Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
→‎Guerra fría: arranxiños
m (→‎Guerra fría: arranxiños)
 
=== Guerra Fría ===
{{Artigo principal|Guerra Fríafría}}
[[Ficheiro:Yalta summit 1945 with Churchill, Roosevelt, Stalin.jpg|miniatura|150px|[[Conferencia de Ialta]]: de esquerda a dereita, Churchill, Roosevelt e Stalin.]]
[[Ficheiro:Cold war europe military alliances map en.png|miniatura|150px|Influenzaa militares na Europa da ''guerra fría''. A [[OTAN]] en azul e o [[Pacto de Varsovia]] en vermello.]]
[[Ficheiro:Flag of Europe.svg|miniatura|150px|Bandeira da [[CEE]] e, despois da súa transformación, da [[UE]].]]
 
O mapa de Europa foi redebuxado na [[Conferencia de Ialta]] e foi dividido, como a principal zona de contención na Guerraguerra Fríafría, entre as dúas novas potencias emerxentes, a capitalista Estados Unidos e a comunista Unión Soviética. Os Estados Unidos puxeron a Europa occidental (Inglaterra, Francia, Italia, [[RFA|Alemaña Occidental]] etc.) dentro da súa esfera de influencia, establecendo a [[OTAN]] como unha medida precautoria en contra dunha posíbel invasión soviética; a Unión Soviética fixo o mesmo coa Europa centro-oriental (Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Romanía, Bulgaria, [[Alemaña Oriental]]), reaccionando contra o establecemento da OTAN coa fundación do [[Pacto de Varsovia]]. A liña de separación da Europa occidental e a oriental coñeceuse coa expresión metafórica de "[[Pano de aceiro]]".
 
A situación de España foi, en certo modo, anómala. No famoso encontro de [[Hendaia]], [[Franco]] adquirira o compromiso de adherirse ao Eixe, pero deixaba en mans de España a data desa unión, que non chegou a materializarse. Os requirimentos de Hitler nunca foron atendidos. Alemaña pediu a intermediación de Italia, e Franco entrevistouse con [[Mussolini]] en [[Bordighera]] o 12 de febreiro de 1941; Mussolini entendeu os argumentos españois para a dilación da súa incorporación ao Eixe, e saíu da entrevista coa certeza de que Franco non podía, nin quería, ir á guerra. España dependía das subministracións de Gran Bretaña e negociou outros con EEUU. O Reino Unido, que establecera un bloqueo marítimo internacional contra Alemaña, utilizou a arma da concesión de permisos de circulación de buques con trigo e gasolina destinados a España para facer presión sobre esta e forzala a preservar a súa neutralidade; Estados Unidos usou a arma do petróleo co mesmo fin.<ref>Fusi, Juan Pablo (1985): ''Franco''. Madrid: Ediciones El País ISBN 84-86459-01-X, páx. 83.</ref>
 
Porén, Franco, sen alterar a súa declaración de non belixerancia,<ref>Expresión que implica unha ''falsa neutralidad'', isto é, unha ''neutralidade'' favorecedora dun dos bandos.</ref> consecuentemete seguiu prestando apoio a Alemaña. Os submarinos alemáns utilizaron os portos españois, especialmente os galegos, como base para as súas reparacións e avituallamento, o que lles permitía estender o seu raio de acción. Tamén os avións da ''[[Luftwaffe]]'' utilizaron os aeroportos españois cos mesmos fins, quedando demostrado polo [[ONU|Consello de Seguridade das Nacións Unidas]] que operaron desde eles en misións contra a frota aliada.<ref>Os aparatos alemáns eran reparados en aeroportos españois, e aos alemáns se lles permitía a inspección dos aparatos aliados que nalgún caso se viran obrigados a aterrar en solo español. A espionaxe e a sabotaxe alemán contra albos aliados en España folon facilitadas polas autoridades españolas. Preston, Paul (1994): ''Franco "Caudillo de España"''. Barcelona: Editorial Grijalbo. ISBN 84-253-2498-X, páxs. 448-449.</ref> E en xuño de [[1941]], tras unha belixerante campaña de prensa, creouse a [[Divisióndivisión Azulazul]], que loitaría canda Alemaña na fronte rusa até [[1944]].
 
Coa evolución da guerra, ante a inminente derrota do Eixe, a primeira evolución do [[franquismo]] foi a súa "desfascistización". En [[1943]] a Delegación Nacional de Propaganda daba instrucións moi concretas: "Como norma xeral deberá terse en cota a seguinte: en ningún caso, baixo ningún pretexto, tanto en artigos de colaboración coma en editoriais e comentarios [...], farase referencia a textos, idearios ou exemplos estranxeiros ao referirse ás características e fundamentos políticos do noso movemento. O Estado español aséntase exclusivamente sobre principios, normas políticas e bases filosóficas estritamente nacionais".<ref>Díaz-Plaja, Fernando (1976): ''La España franquista en sus documentos.'' Barcelona: Editorial [[Plaza & Janés]]. páxs. 139-140.</ref> Aínda que non cesou a colaboración, o Réxime foi afastándose paulatinamente do Eixe e, coa caída do [[Terceiro Reich]], enviáronse directrices para que a derrota se vise como un triunfo do Réxime xa que España, segundo ditas directrices, se mantivera afastada da guerra e sempre estivera preocupada pola paz.<ref>Preston, Paul (1994): ''Franco "Caudillo de España"''. Barcelona: Editorial Grijalbo, páx. 237.</ref> No plano internacional, Franco iniciaría en outono de 1944 unha operación de cosmética política que daría ao Réxime unha fachada máis aceptábel, e o 3 de novembro Franco declararía á axencia ''United Press'' que España nunca fora nazi ou fascista.
 
En [[1945]], a [[ONU]], acabada de crear, rexeitou o ingreso de España e recomendou aos seus membros a retirada dos embaixadores en 1946: "Non hai lugar nas Nacións Unidas para un goberno fundado sobre principios fascistas".<ref>Roosevelt ao embaixador en España Norman Armour. Fusi, Juan Pablo (1985): ''Franco''. Madrid: Ediciones El País, páx. 96.</ref> Só a Arxentina de [[Juan Domingo Perón|Perón]] firmou un tratado de relacións comerciais en xaneiro de 1947, ratificado coa visita de Evita, a Primeira Dama, en xuño do mesmo ano. Pero esta situación terminou, en parte, durante a [[Guerraguerra Fríafría]], cando as necesidades xeoestratéxicas dos Estados Unidos fixéronlle colaborar con España. Estados Unidos intentou incluír a España na [[OTAN]], pero ante a oposición dos países europeos, principalmente do Reino Unido, reconduciu a súa estratexia, que acabaría coa firma dun tratado bilateral. En [[1950]] a ONU revoga a súa resolución de 1946 para a retirada de embaixadores, pero é especialmente a partir da firma do pacto de [[1953]] con EE.UU., o ingreso na ONU en [[1955]] e a posterior visita do presidente [[Dwight D. Eisenhower]] a Franco en [[1959]], para establecer bases militares estadounidenses en España, cando se produce unha maior apertura internacional do réxime franquista.
 
A situación de enfrontamento leste-oeste durou até [[1989]], cando o debilitamento da Unión Soviética (e das democracias populares europeas) conduciron a [[Mikhail Gorbachev]] a poñer en marcha as súas reformas estruturais políticas e económicas na URSS, coñecidas polos seus nomes rusos ''[[glásnost]]'' e ''[[perestroika]]'', que minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á Guerraguerra Fríafría e, como consecuencia, tamén á división de Europa. Os gobernos dos aliados europeos da URSS, presionados pola poboación, que desexaba cambios cara á democracia e á ''occidentalización'', víronse libres para disolver os réximes comunistas, sendo o fito máis ''emblemático'' a caída do [[muro de Berlín]], que fixo que as dúas Alemañas puidesen reunificarse. En [[1991]] a mesma Unión Soviética colapsou, dividíndose en varios estados (o principal quedou como a [[Rusia|Federación Rusa]]), e disolvéronse a maioría dos gobernos comunistas.<ref>{{Cita web| url = http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/newsid_1496000/1496749.stm | título = Tres días que cambiaron al mundo | ano = 2001 | obra = BBC News 17.08.2001 | dataacceso =4 de xaneiro de 2012 |lingua= español}}</ref>
 
Despois do fin da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial, Europa occidental iniciou lentamente un proceso de integración política e económica, co desexo de unir Europa e así previr outra guerra no futuro. Este proceso deu como resultado o desenvolvemento de organizacións como o [[Benelux]] (Unión Económica do Benelux) fundado en 1944 e que entrou en vigor en 1948, legalizando o libre paso de persoas, bens de consumo e de capitais, favorecendo así unha rápida recuperación económica, ou a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro ([[CECA]]) en 1951, que foi un organismo que regulaba os sectores do carbón e do aceiro dos Estados membros. O éxito destas institucións foi tal que, en [[1957]], o Benelux, Italia, Francia e Alemaña occidental asinaron o [[Tratado de Roma]] nacendo así a [[CEE]] que, máis tarde, se convertería na actual [[Unión Europea]].
 
== Unificación en Europa e rexurdimento de Rusia ==
103.280

edicións

Menú de navegación