Luciferina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: oxíxenooxíxeno using AWB
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Liña 47: Liña 47:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* {{cite web | url = http://www.lifesci.ucsb.edu/~biolum/chem/detail1.html | title = Major luciferin types | author = | authorlink = | coauthors = | date = 2009-01-09 | format = | work = The Bioluminescence Web Page | publisher = University of California, Santa Barbara | pages = | language = | archiveurl = | archivedate = | quote = | accessdate = 2009-03-06}}
* {{cite web | url = http://www.lifesci.ucsb.edu/~biolum/chem/detail1.html | title = Major luciferin types | author = | authorlink = | coauthors = | date = 2009-01-09 | format = | work = The Bioluminescence Web Page | publisher = University of California, Santa Barbara | pages = | language = | archiveurl = | archivedate = | quote = | accessdate = 2009-03-06}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Bioluminescencia]]
[[Categoría:Bioluminescencia]]

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 22:53

O personaxe Luciferina da mitoloxía greco-romana trátase noutro artigo
Modelo da luciferina de vagalume. Código e cores: amarelo=xofre; azul=nitróxeno; negro=carbono; vermello=oxíxeno; branco=hidróxeno.
Estrutura da luciferina de vagalume (está colocada en posición inversa de esquerda a dereita con respecto ao modelo da molécula mostrado arriba).
Femia do vagalume Lampyris noctiluca.
Estrutura da luciferina do gasterópodo Latia.
Coelenterazina.

As luciferinas (do latín lucem ferre, "levar luz") son unha clase de compostos que emiten luz, que se encontran en organismos bioluminescentes. A luciferina sofre unha oxidación catalizada encimaticamente, e o intermediato inestable resultante desta reacción emite luz ao caer ao seu estado fundamental. O termo luciferina utilízase xenericamente para referirse a calquera molécula emisora de luz que pode ser utilizada como substrato polo encima luciferase ou a fotoproteína.[1]

Tipos

As luciferinas son unha clase de pequenas moléculas substrato que en presenza do encima luciferase producen oxiluciferina e enerxía en forma de luz. Non se sabe cantos tipos de luciferina hai, pero algúns dos compostos deste tipo mellor estudados son os que se indican máis abaixo. Aínda que hai moitos tipos de luciferinas, todos comparten o uso de especies reactivas do oxíxeno para emitiren luz.[2]

Vagalumes

Artigo principal: Luciferina do vagalume.

Esta luciferina encóntrase en moitas especies de insectos da familia Lampyridae (vagalumes ou lucencús). É o substrato da luciferase (número EC 1.13.12.7) responsable da característica emisión de luz amarela dos vagalumes. A química da reacción é inusual, xa que se require ATP para a emisión de luz.[3]

Gasterópodos

A luciferina de Latia é propia do caracol de auga doce Latia neritoides. A súa denominación química é: (E)-2-metil-4-(2,6,6-trimetil-1-ciclohex-1-il)-1-buten-1-ol formato.[4]

Bacterias

As luciferinas bacterianas son un tipo de luciferinas atopadas en bacterias que viven dentro de tecidos especializados dalgunhas luras e peixes. Estes animais, a diferenza dos vagalumes, non teñen bioluminescencia propia, e son estas bacterias simbióticas as que lles dan luminescencia. A molécula consiste nun aldehido de cadea longa e unha riboflavina fosfato reducida.

Coelenterazina

Artigo principal: Coelenterazina.

A coelenterazina atópase en radiolarios, ctenóforos, cnidarios, luras, copépodos, quetognatos, peixes e camaróns. É o grupo prostético da proteína aequorina responsable da emisión de luz azul destes seres vivos.[5]

Dinoflaxelados

A luciferina de dinoflaxelados é un derivado da clorofila e é a responsable dos fenómenos de fosforescencia nocturnos observados nas augas do mar onde abundan os dinoflaxelados. Un tipo moi similar de luciferina atópase nalgúns tipos de crustáceos eufásidos (krill).

Vargulina

A vargulina atópase en certos ostrácodos e en peixes abisais, como Poricthys. Igual ca a coelenterazina, é unha imidazopirazinona e emite principalmente luz azul.

Notas

  1. Hastings JW (1996). "Chemistries and colors of bioluminescent reactions: a review". Gene 173 (1 Spec No): 5–11. PMID 8707056. doi:10.1016/0378-1119(95)00676-1. 
  2. Hastings JW (1983). "Biological diversity, chemical mechanisms, and the evolutionary origins of bioluminescent systems". J. Mol. Evol. 19 (5): 309–21. PMID 6358519. doi:10.1007/BF02101634. 
  3. Green A, McElroy WD (1956). "Function of adenosine triphosphate in the activation of luciferin". Arch. Biochem. Biophys. 64 (2): 257–71. PMID 13363432. doi:10.1016/0003-9861(56)90268-5. 
  4. EC 1.14.99.21. ORENZA: a database of ORphan ENZyme Activities, accessed 27 November 2009.
  5. Shimomura O, Johnson FH (1975). "Chemical nature of bioluminescence systems in coelenterates". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 72 (4): 1546–9. PMC 432574. PMID 236561. doi:10.1073/pnas.72.4.1546. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • "Major luciferin types". The Bioluminescence Web Page. University of California, Santa Barbara. 2009-01-09. Consultado o 2009-03-06.