Diferenzas entre revisións de «Fitopatoloxía»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios +cda
m (Arranxos varios +cda)
[[Ficheiro:Nematode nodules.jpg|thumb|Nódulos nas raíces, síntoma de infección por [[nematodos]].]]
==== Fungi (Fungos verdadeiros) ====
A meirande parte dos patóxenos de plantas son fungos das divisións [[ascomicetos]], [[basidiomicetos]] ou [[oomicetos]].
 
Unha doenza fúnxica pode ser descrita como policíclica se o axente causal é quen de producir esporas e tornar infectar plantas durante unha tempada de crecemento, ou monocíclica se o axente causal debe agardar unha nova tempada. Esta clasificación aplícase a rexións con catro estacións onde os patóxenos deben producir estruturas específicas para sobrevivir ao inverno. Os fungos fitopatóxenos tamén poden ser definidos polos tipos de esporas que producen e polo método polo cal penetran na planta. Unha vez que o patóxeno penetrou produce un [[haustorio]] e medra dentro da planta (alimentación biotrófica), ou mata as células do seu arredor e se alimenta do tecido morto (alimentación necrotrófica). A identificación dos patóxenos realízase baseándose nos sinais e síntomas da enfermidade. Sinais refírese á observación dalgunha das estruturas do patóxeno (como esporulación). Síntomas son evidencia secundaria producida pola planta de que un patóxeno esta presente (como o murcho das follas).
 
==== Nematodos (Nematoda) ====
Os [[nematodos]] infectan sempre o [[Raíz|sistema radicular]]. Son biotróficos, posúen un estilete oco capaz de atravesar as paredes celulares; moitos modifican o metabolismo da célula infectada e inducen estruturas especializadas nela para se nutrir, como as células xigantes resultantes da fusión de varias células por disolución parcial das súas paredes ou por [[mitose]] sen citoquinese. Algunhas formas son ectoparásitos, e se alimentan dende a tona celular, outros son endoparásitos, e invaden o tecido radicular, onde transcorre gran parte do seu ciclo vital, formando quistes.
 
Dentro dos xéneros de nematodos fitoparásitos atópanse ''[[Meloidogyne]], [[Xiphinema]], [[Heterodera]], [[Globodera]], [[Pratylenchus]], [[Ditylenchus]], [[Criconemella]] ([[Mesocriconema]]), [[Helicotylechus]], [[Longidorus]], [[Trichodorus]], [[Paratrichodorus]], [[Belonolaimus]], [[Radopholus]]'', entre outros.
| id = ISBN 84-7114-900-1
}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Fitopatoloxía| ]]
393.002

edicións

Menú de navegación