Richard Réti: Diferenzas entre revisións
m →Publicacións: Arranxos varios |
m engado a Categoría:Xadrecistas do século XX mediante HotCat |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
[[Categoría:Finados en 1929]] |
[[Categoría:Finados en 1929]] |
||
[[Categoría:Nados no kraj de Bratislava]] |
[[Categoría:Nados no kraj de Bratislava]] |
||
[[Categoría:Xadrecistas do século XX]] |
Revisión como estaba o 23 de maio de 2017 ás 01:15
Richard Réti | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1889 |
Lugar de nacemento | Pezinok Eslovaquia |
Falecemento | 6 de xuño de 1929 |
Lugar de falecemento | Praga República Checa |
Causa | Escarlatina |
Soterrado | Old Jewish Cemetery |
Nacionalidade | Checoslovaca |
Alma máter | Universidade de Viena |
Ocupación | Xogador de xadrez |
Irmáns | Rudolph Réti |
Coñecido por | Final de Réti |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Réti, nado en Pezinok (Eslovaquia, daquela Hungría) o 28 de maio de 1889 e finado en Praga o 6 de xuño de 1929, foi un xogador de xadrez checoslovaco.
Traxectoria
Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Foi un dos máis grandes xogadores do mundo durante os anos de 1910 e os anos de 1920. Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo aperturas tales como o Gambito de rei (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da primeira Guerra Mundial, o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do hipermodernismo, xunto con Aron Nimzowitsch e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch Mein System, é considerado como o maior contribuínte literario do movemento. Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: Die neuen Ideen im Schachspiel (1922) e Die Meister des Schachbretts (1930) aínda se estudan hoxe en día.
A Apertura Réti (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo José Raúl Capablanca en Nova York en 1924 é nomeada na súa honra. Tartakower denominou a esta apertura como "a apertura dolos porvir".
Era tamén un compositor notable na parte final do xogo. En 1925 Réti logrou a marca mundial para a variedade de xadrez a cegas con 29 xogos simultáneos. Incriblemente, gañou vinte e un destes, empatou seis e perdeu soamente dous.
Publicacións
- Die neuen Ideen im Schachspiel (1922)
- Die Meister des Schachbretts (1930)