Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: arranxiño |
m →OUtros artigos: arranxiño |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Maquis (guerrilla antifranquista)|Maquis]] |
* [[Maquis (guerrilla antifranquista)|Maquis]] |
||
* [[Guerra |
* [[Guerra civil española]] |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 28 de abril de 2017 ás 03:14
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1908 As Foucellas, Mesía Galicia |
Morte | 7 de agosto de 1952 (43 anos) A Coruña, Galicia |
Causa da morte | Pena de morte (Garrote ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Galego |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | Mineiro |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | María Pérez |
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT e guerilleiro anti-franquista. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[1].
Traxectoria
Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería[2]. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.
Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar de Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.
Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.O Foucellas[3]
A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.
Notas
- ↑ Botarse ao monte, Francisco Xavier Redondo Abal, Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
- ↑ Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos". Consultado o 29 de xullo de 2013.
Véxase tamén
Bibliografía
- Eduard Pons Prades. Guerrillas españolas (1936-1960). Planeta, Barcelona, 1977. ISBN 84-320-5634-0
- Francisco Xavier Redondo Abal Botarse ao monte,Censo de guerrilleros antifranquistas en Galiza (1939-1965) , Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
- Luís Lamela (1993), Foucellas - El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952). A Coruña: Edicios do Castro ISBN 84-7492-608-4
- Manuel Astray Rivas (1992), Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. A Coruña: Ediciós do Castro ISBN 84-7492-584-3
- Pereira, D. e Fernández, E.: O anarquismo na Galiza. Edicións Positivas, 2004. P. 27-28.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos Paisajes de la gurerilla*Paxina de Curtis sobre Benigno Andrade Foucellas.
- Biografía
- A memoria do Foucellas e da Guerrilla anti-fascista, en Vieiros
- Artigo de Vieros do Domingo, 16 de setembro de 2007
- Testemuñas de persoas que o coñeceron
- Outra paxina da historia de Curtis
- Rescatar a memoria da guerrilla (Vídeo). Parte 1ª (resumo) e 2ª (resumo)
- Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos