Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Liña 167: Liña 167:


{{Balonmán en Galicia}}
{{Balonmán en Galicia}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Equipos de balonmán de Galicia|Cangas]]
[[Categoría:Equipos de balonmán de Galicia|Cangas]]

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 22:20

Balonmán Cangas
Plantel do Cangas nas semifinais da Copa Galicia 2014
Nome completoClub Balonmán Cangas
CidadeCangas, Galicia Galicia
Historia1961-
Fundado1961
PavillónO Gatañal (2 500 espectadores)
PresidenteGalicia Antonio Camiña
AdestradorGalicia Víctor García Borrás "Pillo"
CompeticiónLiga ASOBAL
Cores          Azul e branco
Na rede
http://www.balonmancangas.com/
Facebook: balonmancangas Twitter: balonmancangas Editar o valor em Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
[[1] Sitio web oficial]

O BM Cangas do Morrazo ou Frigoríficos do Morrazo por motivos de patrocinio, é un equipo galego de balonmán da localidade pontevedresa de Cangas fundado en 1961. Actualmente xoga na División de Honra A, tamén coñecida como Liga ASOBAL logo dunha tempada na que ascendeu por terceira vez da División de Honra B nunha fase de ascenso organizada no seu campo, o pavillón do Gatañal. O BM Cangas está considerado un clásico da Liga ASOBAL. Tralo primeiro ascenso en 1995 estivo ata 2006 ininterrompidamente.

Historia

O balonmán comezouse a xogar en Cangas a comezos de 1960, tendo que desprazarse a Vigo para disputar os primeiros partidos.[1]

O primeiro encontro disputado foi en 1961 co nome de Luceros, gañaron ó "Alerta" de Vigo por 4-5. Más tarde, ese mesmo ano, inscríbense como equipo xuvenil, o que o comezo oficial do club. O primeiro equipo sénior inscribiuse en 1968 na liga de Terceira Provincial.[1]

Ata 1972 os partidos en casa disputábanse na Avda. de Vicenti, cortando o tráfico, pintando o campo de xogo e levando as porterías ás costas. Máis adiante, ese mesmo ano, inaugúrase a "pista do aterrado", fronte ó mercado do mesmo nome. O primeiro pavillón acondicionado axeitadamente foi o de "Romarigo", no que se comezou a xogar en 1977. En 1993 inaugurouse o pavillón Municipal do Gatañal, onde xogan dende ese ano os seus partidos como local.[1]

Na tempada 1994-95 acada por primeira vez o ascenso á Liga ASOBAL, na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada 2005-06 no ano que se estreaba na liga europea EHF. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada 2008-09. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.

Na campaña 2011-12 conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar a eliminatoria polo ascenso. Un ascenso que acabarían acadando tras derrotar ao Gijón Jovellanos e ao BM Villa de Aranda.

Dende o último ascenso, en boa parte pola súa aposta pola canteira, conseguiu pasar de loitar pola permanencia na máxima categoría a loitar por obxectivos máis ambiciosos, obtendo o seu cume na tempada 2015/16, na que volveu a xogar en Europa na liga EHF, obtivo un pase para xogar a Copa Asobal en León, tras acadar o 3º posto a metade da tempada, e obtivo o pase ós cuartos de final da Copa do Rei.

Xogadores

Cadro 2014/15

Posto País Xogador
1 POR Galicia Edu Salazar
3 EE Galicia Moisés Simes
4 PIV Galicia Santi Gallego
5 LD Galicia Serafín Pousada
7 CE Galicia Rubén Soliño
8 ED Galicia Suso Soliño
9 EE Galicia Joel Fontenla
11 CE Galicia Alberto Casares
Posto País Xogador
12 POR Galicia Anxo Dopazo
13 CE Galicia Fernando Eijo
16 POR Yeray Lamariano
18 LE Galicia Eloy Krook
20 PIV Galicia Dani Cerqueira
21 LE Galicia Adrián Rosales
23 ED Galicia Ángel Iglesias
24 LE Alen Muratović
25 CE Galicia David García Barreiro

Palmarés

Pavillón do Gatañal
Tempada Categoría Posto Logro
1698-69 Terceira Provincial -
1969-70 Terceira Provincila - Ascenso a Segunda Provincial
1970-71 Segunda Provincial - Ascenso a Div. Provincial
1980-81 Div. Provincial - Ascenso a Segunda Nacional
1988-89 Segunda Nacional - Ascenso 1ª Nacional B
1992-93 División Honra B -
1994-95 División Honra B Ascenso a División Honra "A" (ASOBAL)
1995-96 ASOBAL 13º
1996-97 ASOBAL 10º
1997-98 ASOBAL 12º
1998-99 ASOBAL 12º
1999-00 ASOBAL
2000-01 ASOBAL 13º
2001-02 ASOBAL 13º
2002-03 ASOBAL 12
2003-04 ASOBAL 12º
2004-05 ASOBAL Clasifícase para a EHF (Europa)
2005-06 ASOBAL-EHF 16º Descenso a División Honra "B"
2006-07 División Honra "B"
2007-08 División Honra "B"
2008-09 División Honra "B" Fase de ascenso
2009-10 ASOBAL 16º
2010-11 División Honra Prata Fase de ascenso
2011-12 División Honra "B" Fase de ascenso. Ascende a Liga ASOBAL debido á bacante BM Torrevieja
2012-13 Liga ASOBAL 14º
2013-14 Liga ASOBAL 10º
2014-15 Liga ASOBAL Clasifícase para a EHF (Europa)
2015-16 Liga ASOBAL - EHF - Copa Asobal - Clasifícase para a Copa Asobal tras quedar 3º a metade de tempada.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 [ http://www.balonmancangas.com/historia/ Historia] no sitio web do Club

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas