Historia da India: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños​
m Punjab
Liña 1: Liña 1:
A '''historia da India''' na época precedente a [[1947]] é inseparable da historia do subcontinente asiático ao cal pertence esta nación. A civilización neolítica do [[III milenio a. C.|terceiro milenio a.C]] estendíase no que hoxe é [[Paquistán]] e a parte occidental da República da India.
A '''historia da India''' na época precedente a [[1947]] é inseparable da historia do subcontinente asiático ao cal pertence esta nación. A civilización neolítica do [[III milenio a. C.|terceiro milenio a.C]] estendíase no que hoxe é [[Paquistán]] e a parte occidental da República da India.
A civilización [[Vedas|védica]] estendeuse ata o [[I milenio a. C.|primeiro milenio a.C]] sobre todo ao norte da India, desde o [[Punxab]] e a chaira do [[Ganxes]] ata [[Bangladesh]].
A civilización [[Vedas|védica]] estendeuse ata o [[I milenio a. C.|primeiro milenio a.C]] sobre todo ao norte da India, desde o [[Punjab]] e a chaira do [[Ganxes]] ata [[Bangladesh]].


Ao principio do período dos [[Monarquía|Reinos]] Medios, o norte da India estaba dominada polos [[ario]]s, mentres que no sur a cultura [[Dravida|dravidiana]] era prominente. A partir do [[século X]], os [[imperio]]s [[Islamismo|islámicos]] establecéronse no noroeste de India, culminando coa era [[Mogol]].
Ao principio do período dos [[Monarquía|Reinos]] Medios, o norte da India estaba dominada polos [[ario]]s, mentres que no sur a cultura [[Dravida|dravidiana]] era prominente. A partir do [[século X]], os [[imperio]]s [[Islamismo|islámicos]] establecéronse no noroeste de India, culminando coa era [[Mogol]].

Revisión como estaba o 18 de maio de 2017 ás 00:28

A historia da India na época precedente a 1947 é inseparable da historia do subcontinente asiático ao cal pertence esta nación. A civilización neolítica do terceiro milenio a.C estendíase no que hoxe é Paquistán e a parte occidental da República da India. A civilización védica estendeuse ata o primeiro milenio a.C sobre todo ao norte da India, desde o Punjab e a chaira do Ganxes ata Bangladesh.

Ao principio do período dos Reinos Medios, o norte da India estaba dominada polos arios, mentres que no sur a cultura dravidiana era prominente. A partir do século X, os imperios islámicos establecéronse no noroeste de India, culminando coa era Mogol. A historia colonial da India comeza no século XVII e esténdese ata o control da revolta por parte dos británicos en 1857. A independencia resultou na división do Raj británico en tres Estados, é dicir India, Paquistán e Bangladesh.

Era paleolítica

Pintura rupestre en Bhimbetka

Restos humanoides indican que a India foi poboada nun período que oscila entre 200.000 e 700.000 anos. Estímase que os primeiros poboadores humanos se estableceron no subcontinente hai 12.000 anos; os primeiros poboados confirmados data de fai 9.000 anos e atópanse en Bhimbetka, no actual territorio do estado de Madhya Pradesh.

Era neolítica

A cultura neolítica do sur de Asia comezou aproximadamente cara a 7.000 anos a.C no que hoxe é Baluchistán, Paquistán e é coñecida como a cultura Mehgarh. Esta comunidade era principalmente pastora e vivía en casas de barro, tecían cestas e atendían aos seus rabaños de cabras e aos seus cultivos. Ao redor de 1550 a.C, apareceu a elaboración de vasillas e outros obxectos. Esta cultura desapareceu fai uns 2.000 anos.

Era do bronce

O val do Indo

A transición entre comunidades agrícolas a comunidades urbanas máis complexas comezou entre o período de Mehgarh e 3.000 anos a.C. Este período marcou o principio dunha sociedade urbana na India, coñecida como a civilización do val do Indo, tamén chamada civilización Harappa, a cal chegou ao seu máximo desenvolvemento entre o 2800 e o 1800 a.C. Estaba centrada entre os ríos Saraswati e o Indo e estendíase ata as zonas de Ganges-Yamuna Doab, Gujarat e o norte de Afganistán.

Esta civilización fíxose notar polas cidades que construíu de ladrillos, con sistema de drenaxes e casas con múltiples cuartos. As referencias históricas máis antigas son as de Meluhla nos rexistros dos sumerios. Comparado coas civilizacións de Exipto e Sumeria (anteriores), a Civilización do Indo contaba cunha planificación urbana avanzada tecnicamente e con sistemas de medición sorprendentemente uniformes.

As ruínas de Mohenjo Daro foron nalgunha ocasión o centro desta sociedade. Os poboados da Civilización do Indo estendíase ata Bombai no sur, ata Delhi no leste, ata a fronteira con Irán no oeste e ata o Himalaia no norte. Entre as poboacións existían centros urbanos de certa importancia tales como os de Mohenjo-daro, Dholavira, Ganweriwala, Lothal e Rakhigarhi. No seu apoxeo estímase que esta rexión tivo unha poboación de máis de cinco millóns de habitantes. A día de hoxe, atopáronse máis de 2.500 cidades e poboados, principalmente na beira leste do río Indo en Paquistán, ao longo do que foi o río Saraswati. Pénsase que problemas xeolóxicos e o cambio do clima son os responsables de desecaren o río Saraswati, o que creou a aridez da rexión actual e a desaparición da civilización nesa rexión.

Estudos arqueolóxicos suxiren que as civilizacións do val do Indo dependían dos solos de aluvión dos ríos, o cal producía alto rendementos nas colleitas de cereais, grans e outros. Para o ano 2700 a.C a presenza dun Estado organizado é evidente, con regras xerárquicas e obras públicas de maior envergadura. A mediados do segundo milenio a.C, a rexión do val dos ríos, onde estaban sitos as dúas terceiras partes dos poboados atopados, desecáronse e os poboados foron abandonados.

Era védica

A civilización védica é unha cultura Indo-Ariana descrita en textos indoeuropeos compostos en sánscrito Védico. A orixe desta cultura non está aínda ben coñecida, pero si se sabe que orixinalmente era unha sociedade pastoral que se converteu posteriormente, nunha sociedade agrícola composta de catro varnas ou clases.

Os textos principais desta primitiva relixión védica eran os catro Vedás (aínda non se escribiran os Puranás nin os Upanishads).

Os Mahajanapadas

No ano 600 a.C existían dezaseis monarquías hereditarias na chaira do Indo-Ganges estendéndose desde Afganistán ata Bangladesh. As nacións máis grandes eran Magadha, Kosala, Kuru e Gandhara. O dereito ao trono, non importa como se logrou, era lexitimado polos sacerdotes, os cales compuñan xenealoxías ficticias dándolle ao rei orixes divinas.

Os ritos hindús eran complicados e realizábanos os sacerdotes. Disque os Upanishads, ou textos secundarios do hinduísmo antigo que se refiren principalmente a temas filosóficos, foron compostos ao principio deste período. A linguaxe da corte naquelas época era o sánscrito, existindo diferentes dialectos no norte da India coñecidos como prácritos (logo devidos en linguas vulgares, en oposición ao sánscrito dos textos sacros).

En 537 a.C, Gautama Buddha (Buda) crea o budismo, o cal inicialmente iría a suplir ao dharma hindú védico. Nese mesmo período, Mahavira fundou o xainismo. Ambas as dúas doutrinas eran simples e predicábanse en prácrito, o cal axudou á súa aceptación entre as masas. Aínda que o xainismo tivo un impacto limitado, o budismo estendeuse ao Tíbet, Sri Lanka e ao sueste de Asia.

Ao redor do ano 500 a.C, a rexión do Val do Indo foi invadida por Darío I, o rei persa, o cal converteu á India nunha satrapía do Imperio Achemenida. Os persas designaron a Taxila como a capital, pero a súa influencia foi marxinal e durou só 150 anos. Alexandre Magno derrotounos no cuarto século a.C, cruzando as montañas do Hindu Kush, invadindo o que é hogano Paquistán. Con todo as custosas campañas contra as forzas de Magadha e o desazo nas súas tropas, obrigou a Alexandre a replegarse logo de chegar ao río Beas en Punxab. Designou a gobernadores gregos para gobernaren a nova provincia adquirida, abrindo rutas de comercio entre a India e a Grecia. O reino de Alexandre o Magno ocupou a porción norte da península india e converteuse nunha nación marítima importante que comerciaba con Exipto e o Sueste de Asia.

O Imperio de Magadha

Entre os 16 reinos Mahajanapadas, tivo prominencia o de Magadha baixo un número de dinastías que chegaron ao seu apoxeo baixo o reinado de Asoka Maurya, un dos emperadores máis lendarios e famosos da India. Este Imperio formouse tras a conquista de dous reinos adxacentes e posuía un forte poderío bélico.

A dinastía Shishunaga

A dinastía Shishunaga fundou o Imperio Magadha no ano 684 a.C, sendo a capital Pataliputra, próxima á actual Patna. Esta dinastía durou ata o ano 424 a.C cando foi desaloxada pola dinastía Nanda. Foi neste período onde naceron dous das maiores relixións da India, o budismo e mailo xainismo, mencionados con anterioridade.

A dinastía Nanda

A dinastía Nanda foi establecida por un fillo ilexítimo do rei Mahanandin da dinastía Shishunaga. Mahapadma Nanda morreu á idade de 88 anos, reinando a maior parte dos cen anos que durou esta dinastía.

A dinastía Maurya

Ver tamén Imperio Maurya

No ano 321 a.C, o xeneral exiliado Chandragupta Maurya derrocou ao rei de Dhana Nanda, establecendo o imperio Maurya. Chandragupta foi sucedido polo seu fillo Bindusara, quen expandiu o imperio ata chegar a dominar a meirande parte do subcontinente, excepto polos extremos sur e leste da India. Durante este período, por primeira vez, o subcontinente foi gobernado centralizadamente por un só goberno.

O reino foi herdado polo seu fillo Ashoka, quen tamén tratou de expandilo. Após unha encarnizada guerra tras a invasión de Kalinga, Ashoka renunciou á violencia, converténdose ao budismo. Os editos de Ashoka son os documentos preservados máis antigos da India. So o seu reinado propagouse o budismo a través do suroeste de Asia, cambiando a historia e o desenvolvemento desta rexión. Recoñécese a Ashoka como un dos máis grandes rexentes que viu o mundo.

A dinastía Shunga

A dinastía Shunga foi establecida no ano 185 a.C, 50 anos logo da morte de Ashoka, cando o rei Brihadratha, o último da dinastía Maurya, foi brutalmente asasinado polo xefe das forzas militares, Pusyamitra Shunga, o cal ascendeu ao trono.

Os Reinos Medios (era dourada)

Os Reinos Medios, particularmente os asociados coa dinastía Gupta, son tamén coñecidos como a Era Dourada da India, dado que foi unha época de desenvolvemento cultural incomparable. Os Kushanas invadiron o noroeste da India na metade do século I desde a Asia Central e fundaron un imperio que se estendía desde Peshawar á metade do Ganxes e posiblemente ata a Baía de Bengala. Tamén incluía Bactria (no norte de Afganistán e sur de Taxisquistán). O seu poderío chegou a estenderse polo Turquestán e axudaron a propagaren o budismo na China. Na India varios reinos xurdiron. O máis antigo é o reino de Pandy ao sur de Tamil Nadu, sendo a capital Madurai. Os reinos Indo-Gregos que xurdiron após a conquista de Alexandre o Magno, gobernaron Gandhara desde o ano 180 a.C ao 10 d.C. Por aquel entón, o reino de Dravinian Pandyan, ao sur da India, comezou a tomar forma.

O imperio Satavahana

Os Satavahanas, tamén coñecidos como os Andharas, foron unha dinastía que gobernou o sur e centro de India ao comezo do ano 230 a.C. Aínda que non se sabe con exactitude canto durou esta dinastía as estimacións máis liberais indican que puido ser uns 450 anos. Antes da súa desaparición, con todo, o reinado desintegrárase en diferentes Estados, o cal unido ás ambicións dos rexentes feudais, ocasionou o seu declive.

Imperio Kushan

Artigo principal: Imperio Kushan.

O imperio Kushan, que reinou durante o período do primeiro ao terceiro século d.C., estendeuse desde o Taxiquistán ata o mar Caspio e do Afganistán ata o val do río Ganges. O imperio foi creado por tocarios no que é hoxe Turquestán Leste na China, pero era culturalmente dominado pola India do norte. Tiña contactos diplomáticos con Roma, a Persia e maila China e por varios séculos estivo no centro do comercio entre o Leste e o Oeste, expandindo o budismo a través da China.

Dinastía Gupta

O século IV e V a dinastía Gupta unificou a India.

Durante este período, denominado a Era de Ouro da India, a cultura, ciencia e administración política hindú atinxiron o seu apoxeo. Logo da súa caída no século VI, a India dividiuse novamente en numerosos reinos rexionais.

A orixe desta dinastía non está ben coñecida, aínda que o viaxeiro chinés I'tsing fala deste imperio, así como os Puranas Védicos tamén fan referencia a el. O imperio chegou á súa fin despois do ataque dos Hunos do Centro de Asia. Uns descendentes menores do clan Gupta seguiron gobernando Magadha logo da desintegración do imperio. Estes Guptas foron finalmente derrocados polo rei Vardhana Harsha, que estableceu a mediados do século VII un imperio que rivalizou co dos Guptas, malia que foi de curta duración.

Últimos Reinos Medios (era clásica)

Buddha, século V Utar Pradesh, Mathura, período Gupta (Século IV - V)

Na época final dos Reinos Medios xurdiu o reino de Chola na zona norte de Tamil Nadu e o reino de Chera en Kerala. Os portos do sur da India comerciaban activamente co Imperio Romano e co sueste de Asia, principalmente en especias. No norte, o primeiro dos Rajputs, unha serie de reinados consolidáronse e chegaron a sobrevivir preto dun milenio ata a independencia da India da dominación británica.

O imperio Harsha

O rei Harsha de Kannauj logrou reunificar o norte da India durante o seu reinado no século VII. O seu reino colapsouse após a súa morte. Desde o século XVII ao IX, tres dinastías loitaron polo control do norte da India; os Prataharas de Malwa e despois Kannauj; os Pas de Bengala e os Rashtrakutas de Deccan.

Os Chalukyas e Pallavas

O imperio Chalukya rexentou parte do sur da India desde 550 a 750 e novamente de 970 a 1190. Os Pallavas rexentaban outras partes dese territorio durante períodos similares. Durante un período de aproximadamente un século ambos os dous reinos tiveron diversas guerras menores, conquistando un a capital do outro en diversas ocasións. Os reis de Sri Lanka e de Kerelan Cheras déronlle soporte aos Pallavaras, namentres os Pandyas apoiaron aos Chalukyas. Aínda que a idea dun imperio Indio orixinada no norte da India fora descartada ao final do imperio Harsha, ese concepto trasladouse ao sur. Estas dúas dinastías son moi coñecidas polos templos feitos sobre rochas.

Os Pratiharas, Pas e Rashtrakutas

Os Pratiharas, tamén chamados Gurjara-Pratiharas foron unha dinastía India que gobernaron varios reinos no norte da India desde o século VI ao XI. O Imperio Pa controlou Bengala e Bihar desde o século VIII ata o século XII. Os Rashtrukas foron unha dinastía que reinaron o Deccan desde o século VIII ao século X logo da caída do imperio Chalukya. Estes tres reinos disputáronse o dominio do norte da India no tempo en que os Cholas prosperaban no sur.

Os Rajputs

Os primeiros reinos Rajput dos que se ten coñecemento xurdiron en Rajasthan no século VI e esta dinastía reinou na meirande parte do norte da India, incluíndo Gujarat (Solankis), Malwa (Paramaras), Bandelkhand (Chandelas) e Haryana (Tomases). A dinastía Pallava de Kanchipuran gobernou o sueste da India entre os séculos IV e IX. Os Pratihar reinaran a India antes cós Rajputs. Varias outras dinastías tales coma os Yadav, Chera, Hoysala, Sena e Pa controlaron varios reinos durante esta era.

Os sultanatos islámicos

As primeiras incursións do Islam no Sur de Asia aparecen no primeiro século após a morte do Profeta Mahoma. O califa Umayyad de Damasco enviou unha expedición a Baluchistán e Sindh no ano 711 liderizada por Muhammad bin Qasim (cuxo nome foi dado ao segundo porto de Karachi). A expedición chegou ata o norte en Multan, mais non conseguiu reter o control da devandita rexión, nin establecer o réxime islámico noutras partes de India. Porén, a presenza dunha colonia musulmá en Sindh permitiu o desenvolvemento do comercio e o intercambio cultural, do mesmo xeito cá propagación da relixión islámica a través de conversións nalgunhas partes da India.

Tres séculos despois, os turcos, persas e afgáns intentaron conquistar a India a través das rutas do noroeste. Mahmud de Ghazni (979-1030) encabezou unha serie de expedicións contra os reinos de Rajput e estableceu unha base en Punxab para futuras incursións.

O sultanato de Delhi

Durante os últimos 25 anos do século XII, Muhammad de Ghor invadiu a chaira do Indo-Ganges conquistando Ghazni, Multan, Sindh, Lahore e Delhi. Un dos seus xenerais, Qutab-ud-din Aybak proclamouse Sultan de Delhi. No século XIII, Shams ud din Iltumish (1211-1236), anteriormente un traficante de escravos, estableceu o reino turco de Delhi, o cal permitiu a outros sultáns nos 100 anos seguintes estendérense, chegando ao leste da Bengala e ao sur ata o Deccan. Este sultanato estivo suxeito a continuas conmocións, no momento en que cinco dinastías xurdiron e sucumbiron; a dinastía Slave (1206-90), a dinastía Khalji (1290-1320), a dinastía Tughlaq (1320-1413), a dinastía Sayyid (1414-51) e a dinastía Lodi (1451-1526). A dinastía Khalji baixo 'Á ud-Din (1296-1315) logrou rexentar o sur da India por un tempo, pero as loitas internas desmembraron as áreas conquistadas rapidamente. O poder en Delhi frecuentemente acadábase a través da violencia (16 dos 35 sultáns rexentes nesa época foron asasinados) e lexitimados grazas a lealdades tribais. As loitas internas e as intrigas na corte era tan frecuentes como traizoeiras; Os territorios que controlaba o sultán expandíanse e reducíanse dependendo da súa personalidade e fortuna.

Tanto o Corán como o xaria (lei islámica) trataron de substituír a relixión hindú, pero sen moito éxito. O sultán Á ud-Din tratou de instalar un sistema centralizado de goberno, o cal non logrou. Aínda que os musulmáns introduciron melloras na agricultura, mediante a construción de canles e outros métodos de irrigación, a inestabilidade política e os métodos de cobro de impostos influíron negativamente sobre a clase campesiña. Non obstante, os elevados gastos das clases aristocráticas favoreceron ao comercio nesta área, onde se viron favorecidos os artesáns que traballaban o metal e a pedra e os teceláns. Durante este período a lingua persa e moitos aspectos culturais de Persia fixéronse presentes nos centros de poder da India.

Os sultanatos do Sur

O fracaso dos sultáns de asegurárense o dominio de Deccan e do Sur da India resultou na aparición dunha serie de dinastías tales como o Sultanato de Bahmani (1347-1527) e o imperio hindú de Vijayanagara (1336-1565).

Zafar Khan, un gobernador provincial baixo os Tughluqs, rebelouse contra os turcos e proclamouse Sultán tomando o título de Á-ud-Din Bahman Shah en 1347. O sultanato Bahmani, localizado ao norte de Deccan, durou preto de dous séculos, ata que foi fragmentado en 1527 en cinco Estados menores coñecidos coma os sultanatos de Deccan (Bijapur, Golconda, Ahmednagar, Berar e Bidar). O sultanato de Bahmani adoptou os métodos de cobro de impostos e de administración establecido polos sultáns de Dehli e a súa caída foi orixinada pola competencia e odio dos inmigrantes musulmáns e hindús conversos máis estranxeiros e oficiais en servizos temporais. O sultanato de Bahmani iniciou un proceso cultural importante particularmente na arquitectura e a pintura.

Era Mogol

Artigo principal: Imperio mogol.
O Taj Mahal, monumento da Era Mogol

A principios do século XVI, os descendentes de Genghis Khan invadiron a través do Paso de Khyber e estableceron a dinastía Mogol, a cal durou 200 anos. Este imperio reinou no norte do subcontinente indio desde 1526 e comezou a declinar lentamente logo do 1707 para finalmente desaparecer tras a Guerra de Independencia de 1857. Este período tivo importantes repercusións sociais ao ser unha maioría hindú gobernada por emperadores mogois, algúns dos cales patrocinaron a cultura hindú, mentres que outros destruíron templos e fixaron impostos aos habitantes non musulmáns. Durante a fase de decadencia do imperio Mogol, que no seu apoxeo chegou a ter as dimensións do antigo imperio Maurya, xurdiron varios reinados para encheren o baleiro que deixou a desaparición de coitado imperio.

O imperio Vijayanagara

Estatua de Shiva e a súa esposa Uma. Smithsonian Institute - Wáshington

O imperio Vijayanagara (coñecido así polo nome da súa capital a cal actualmente se denomina Karnataka) expandiuse axiña cara a Madurai ao sur e Goa ao oeste. Os seus gobernantes seguiron as prácticas dos Cholas, especialmente na agricultura e comercio, promovendo as asociacións comerciais e honrando os templos con importantes dádivas. Existía, por outra banda, unha forte rivalidade co sultanato de Bahmani polo control sobre o val do río Krishna-Tungabhadra, o cal cambiaba de dominio en función ao poderío militar do momento. As asociacións de mercadores lograron baixo este imperio un grande auxe como tamén acadaron maior poder cós terratenentes e os brahmanes na corte. O comercio pasou eventualmente a mans de estranxeiros, onde árabes e portugueses competían para controlaren os portos occidentais. No 1510 Goa pasou a ser colonia portuguesa.

A cidade de Vijayanagara contiña numerosos templos con ricos ornamentos e diversos altares para os deuses. Entre os máis coñecidos está o templo dedicado a Virupaksha, unha das manifestacións de Shiva, o principal deus dos rexentes de Vijayanagar. Os templos foron un núcleo de diversas actividades culturais e intelectuais, aínda que estas actividades estaban baseadas máis nas tradicións locais que na realidade política do momento. Non había, porén, intercambio cultural cos musulmáns, xa que estes eran considerados coma impuros e, xa que logo, excluídos de entraren nos templos. Cando os rexentes dos cinco sultanatos de Deccan se uniron e atacaron Vijayanagara no 1565, o imperio derrubouse na batalla de Talikot.

A dinastía Maratha

Extensión da Confederación Maratha no 1760

Os xefes tribais de Maratha estaban ao servizo dos sultáns de Bijapur ao oeste de Deccan na época en que estaban asediados polos mogoles. Shivaji Bhonsle (1627-80), un feroz combatente recoñecido coma o "pai da nación Maratha" aproveitou este conflito e estableceu o seu principado preto de Pune, que posteriormente se convertería na capital de Maratha. Adoptando tácticas guerrilleiras, atacaba as caravanas para incrementar o seu poder en diñeiro, armas e cabalos. Shivaji atacou con éxito a enclaves mogoles, incluíndo o porto de Surat. En 1674 asumiu o título de Señor do Universo nunha pomposa coroación, a cal sinalou a súa determinación de retar ao poderío mogol, do mesmo maneira que restablecer o reino hindú en Maharashtra, de onde era orixinario. Aurangzeb pelexou tenazmente aos sucesores de Shivaji entre 1681 e 1705, mais temporalmente retrocedeu ao norte da India cando as súas finanzas comezaron a verse afectadas por esta loita e os miles de mortos ocasionados pola guerra e outras calamidades. No 1717 un emisario mogol asinou un tratado cos Marathas outorgándolles o dominio sobre Deccan a cambio do recoñecemento do reino Mogol e a remisión de certos impostos anuais. Con todo, deseguido os Marathas capturaron Malwa, Orissa e Bangala do dominio Mogol. O sur da India tamén caeu so poder dos Marathas. O recoñecemento do seu poder político finalmente ocorreu cando o emperador mogol lles invitou a que actuasen coma auxiliares dos asuntos internos do imperio, así como solicitou a súa axuda para sacar aos afgáns do Punxab.

Os Maratha a pesar do seu poderío militar non estaban equipados para administraren unha nación, nin para introduciren cambios socioeconómicos. As características deste reino era o pillaxe, o cal espavoreceu aos campesiños. Paulatinamente comezou a debilitarse o seu poderío e foron derrotados polos afgáns na sanguenta batalla de Panipat no 1761. Isto deu orixe a unha división do reino en cinco Estados independentes. Finalmente os Marathas sucumbiron ás forzas británicas na guerra Anglo-Maratha.

Os sikhs

A derrota dos Maratha a mans dos afgáns acelerou a separación de Punxab de Delhi e axudou a crear o reinado Sikh no noroeste da India. O movemento Sikh orixinouse no século segundo a.C, mais non tivo maior relevancia senón nos séculos XV e XVI, cando os ensinos dos gurús sikhs atraíron aos campesiños das rexións do norte. Sendo perseguidos polos mogois, os sikhs, baixo o mando do Gurú Gobin Singh formaron o que se dominou o Khalsa ou Exército dos Puros. O Khalsa rebelouse contra a represión económica e política dos Mogois no Punxab ao final do reinado de Aurangzeb. Con tácticas das guerrillas, aproveitaron a inestabilidade política creada polas guerras dos mogois cos afgáns e persas, enriquecéndose e expandindo o seu control territorial. En 1770, a hexemonía Sikh estendíase desde o Indo no Oeste ata Yamuna no leste e desde Multan no sur ata Jammu no norte. Pero os sikhs, do mesmo xeito que os Maharathas, eran un conglomerado desunido de doce reinos que confrontaban continuas loitas internas. Foi Ranjit Singh (1780-1839) quen promoveu a unidade dos Sikhs e a convivencia cos hindús e musulmáns. Ranjit Singh empregou oficiais europeos e introduciu unha estrita disciplina militar que lle permitiu expandir o seu territorio a partes de Afhganistan, Kashemira e Ladakh.

Época europea

A procura da riqueza e o poder atraeu aos europeos ás costas da India. En 1498, Vasco da Gama, o navegante portugués chegou a Calicut (actualmente Kozhikode, Kerala) na costa occidental. Na procura de especias e conversos ao cristianismo, os portugueses retaron a supremacía árabe no Mar de Arabia e no golfo Pérsico. No 1510 os portugueses apoderáronse de Goa, cidade que se converteu no centro do seu poder comercial e político na India e que controlaron durante de catro séculos e medio.

A competencia entre as nacións europeas ocasionou a fundación de compañías de comercio en Inglaterra (A East India Company, fundada no 1600) e nos Países Baixos (Verenigde Oos-Indische Compagnie - Compañía Unida do Leste de India - fundada no 1602). Estas compañías tiñan como misión capturaren para si o comercio das especias, rompendo o monopolio portugués na Asia. Malia que os holandeses, con maior capital e soporte do seu goberno, se adiantaron e nun primeiro momento excluíron aos ingleses do comercio das especias nas Indias Orientais, principalmente no que é hoxe Indonesia, ambas as dúas compañías estableceron a súa presenza ao longo da costa de India. Xa no 1609 os holandeses usaron varios portos na Costa Coromandel ao sur da India, especialmente Pulicat, a 20;km ao norte de Madras, onde comerciaron con escravos para as súas plantacións en Indonesia e con algodón para as súas fábricas de teas.

Os ingleses chegaron máis tarde e foi no 1639 que se estableceron en Madras. Os gobernadores indios da época viron con beneplácito a chegada dos holandeses e ingleses coa esperanza de enfrontalos aos portugueses. No 1619, Jahangir deulles permiso para comerciaren no seu territorio de Surat (en Gujarat) na costa occidental e Hunghli (en Bengala) na costa oriental. Estes e outros lugares na península, convertéronse en centros de comercio de especias, algodón, azucre, pementa e índigo.

Os axentes das compañías inglesas familiarizáronse cos costumes e linguas indias, incluíndo o persa que era o idioma oficial baixo o reino dos mogoles. En diversas formas os axentes ingleses daquela vivían como os indios, mesturándose en matrimonio e moitos deles nunca regresaron ao seu país de orixe. O coñecemento que adquiriron os ingleses sobre a India e os acordos que chegaron cos comerciantes indios deulles aos ingleses unha vantaxe competitiva sobre outros europeos. Os franceses, pola súa banda, viaxaron á India no 1664 fundando a Compañía das Indis Orientais, fundando un enclave no Pondicherry na Costa Coromandel.

No 1717 o emperador Mogol, Farrukh-siyar deulle aos británicos permiso para establecérense en trinta e oito pobos preto de Calcuta, recoñecendo a importancia de manter continuidade no comercio da rexión de Bengala. Do mesmo xeito cós holandeses e franceses. Os ingleses pagaban con prata e cobre, favorecendo as arcas dos Mogois e incrementando o emprego dos artesáns e comerciantes locais. Os poboados fortificados dos ingleses deulles poderes extraterritoriais, o cal lles permitía administraren as súas leis criminais e civís e ofrecern numerosas oportunidades de emprego, así como asilo, a estranxeiros e indios. As fábricas británicas competían favorablemente cos seus rivais en tamaño e a poboación so a influencia inglesa comezou a aumentar. As poboacións orixinalmente pesqueiras de Madras e Calcuta, así como Bombai caeron baixo a administración británica. As súas factorías e os lugares adxacentes coñecidos como Pobos Brancos, representaban a preeminencia dos británicos en termos de poder político, social e cultural. Os indios que traballaban para os ingleses moraban nos denominados Pobos Negros, a varios quilómetros das factorías.

A Compañía Británica das Indias Orientais comezou a empregar decotío aos chamados sipaios, os cales eran soldados adestrados por europeos, mais dirixidos por indios, para protexeren o seu comercio e para resolveren liortas de poder entre os xefes locais. A confrontación entre os franceses e os británicos xurdiu por primeira vez no sur da India, onde se enfrontaron tropas dirixidas por François Dupleix e Robert Clive. Entrámbolos dous bandos eslumecían por colocaren o seu candidato como "nawab" ou rexidor de Arcot, na zona ao redor de Madras. Na loita que se estendeu entre 1744 e 1763, os británicos obtiveron as maioees vantaxes após asinaren un tratado de paz , conseguindo colocar ao seu rexente. Os franceses e ingleses tamén apoiaron diferentes faccións na súa loita pola sucesión no virreinato Mogol de Bengala, sendo Clive quen gañou esta loita intervindo exitosamente ao derrocar ao Nawab Siraj-ud-daula na batalla de Palashi (a uns 150;km ao norte de Calcuta) no 1757. Clive aproveitou con astucia, facendo gala de ser un home renarte e zolado, unha serie de intereses locais en contra do "nawab" local incluíndo soldados descontentos e terratenentes e comerciantes que estaban a sacar proveito á súa relación cos británicos.

Posteriormente Clive venceu ás forzas Mogois na Buxar, ao oeste de Patna en Bihar no 1765 e o emperador Sha Alam conferiu aos ingleses os dereitos administrativos sobre a rexión de Bengala, Bihar e Orissa, unha rexión con 25 millóns de habitantes. Esta concesión estableceu de facto á Compañía Británica das Indias Orientais como o poder soberano sobre a rexión. Clive foi o primeiro gobernador de Bengala.

O Raj Británico

Artigo principal: Raj Británico.

A colonización decisiva dos británicos na India comeza a partir da batalla de Plassey no 1757 logo de derrotaren ao Nawab Siraj Ud Daulah, o cal lles permitiu ocupar a rexión de Bengala. Esta rexión constituíuse nun protectorado baixo a administración da Compañía. Desde este estado os británicos expandiron a súa influencia cara á outras rexións da India no 1850 cando tiñan so o seu dominio a meirande parte do subcontinente indio. No 1857 a rebelión dos sipaios; soldados indios ao servizo dos británicos; no norte e centro da India e a súa posterior derrota, causou que o Parlamento británico transferise o poder político e administrativo da Compañía á Coroa, sendo esta a administradora directa das colonias británicas naquela rexión ata a súa independencia.

O movemento independentista

Ao final do século XIX a India, naquel entón unha colonia británica, deu os primeiros pasos cara á independencia coa designación de conselleiros nativos ao Vicerrei da India e a creación dos concellos provinciais cuxos membros eran indios. No 1920, o líder indio Mohandas K. Gandhi (tamén coñecido como Mahatma [ou quizabes alma grande]) transformou o partido do Congreso Nacional Indio nun movemento de masas en protesta contra a dominación británica. O movemento atinxiu o seu obxectivo a través de accións parlamentarias, resistencia non violenta e desobediencia civil.

Após a independencia e a partición da India na República da India e Paquistán, por seis semanas, en agosto e setembro de 1947, os hindús, sikhs e musulmáns loitaron entre eles nunha cruenta pelexa que deixou máis de 200.000 mortos. Durante este tempo tamén ocorreu a emigración máis grande da historia cando doce millóns de indios e paquistanís se desprazaron á India ou ao Paquistán.

India actual

Desde a súa independencia a India interveu en catro guerras contra o Paquistán e unha contra a China. Tamén detonou unha bomba nuclear no 1974 e foi declarada como nación nuclear no 1998.

A primeira guerra contra Paquistán comezou no 1947 polo control de Caxemira, do mesmo xeito cá de 1965. No 1971, a India acolleu a refuxiados de Paquistán do Leste e axudou ás forzas rebeldes desa rexión na súa loita pola independencia da nación que se coñece hogano coma Bangladesh. No 1971, durante a fase final desa guerra a India interveu directamente na contenda, o que orixinou a derrota de Paquistán e a independencia de Bangladesh. No 1962 a India tamén enfrontouse militarmente á China por problemas fronteirizos.

Comezando cunha economía inspirada en ideas socialistas logo da saída dos británicos, a India foi progresando lentamente. Foron as reformas económicas adoptadas a principios da década de 1990 as que impulsaron á India a un crecemento económico máis agresivo. Actualmente a India considérase como unha nación emerxente cun gran potencial de desenvolvemento. De feito en termos de PNB é actualmente a décima potencia máis grande do mundo. Os economistas predín que ao ritmo actual de crecemento a India se converterá no 2050 na terceira economía maior do mundo, e cara ao 2020 no país máis poboado da Terra.