Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref DRAG
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
Liña 9: Liña 9:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Petroloxía]]
[[Categoría:Petroloxía]]

Revisión como estaba o 14 de maio de 2017 ás 17:57

Modelaxe natural dunha rocha de arenito en Namibia.

Os arenitos[1] ou arenitas[2][3] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arenito.
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000.
  3. Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20