Sacerdote: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m →‎top: Arranxos varios
Liña 5: Liña 5:
Chámaselle ''sumo sacerdote'' a quen exerce a máxima autoridade [[Relixión|relixiosa]] nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman ''[[Papa|sumo pontífice]]'' á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).

En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante.
En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante.

O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura. En [[Galicia]] recibe popularmente os nomes de ''crego'', ''cura'' ou, debido á influencia dos frades bieitos, ''abade''.
O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura. En [[Galicia]] recibe popularmente os nomes de ''crego'', ''cura'' ou, debido á influencia dos frades bieitos, ''abade''.

Revisión como estaba o 23 de maio de 2017 ás 07:27

Sacerdote anglicano.

O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divindade.

Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).

En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante.

O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura. En Galicia recibe popularmente os nomes de crego, cura ou, debido á influencia dos frades bieitos, abade.

Definición e características

O sacerdote é sempre un intermediario entre o ámbito da divindade ou da transcendencia, e o ámbito terreal. A súa formación, nomeamento ou autoridade da que está investido autorízano a un contacto moi próximo cos distintos deuses, que lle está vedado ao resto da poboación.

O sacerdote caracterízase por:

  • Pertence a unha relixión organizada e institucionalizada, o que o diferencia doutras figuras similares como o xamán.
  • Forma parte dun grupo restrinxido e xerarquizado.
  • O acceso á condición de sacerdote implica o cumprimento dunha serie de requisitos que poden ir desde o coñecemento do corpo doutrinal da relixión correspondente ata a pertenza a unha determinada caste, coma os brahmanas da India, ou a pertenza a un determinado xénero, coma os sacerdotes católicos, que deben ser homes.
  • Ten un réxime de vida distinto do resto da poboación, o que se reflicte, por exemplo, no feito de levar vestimentas propias ou en determinadas obrigas especiais.

Véxase tamén

Outros artigos