Célebes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Demografía: Arranxos varios +cda
Liña 58: Liña 58:
Segundo o censo levado a cabo en 2000, a poboación total da illa de Célebes é de 14 946 488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.
Segundo o censo levado a cabo en 2000, a poboación total da illa de Célebes é de 14 946 488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.
[[Ficheiro:Sulawesi.jpg|miniatura|Celebes]]
[[Ficheiro:Sulawesi.jpg|miniatura|Celebes]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Illas de Indonesia]]
[[Categoría:Illas de Indonesia]]

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 21:49

Célebes
Vista da illa
Datos
Capital Makassar
País Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sonda
Linguas
Poboación (2005) 16 000 000 hab.
Superficie 174.600 km²
Densidade
Coordenadas 2°8′S 120°17′O / -2.133, -120.283
Maior Altura 3.478 m. Rantemario
Localización
Localización da illa

Célebes tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"), é unha grande illa de Indonesia, entre Molucas e Borneo. É unha das catro maiores illas de Indonesia.

Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.

Xeografía

É a décimo primeira illa máis grande do mundo, cunha área de 174.600 km², a illa está rodeada ao oeste por Borneo, ao norte polas Filipinas, ao leste polas Molucas e ao sur por Flores e Timor. A illa ten unha forma moi particular e distintiva, dominada por catro grandes penínsulas. A parte central é sumamente montañosa, polo que tradicionalmente as penínsulas da illa están afastadas unha da outra, xa que son máis curtas as comunicacións por mar, que polos camiños da illa.

A illa esta dividida en seis provincias: Gorontalo, Sulawesi Occidental, Sulawesi Meridional, Sulawesi Central, Sulawesi Suroriental e Sulawesi Setentrional. A máis recente é Sulawesi Occidental, que foi creada en 2004 segregándola de Sulawesi Meridional. As cidades máis poboadas da illa son Makassar na costa sudoccidental e Manado na península do norte.

Flora e fauna

A illa de Célebes atópase xunto á Liña de Wallace, o que fai que maior parte das súas especies sexan pertencentes á rexión de Australasia. 2.290 km² da illa están incluídos no Parque Nacional de Lore Lindu.

Hai 127 especies de mamíferos coñecidas en Célebes, 72 delas, o 69%, son endémicas, o que signífica que non se atopan en ningunha outra parte do mundo. O maior mamífero nativo de Célebes é o anoa, unha especie de búfalo de pequeno tamaño.

Bandeira do movemento separatista

En contraste, a maior parte das especies de aves se poden ser atopadas noutras illas, aínda que un 34% son tamén endémicas.

Demografía

Segundo o censo levado a cabo en 2000, a poboación total da illa de Célebes é de 14 946 488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.

Celebes