Comité Olímpico Internacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Le Havre
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 96: Liña 96:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.olympic.org/ Web oficial do COI]
* [http://www.olympic.org/ Web oficial do COI]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Olimpismo]]
[[Categoría:Olimpismo]]

Revisión como estaba o 14 de maio de 2017 ás 18:33

O Comité Olímpico Internacional (COI) (en inglés: International Olympic Committee, IOC, en francés: Comité international olympique, CIO) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos.

O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.

Presidentes do COI

Desde 1894 o COI tivo 9 presidentes:

Nº. Nome País Período
1 Demetrius Vikelas Grecia 18941896
2 Pierre de Coubertin Francia 18961925
3 Henri de Baillet-Latour Bélxica Bélxica 19251942
4 Johannes Sigfrid Edström Suecia Suecia 19421952
5 Avery Brundage Estados Unidos de América Estados Unidos 19521972
6 Lord Killanin Irlanda Irlanda 19721980
7 Juan Antonio Samaranch España España 19802001
8 Jacques Rogge Bélxica Bélxica 2001 – 2013
9 Thomas Bach Alemaña Alemaña 2013

Reunións

Desde a súa fundación, o COI, realizou unha serie de reunións de alto nivel onde se discutiu o pasado, presente e futuro do movemento olímpico internacional. Divídense en dous tipos, a saber:

Congresos

Nos congresos, 13 na súa totalidade, celebrados en períodos de tempo irregulares, trátase sobre temas de importancia referentes ó movemento olímpico internacional nese momento; ademais exponse, discútese e conclúese sobre o nivel e historial olímpicos acadados ata ese momento e a súa proxección cara ó futuro.

Sesións

As Sesións do COI son xeralmente reunións de membros do COI onde se somete a votación cuestións ou accións a tomar referentes ó movemento olímpico. É o órgano supremo do COI e as súas decisións son finais. Cada membro do COI ten dereito a voto.

Unha sesión ordinaria efectúase unha vez ó ano. En caso de emerxencia ou de resolver puntos aínda pendentes, pódese chamar a unha sesión extraordinaria en conveniencia co Presidente do COI ou por petición escrita de polo menos as dúas terceiras partes dos membros.

As actividades máis importantes realizadas nas sesións son, entre outras:

  • Adaptar ou modificar a Carta Olímpica.
  • Elixir os membros do Comité Olímpico, o Presidente Honorario, membros honorarios e membros de honra.
  • Elixir el Presidente, Vicepresidente e todos os demais membros do Corpo Executivo.
  • Elixir a cidade sede dos Xogos Olímpicos.
  • Determinar que deportes formarán parte do calendario olímpico e cales non.

Véxase tamén

Ligazóns externas