Seixalbo, Ourense: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
m →‎Outros artigos: Arranxos varios +cda
Liña 36: Liña 36:
===Outros artigos===
===Outros artigos===
*[[Lugares de Ourense]]
*[[Lugares de Ourense]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Parroquias de Ourense]]
[[Categoría:Parroquias de Ourense]]

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 20:14

Seixalbo
ConcelloOurense
Coordenadas42°18′23″N 7°51′21″O / 42.306269444444, -7.8556972222222Coordenadas: 42°18′23″N 7°51′21″O / 42.306269444444, -7.8556972222222
Área6 km²
Poboación1.088 hab. (2011)
Densidade181,33 hab./km²
Entidades de poboación10
editar datos en Wikidata ]

San Breixo de Seixalbo é unha parroquia situada ó sur do concello de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 1.088 habitantes (531 homes e 557 mulleres).

Ten unha extensión aproximada duns 6 km². Esténdese dende o cruzamento da antiga estrada de Celanova por San Cibrao das Viñas, ata o alto do Cumial, límite co concello de San Cibrao das Viñas, do que a separa o río Barbaña.

Patrimonio

No lugar de Zaín está a capela da Virxe do O, tamén coñecida como capela da Virxe da Esperanza ou da Expectación. Ten nave de planta rectangular con muros de cachotería concertada de granito. Na portada con arco de medio punto ten porta de dúas follas. A espadana é dun só arco, con pequeno campanil, rematada en cruz de pedra. A cuberta prolóngase até una cercha apoiada en piares de madeira formando un acolledor cabido[1].

Entre Zaín e Zaín de Abaixo, preto da capela, hai un cruceiro de plataforma. Ao seu carón ten restos dun pedestal cúbico. Ten varal de sección circular, moi erosionado e desgastado, e a cruz tamén moi erosionada de forma singular, feita de cemento[2].

Nas Curuxeiras está a capela de San Blas, construída sobre unha plataforma horizontal. Ten planta rectangular, con muros de cachotería concertada de granito. A portada é adintelada, con porta de dúas follas e un pequeno oco na cara norte. A espadana é recente, con forma semicircular, rematada en cruz de pedra[3].

Preto desta capela está a Casona da Torre. Ten planta rectangular de dúas alturas, con muros de cachotería concertada. A fachada nordeste ten balcón e ventá singular. Accédese a ela por un portalón con arco. Segundo a tradición podería ter a súa orixe nunha antiga torre medieval[4]

Notas

  1. Capela da Virxe do O, en Patrimonio Galego.
  2. Casona A Torre nas Curuxeiras, en Patrimonio Galego.
  3. Capela de San Blas nas Curuxeiras, en Patrimonio Galego.
  4. Cruceiro en Zaín, en Patrimonio Galego.

Lugares e parroquias

Lugares de Seixalbo

Lugares da parroquia de Seixalbo no concello de Ourense

Bemposta | O Cumial | As Curuxeiras | Lanza Carreira | Penouzos | Porteiro de Abaixo | Seixalbo | Soutoverde | Tenencia de Zaín | Zaín

Parroquias de Ourense

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Véxase tamén

Outros artigos