Torbeo, Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
|provincia=Lugo|superficie =
|provincia=Lugo|superficie =
|poboación = 86
|poboación = 86
|ano = 2017
|ano = 2016
|entidades = 19
|entidades = 19
}}
}}

Revisión como estaba o 28 de abril de 2017 ás 16:20

Torbeo
Pía bautismal da igrexa de Santa María de Torbeo.
ConcelloRibas de Sil[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556Coordenadas: 42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556
Poboación86 hab. (2016)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2016 tiña 86 habitantes distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.

Xeografía

Está situada á beira do río Sil, e a súa vexetación está composta en boa medida por soutos de castiñeiros. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais.

Historia

Hai referencias do mosteiro de Torbeo entre os séculos XII e XVI. Na abadía de Torbeo estaba soterrado Vasco Peres de Quiroga, nado en 1135, tendo a sía lápida a seguinte inscrición: Aquí iace el Bon Quiroga rico ome de Castella. Fo muy umilloso e caritativo que a ninguen dexo morrer de fame; requiescat in pace.

En 1555, na obra de Hernán Núñez Refranero o proverbios en romance, aparece recollido "Quando fores a Torbeo leva o pan no seo". Na época de Filipe II de España a súa abadía tiña 100 vasalos.

Na última etapa do Antigo Réxime Torbeo constituía xurisdición de seu, e a comezos do século XIX transformouse en concello.

Filomena Arias Armesto (1865-1938), coñecida como "A Bruxa" ou "A Sabia de Torbeo", foi unha curandeira e adiviñadora de tal sona no seu momento que levaba á parroquia xentes desde toda Galiza, León, Ponferrada e Asturias. Sobre ela falou Vicente Risco no estudo de etnografía da obra Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Tamén aparece mencionada en Madera de Boj, de Camilo José Cela.

Patrimonio

Consérvase a igrexa románica, do século XII. Outro coñecido e singular edificio é o Pazo da Casa Nova.

Da súa gastronomía ten sona a variedade endémica de castaña torbeana, recollida na listaxe de cultivos de castaña realizada pola FAO.

Lugares e parroquias

Lugares de Torbeo

Lugares da parroquia de Torbeo no concello de Ribas de Sil (Lugo)

O Barrio | Campos | O Carballiño | As Cortes | A Covela | Figueiro | As Fontes | Lama de Paio | Moreiras de Abaixo | Morreiras de Arriba | Moreiras do Medio | O Outeiro | Pacios | Paredes | As Pozas | San Lourenzo | San Martiño | A Ventosa | Os Vilares

Parroquias de Ribas de Sil

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribas de Sil

Nogueira (Nosa Señora das Neves) | Peites (San Martiño) | Piñeira (San Cristovo) | Rairos (Santa Lucía) | Ribas de Sil (San Clodio) | Soutordei (Santiago) | Torbeo (Santa María)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.