Guilhermina Suggia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Retrato: Arranxos varios using AWB
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Guilhermina Suggia.jpg|thumb|right||192px|Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia.]]
[[Ficheiro:Guilhermina Suggia.jpg|thumb|right|192px|Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia.]]


'''Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia''', nada en [[Porto, Portugal|Porto]] o [[27 de xuño]] de [[1885]] e finada na mesma cidade o [[30 de xuño]] de [[1950]], foi unha [[Violoncello|violoncellista]] [[Portugal|portuguesa]].
'''Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia''', nada en [[Porto, Portugal|Porto]] o [[27 de xuño]] de [[1885]] e finada na mesma cidade o [[30 de xuño]] de [[1950]], foi unha [[Violoncello|violoncellista]] [[Portugal|portuguesa]].

Revisión como estaba o 26 de abril de 2017 ás 08:20

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia.

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia, nada en Porto o 27 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 30 de xuño de 1950, foi unha violoncellista portuguesa.

Traxectoria

Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violoncellista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.

Retrato

Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.