Apomorfía: Diferenzas entre revisións
arranxiño |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Sen referencias|data=abril de 2017}} |
|||
[[Ficheiro:Gray916.png|miniatura|250px|[[Martelo (óso)|Martelo]] esquerdo dun [[vertebrado]], apomorfía derivada da cartilaxe articular dos [[anfibio]]s ancestrais.]] |
[[Ficheiro:Gray916.png|miniatura|250px|[[Martelo (óso)|Martelo]] esquerdo dun [[vertebrado]], apomorfía derivada da cartilaxe articular dos [[anfibio]]s ancestrais.]] |
||
Revisión como estaba o 16 de abril de 2017 ás 17:12
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
En bioloxía sistemática e, en particular, en cladística, unha apomorfía é un trazo ou carácter biolóxico evolutivamente novidoso, unha novidade evolutiva derivada doutro trazo pertencente a un taxon ancestral filoxenéticamente próximo.
Apomorfía e plesiomorfía
O concepto de apomorfía oponse ao de plesiomorfía, que se refiere aos trazos historicamente máis antigos, dos cales derivan as apomorfías.
A distinción entre apomorfía e plesiomorfía non é absoluta, senón relativa a un nivel determinado da xerarquía sistemática:
- No contexto dos mamífeross como subtaxon dos tetrápodos, o martelo do oído medio é unha apomorfía. En relación con este óso, a cartilaxe articular dos anfibios (unha parte do maxilar inferior da que deriva a bigornia) é un carácter plesiomórfico.
- Se consideramos aos animais como un conxunto, a columna vertebral é unha apomorfía que caracteriza ao subtaxon dos vertebrados. Pero se queremos caracterizar a posesión de columna vertebral nun paxaro en relación ao taxon dos vertebrados, entón o trazo é plesiomórfico.
Sinapomorfías e autapomorfías
Cuando se somete a análise un dendrograma, cladograma ou filograma, as apomorfías observadas (caracteres que difiren do taxon antepasado) pódense subdividir en dous subgrupos:
- Sinapomorfías: aquelas apomorfías compartidas por dous ou máis grupos.
- Autapomorfías: aquellas apomorfías que só aparecen nun grupo.
A orixe de novidades morfolóxicas é un dos asuntos máis debatidos en bioloxía evolutiva.
Etimoloxía
O termo apomorfía está formado polos elementos do latín científico apo-, calco do grego antigo ἀπο-, derivado do adverbio ἀπό apó, "á parte", "lonxe", e -morfía, tirado da voz do grego antigo μορφή morphḗ, "forma". Literalmente: "forma separada".