Cadernos Ramón Piñeiro: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m engado a Categoría:Revistas españolas do século XXI mediante HotCat |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
[[Categoría:Revistas editadas en Galicia]] |
[[Categoría:Revistas editadas en Galicia]] |
||
[[Categoría:Revistas españolas do século XXI]] |
Revisión como estaba o 11 de maio de 2017 ás 09:05
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ó estudio e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Luís Alonso Girgado e Ramón López Vázquez.
Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudios encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ó pensamento filosófico. En distintos números recolleu parte da correspondencia de Piñeiro con diferentes personalidades.
Naceron o 22 de novembro de 2003[1] co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e xa van polo número XIV (febreiro de 2010), centrado este último nunha homenaxe a Uxío Novoneyra, a quen se lle dedicara o Día das Letras Galegas dese mesmo ano. Neste número, a revista publicou case 50 textos inéditos do poeta[2].
Tódolos números están accesibles na páxina web do Centro Ramón Piñeiro[3].