran publicados en revistas como Regards ou Vu.

Ao principio a marca «Capa» era utilizada indistintamente por ambos os fotógrafos. Logo produciuse certo distanciamento entre eles e Andrei Friedman quedou co nome de «Robert Capa». Pouco antes de morrer ela comezaría a empregar a sinatura de «Photo Taro».[2]

Do traballo de Gerda en solitario a súa reportaxe máis importante foi a da primeira fase da batalla de Brunete. Gerda foi testemuña do triunfo republicano nesta primeira fase da batalla. Esta reportaxe foi publicada en Regards o 22 de xullo de 1937 e deulle a Gerda un gran prestixio. [[Archivo:RobertCapabyGerdaTaro.jpg|thumb|right|Fotografía de Robert Capa realizada por Gerda Taro]] Porén pouco despois as tropas franquistas iniciarían un contraataque, e Gerda decidiu volver á fronte de batalla en Brunete. Alí foi testemuña dos bombardeos da aviación do bando sublevado, e realizou moitas fotografías, poñendo en perigo a súa vida. Aquela batalla finalizou en derrota para o bando republicano.

Falecemento

Gerda Taro perdeu a vida nun accidente durante o repregamento do exército republicano. Gerda subiu ao estribo do coche do xeneral Walter (membro das Brigadas Internacionais). Nun momento dado, uns avións inimigos voando a baixa altura fixeron que estalase o pánico no convoi e Gerda caeu ao chan, tras unha pequena elevación do terreo. Nese momento un tanque republicano entrou marcha atrás ao camiño saltando a elevación tras a que se atopaba Taro e caeu sobre ela.

A eiruga do tanque destripouna, polo que foi trasladada urxentemente ao hospital inglés de El Goloso do Escorial. Alí morreu poucas horas despois, na madrugada do 26 de xullo de 1937, seis días antes de cumprir 27 anos. O seu corpo foi trasladado a París, onde recibiu todos os honores como unha heroína republicana. Os seus restos están enterrados na división 97 do Cemiterio do Père-Lachaise,[3] en París.

Dous soldados republicanos cun soldado nunha padiola, Puerto de Navacerrada, fronte de Segovia, España, finais de maio-principios de xuño de 1937 (un dos negativos recuperados, fotografía de Gerda Taro. Descrición tomada de ICP).

Notas

  1. García, M. (2014, xaneiro 5). Robert Capa, reportero de guerra. La Jornada, suplemento cultural dominical "La Jornada Semanal", núm. 983, pp. 8-10. (Consultado 5 de xaneiro de 2014)
  2. Arroyo Jiménez & Doménech Fabregat 2015, p. 121.
  3. "Gerda Taro". FIndagrave.com (en inglés). 21 de xuño de 2006. Consultado o 6 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas