Premio Ramón Piñeiro de Ensaio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 40: Liña 40:
* [http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/premio.php?lang=gal&id=0 Premio Ramón Piñeiro de Ensaio na páxina de Galaxia]
* [http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/premio.php?lang=gal&id=0 Premio Ramón Piñeiro de Ensaio na páxina de Galaxia]
* [http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/09/23/bases-do-xiv-premio-de-ensaio-ramon-pineiro/ Bases do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro] 23/9/14.
* [http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/09/23/bases-do-xiv-premio-de-ensaio-ramon-pineiro/ Bases do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro] 23/9/14.

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Premios e certames literarios de Galicia]]
[[Categoría:Premios e certames literarios de Galicia]]

Revisión como estaba o 14 de maio de 2017 ás 20:44

O Premio de Ensaio Ramón Piñeiro é un premio literario vixente desde o ano 2000, en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro. Premia o mellor ensaio de entre todas as obras presentadas neste xénero en lingua galega para impulsar o estilo e a precisión desta lingua.

Historia

Este galardón nace da unión de dous premios creados con anterioridade e ambos adicados a este autor, un por parte da Editorial Galaxia e o outro a través do Centro Ramón Piñeiro (organismo dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria). Debido a unha decisión común, ambas institucións xuntaron os premios para achegar a este un maior recoñecemento cara á sociedade. Para aumentar a contía económica do galardón, contan coa colaboración da empresa Gas Natural Fenosa, ascendendo así a contía a 3000 euros.

Este premio reflexa o percorrido da obra de Ramón Piñeiro, facendo honra ao seu espírito libre e democrático tratando de incrementar a creación en lingua galega, así como facendo reflexionar sobre os problemas do momento.

Características do premio

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen.
  • Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega.
  • A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caractes.
  • O tema dos ensaios é libre.
  • Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección ‘Ensaio’.
  • Os membros do xurado, en número de cinco, serán nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.

Lista de premiados e obras

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas