Hodómetro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Isili0n moveu a páxina "Odómetro" a "Hodómetro"
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 21: Liña 21:


* [http://www.explicame.org/content/view/47/1/ Explícame: Cómo funciona un odómetro] {{es}}.
* [http://www.explicame.org/content/view/47/1/ Explícame: Cómo funciona un odómetro] {{es}}.

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Instrumentos de medida]]
[[Categoría:Instrumentos de medida]]

Revisión como estaba o 14 de maio de 2017 ás 19:25

Hodómetro mecánico.

Un hodómetro (do grego ὁδός hodós 'camiño' e μέτρον métron 'medida') é un dispositivo que indica a distancia percorrida nunha viaxe por un vehículo.

O primeiro hodómetro do que se ten noticia describiuno no século I a. C. o arquitecto romano Vitrubio na súa obra De Architectura.

Características

Os hodómetros mecánicos xeralmente están constituídos por unha serie de rodas que mostran os números por unha xaneliña. No caso dos automóbiles adoitan vir conxuntamente co velocímetro. Poden ter totais (quilómetros desde que se fabricou), parciais (desde a última vez que se puxo en cero) ou ambos.

Os vehículos fabricados actualmente teñen hodómetros electrónicos, que permiten manipular o valor dos totais por unha simple reprogramación. Nalgúns lugares utilízanse hodómetros electrónicos de precisión dixital para medir distancias nun servizo de transporte, por seren máis exactos e máis visíbeis; tamén se empregan tacógrafos que rexistran graficamente os datos. Algúns destes hodómetros permiten manter unha lista das distintas veces que se puxo en cero (ou as viaxes realizadas) para control.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas