Teglatfalasar III: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 7: Liña 7:
Atribúeselle a construción do pazo de [[Nimrud]].
Atribúeselle a construción do pazo de [[Nimrud]].

Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.
Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.

Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a [[cabalería]] e as unidades de [[carro]]s, deixándose para os foráneos a [[infantería]]. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.

Revisión como estaba o 13 de abril de 2017 ás 14:51

Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, nado en 746 adC e finado en 722 adC., foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.

Traxectoria

Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos Medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruiu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.

Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.

Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.

Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalería e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantería. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.

Sucedeulle Salmanasar V, seu fillo.