Sincretismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 15: Liña 15:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Filosofía]]
[[Categoría:Filosofía]]

Revisión actual feita o 23 de maio de 2017 ás 07:29

Sincretismo fai referencia ao sistema filosófico integrado por elementos que son froito da unión e conciliación de doutrinas distintas. Comunmente enténdese que estes axustes non gardan unha coherencia substancial. Tamén se utiliza en alusión á cultura ou a relixión para resaltar o seu carácter de fusión e asimilación de elementos diferentes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra provén do grego antigo sinkretismós ("coalición de dous adversarios contra un terceiro"), en alusión pexorativa aos cretenses, a quen os gregos consideraban traizoeiros.

Isto pódese reflectir claramente coa chegada dos españois a América e Canarias, coa fusión entre o cristianismo e as crenzas dos habitantes destas terras nesa época, creando así unha mestura entre doutrinas, crenzas, tradicións e lendas típicas de certos países.

O sincretismo nos novos movementos relixiosos[editar | editar a fonte]

No contexto dos novos movementos relixiosos falar de sincretismo é falar da ''New Age'' ("nova era"). Na espiritualidade desta doutrina existen movementos de múltiples relixións e doutrinas, baseándose na crenza de que todas as relixións son basicamente unha con "distintas roupas". Isto, unido á súa popularidade, fai que a New Age sexa o máximo expoñente do sincretismo no contexto dos movementos sectarios.

Aínda que o sincretismo é un trazo típico da New Age, este fenómeno afecta tamén a outras seitas, e en xeral aplícase a aquelas que toman elementos prestados de distintas relixións ou credos para facelos propios.