Anacleto, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Popeanacletus.JPG|150px|dereita]]
[[Ficheiro:Interior of Chiesa dei Gesuiti (Venice) - sacristy - Papa Cleto - 1592-1593 - by Palma il Giovane.jpg|150px|dereita]]
'''Anacleto''' ou '''Cleto''', coñecido logo como '''Santo Anacleto''', falecido en [[Roma]] en [[91]], foi o terceiro [[papa]] (despois de [[Pedro, papa|Pedro]] e [[Lino, papa|Lino]]). Exerceu de bispo de Roma entre os anos [[79]] e [[91]]<ref>Donald Attwater. ''A Dictionary of Popes''. The Catholic Book Club. [[Londres]], [[1939]]</ref>, se ben o ''[[Anuario Pontificio]]'' de [[2003]] moveu esas datas ao [[80]] e [[92]], respectivamente.

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 17:37

Anacleto ou Cleto, coñecido logo como Santo Anacleto, falecido en Roma en 91, foi o terceiro papa (despois de Pedro e Lino). Exerceu de bispo de Roma entre os anos 79 e 91[1], se ben o Anuario Pontificio de 2003 moveu esas datas ao 80 e 92, respectivamente.

Moi pouco se sabe da súa vida. O Liber pontificalis di que era romano, pero sen máis probas, se ben outras fontes apuntan á súa orixe ateniense. Crese que el instaurou o réxime sacerdotal e os bispados, e que dividiu a cidade de Roma por primeira vez en 25 parroquias. Probablemente foi martirizado nos tempos do emperador Domiciano, e soterrado[2] cabo de Lino, o seu predecesor.

Santidade

Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán, foi considerado santo polo cristianismo. A súa festa celébrase en dous días distintos: como san Cleto o 26 de abril e como santo Anacleto o 13 de xullo, aínda que fosen a mesma persoa, seguindo o Liber Pontificalis; porén Ireneo de Lión e Eusebio consideran que se facía referencia á mesma persoa.

Parroquias galegas

Non hai ningunha parroquia en Galicia con advocación a santo Anacleto.

Notas

  1. Donald Attwater. A Dictionary of Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939
  2. Find a Grave

Modelo:PapS-I