Oriol Bohigas: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
*estudi- > estud-. |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
En [[1943]] ingresou na [[Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona]], onde se graduou en [[1951]]. En [[1961]] obtivo o título de [[urbanismo|urbanista]] e no ano [[1963]] o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus |
En [[1943]] ingresou na [[Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona]], onde se graduou en [[1951]]. En [[1961]] obtivo o título de [[urbanismo|urbanista]] e no ano [[1963]] o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudos, en [[1951]] fundou xunto a outros arquitectos o ''Grupo R''. Ese mesmo ano asociouse con [[Josep Martorell]] e en [[1962]] con [[David Mackay]] formando o estudio de arquitectura [[MBM Arquitectes]]. Foi presidente da editorial ''Edicions 62'' ([[1975]]-[[1979]]). No ano [[1977]] foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, cargo que abandonou en [[1980]] para ser Delegado da área de Urbanismo do Ayuntament de Barcelona ata [[1984]]. Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do Ayuntament de Barcelona, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestruturas para Barcelona co motivo dos [[Xogos Olímpicos de 1992]]. En [[1991]], foi elixido concelleiro de Cultura. Entre [[1981]] e [[1988]] foi presidente da [[Fundación Joan Miró]]. Dende o [[2007]] é o presidente do [[Ateneo Barcelonés]]<ref>[http://www.ateneubcn.org/web/continguts/ca/apartats/menuprincipal/que_es_ateneu/junta_directiva/index.html Xunta directiva do Ateneo Barcelonés en ''ateneubcn.org''] {{Ca}}.</ref>, cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca. É catedrático Emérito pola [[Universidade Politécnica de Cataluña]] e [[Doctor Honoris Causa]] pola [[Universidade Técnica de Darmstadt]] e a [[Universidade Menéndez Pelayo]]. |
||
== Obras destacadas de MBM Arquitectes == |
== Obras destacadas de MBM Arquitectes == |
Revisión como estaba o 22 de maio de 2017 ás 10:11
Oriol Bohigas i Guardiola, nado en Barcelona o 20 de decembro de 1925, é un arquitecto catalán.
Traxectoria
En 1943 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1951. En 1961 obtivo o título de urbanista e no ano 1963 o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudos, en 1951 fundou xunto a outros arquitectos o Grupo R. Ese mesmo ano asociouse con Josep Martorell e en 1962 con David Mackay formando o estudio de arquitectura MBM Arquitectes. Foi presidente da editorial Edicions 62 (1975-1979). No ano 1977 foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, cargo que abandonou en 1980 para ser Delegado da área de Urbanismo do Ayuntament de Barcelona ata 1984. Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do Ayuntament de Barcelona, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestruturas para Barcelona co motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. En 1991, foi elixido concelleiro de Cultura. Entre 1981 e 1988 foi presidente da Fundación Joan Miró. Dende o 2007 é o presidente do Ateneo Barcelonés[1], cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca. É catedrático Emérito pola Universidade Politécnica de Cataluña e Doctor Honoris Causa pola Universidade Técnica de Darmstadt e a Universidade Menéndez Pelayo.
Obras destacadas de MBM Arquitectes
- Vivendas na Ronda do Guinardó de Barcelona (1961-1964).
- Edificio Meridiana [2] en Barcelona (1965).
- Sede de Ediciones Destino en Badalona (1965-1967).
- Escuela Thau en Barcelona (1972-1974).
- Edificio de vivendas na Kochstrasse de Berlín, Alemaña (1985-1992).
- A Vila Olímpica e o Porto Olímpico de Barcelona de Barcelona (1985-1992).
- O edificio de oficinas Palau Nou da Rambla en Barcelona (1989-1993).
- A Universidade Pompeu Fabra en Barcelona (1995-2001).
- A ampliación de El Corte Inglés de Barcelona (1998-2004).
Premios e galardóns
- 1986 Medalla de Ouro ó Mérito Artístico da Cidade de Barcelona.
- 1990 Medalla de Ouro da Arquitectura que concede o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Foi galardoado tamén ese ano Francisco Cabrero.
- 1991 Cruz de Sant Jordi concedida pola Generalitat de Cataluña.
- 1999 Premio Ciutat de Barcelona á Proxección Internacional, outorgado polo Ayuntament de Barcelona.
- Galardoado en diversas ocasións co Premio FAD[3], do cal foi un dos impulsores, nos anos 1959 (Rueiro Pallars), 1962 (Rueiro Escorial), 1966 (Borrell), 1979 (Rueiro La Salut), 1984 (Palacio Pons i Pasqual), 1990 (Presentación do Canal+, con Lluis Pau) e 1991 (Porto Olímpico de Barcelona, con Albert Puigdomènech e J. R. de Clascà)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
A Galicitas posúe citas sobre: Oriol Bohigas |
- Curriculum vitae en mbmarquitectes.cat (en castelán).
- Páxina web oficial de MBM Arquitectes (en castelán), (en catalán), (en francés) e (en inglés).
- Biografía e obras en epdlp.com (en castelán).
- Biografía e obras en soloarquitectura.com (en castelán).
- Serie documental de arquitectura Elogio de la luz: Oriol Bohigas. Dirección: Juan Martín de Blas, 2003 (en castelán).