Wikipedia:Guía/Fontes: Diferenzas entre revisións
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9331692 |
Sen resumo de edición |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
Se soamente escribes o URL completo da páxina que queres ligar, aparecerá isto: |
Se soamente escribes o URL completo da páxina que queres ligar, aparecerá isto: |
||
:< |
:<kbd>http://www.google.es/webhp?hl=gl</kbd> |
||
O wiki tratará este texto como unha ligazón (como se fixo co URL de enriba) e amosará o enderezo web tal e como é, incluíndo o "<nowiki>http://</nowiki>". Recoméndase non usar este formato, debido a que os enderezos non quedan demasiado ben e non dan pistas do que realmente ''é'' o sitio. |

Incluíndo un espazo tras o URL (antes de pechar os corchetes) podes decidir o texto que queres que se vexa; por exemplo: |
Incluíndo un espazo tras o URL (antes de pechar os corchetes) podes decidir o texto que queres que se vexa; por exemplo: |
||
:< |
:<kbd><nowiki>[http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]</nowiki></kbd> |
||
A ligazón quedará así: |
A ligazón quedará así: |
||
:< |
:<kbd>[http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]</kbd> |
||
<div style="float: left; background-color: #f5faff; color: #000; padding: .2em .6em; font-size: 130%; border: 1px solid #cedff2;">'''Proba a facer edicións na [[Wikipedia:Zona de probas|zona de probas]]'''</div><br style="clear:both" /> |

Revisión como estaba o 2 de maio de 2017 ás 18:10
Páxina de inicio | Edición | Formato | Ligazóns internas | Citar as fontes | Páxinas de conversa | Ten en conta | Rexistro | Resumo |
Unha das nocións básicas da Wikipedia está resumida aquí: "se engades información a un artigo, asegúrate de incluír as túas referencias xa que os datos non referenciados están suxeitos á súa eliminación". O mellor é usar citas nas liñas para que os demais lectores poidan verificar a información que achegas. Tamén tes que comprobar que as fontes que usas sexan de confianza e fiables.
Notas ao pé
O xeito máis doado de crear unha cita nunha liña é mediante as notas ao pé. Podes crear notas ao pé con formato wiki na caixa de edición incluíndo:
- <ref>A TÚA FONTE</ref>; as etiquetas ref aos lados da túa fonte, e se aínda non o hai,
- {{Listaref}} ou {{Referencias}} baixo a cabeceira ==Notas== preto do final da páxina.
Se a túa fonte é unha páxina web tes que crear unha ligazón externa cara ao enderezo desa páxina. Non uses outros artigos da Wikipedia como fonte.
Para crear unha ligazón externa cara á túa fonte, pon o enderezo da páxina web (URL) entre corchetes (un ao comezo e outro á fin) tras o texto que queiras engadir, así:
- <ref>[http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]</ref>
É unha boa idea, aínda que non é necesario, proporcionar unha descrición curta xusto ao lado do enderezo. A descrición mostrarase na lista de referencias como o título da ligazón externa.
Para citar unha páxina web sen dar ningunha descrición, dá simplemente o URL entre etiquetas ref; por exemplo:
- <ref>http://www.google.es/webhp?hl=gl</ref>
Ademais, existen modelos que permiten dar formato ás referencias, olla Categoría:Marcadores de referencias.
A sección "Ligazóns externas"
Moitos dos artigos da Wikipedia teñen unha sección chamada "Ligazóns externas". Esta sección ten o obxectivo de ligar con páxinas web con información adicional, fiable e relevante que amplíe o que o artigo xa achega. Malia isto, non todas as ligazóns externas son axeitadas, olla Wikipedia:Ligazóns externas.
Se soamente escribes o URL completo da páxina que queres ligar, aparecerá isto:
O wiki tratará este texto como unha ligazón (como se fixo co URL de enriba) e amosará o enderezo web tal e como é, incluíndo o "http://". Recoméndase non usar este formato, debido a que os enderezos non quedan demasiado ben e non dan pistas do que realmente é o sitio.
Incluíndo un espazo tras o URL (antes de pechar os corchetes) podes decidir o texto que queres que se vexa; por exemplo:
- [http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]
A ligazón quedará así: