Ferdinand Foch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños​
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 4: Liña 4:
Alistouse na infantería francesa no ano [[1870]], combatindo na [[guerra franco-prusiana]]. Un ano despois ingresou na academia militar dende onde foi destinado á artillería en [[1873]].
Alistouse na infantería francesa no ano [[1870]], combatindo na [[guerra franco-prusiana]]. Un ano despois ingresou na academia militar dende onde foi destinado á artillería en [[1873]].


En agosto de [[1914]], tralo comezo da [[primeira guerra mundial]], tomou o mando do XXX Corpo do exército en [[Nancy]]. Durante este servizo contivo o avance das forzas [[Alemaña|alemás]] durante a Ofensiva de Primavera de 1918]] na [[Segunda Batalla do Marne]], lanzando o contraataque que sería o comezo da derrota xermana.
En agosto de [[1914]], tralo comezo da [[primeira guerra mundial]], tomou o mando do XXX Corpo do exército en [[Nancy]]. Durante este servizo contivo o avance das forzas [[Alemaña|alemás]] durante a ofensiva de primavera de 1918 na [[segunda batalla do Marne]], lanzando o contraataque que sería o comezo da derrota xermana.


En xullo de [[1918]] foi nomeado Mariscal de Francia, e como tal aceptou a rendición alemá en novembro. Tanto polo seu consello durante a [[Guerra Polaco-Bolxevique]] de [[1920]] como pola presión sobre Alemaña durante a revolta en [[Polonia]] de [[1923]] foi nomeado Mariscal de Polonia. No ano [[1919]] tamén obtivo ese mesmo título honorífico do [[Imperio Británico]].
En xullo de [[1918]] foi nomeado Mariscal de Francia, e como tal aceptou a rendición alemá en novembro. Tanto polo seu consello durante a [[guerra polaco-bolxevique]] de [[1920]] como pola presión sobre Alemaña durante a revolta en [[Polonia]] de [[1923]] foi nomeado Mariscal de Polonia. No ano [[1919]] tamén obtivo ese mesmo título honorífico do [[Imperio Británico]].


Expresou o seu descontento sobre o [[Tratado de Versalles]] coa famosa frase: "Este non é un tratado de paz, senón un armisticio de vinte anos"
Expresou o seu descontento sobre o [[Tratado de Versalles]] coa famosa frase: "Este non é un tratado de paz, senón un armisticio de vinte anos"

Revisión como estaba o 17 de maio de 2017 ás 02:10

Ferdinand Foch, nado o 2 de outubro de 1851 en Tarbes (Francia) e finado o 20 de marzo de 1929 foi un mariscal de campo francés, comandante en xefe dos exércitos aliados durante a primeira guerra mundial. Tamén fixo algunha publicación especializada.

Traxectoria

Alistouse na infantería francesa no ano 1870, combatindo na guerra franco-prusiana. Un ano despois ingresou na academia militar dende onde foi destinado á artillería en 1873.

En agosto de 1914, tralo comezo da primeira guerra mundial, tomou o mando do XXX Corpo do exército en Nancy. Durante este servizo contivo o avance das forzas alemás durante a ofensiva de primavera de 1918 na segunda batalla do Marne, lanzando o contraataque que sería o comezo da derrota xermana.

En xullo de 1918 foi nomeado Mariscal de Francia, e como tal aceptou a rendición alemá en novembro. Tanto polo seu consello durante a guerra polaco-bolxevique de 1920 como pola presión sobre Alemaña durante a revolta en Polonia de 1923 foi nomeado Mariscal de Polonia. No ano 1919 tamén obtivo ese mesmo título honorífico do Imperio Británico.

Expresou o seu descontento sobre o Tratado de Versalles coa famosa frase: "Este non é un tratado de paz, senón un armisticio de vinte anos"

Cando o Armisticio de Compiègne foi convertido en memorial nacional, foi erixida no lugar unha estatua na súa honra.

Publicou "Des Principes de la Guerre" ("Os Principios da Guerra") en 1903 e "De la Conduite de la Guerre" ("Sobre o Desenvolvemento da Guerra") en 1904.

Véxase tamén

Ligazóns externas